É musicólogo, profesor de música e investigador no ámbito das relacións internacionais. Conta cun mestrado en Musicoloxía e actualmente cursa outro en Relacións Internacionais na Universidade de Utrecht. A súa investigación céntrase na diplomacia cultural e nas relacións entre España e a Unión Soviética. Na súa tese de mestrado analiza o impacto da Guerra Civil Española na obra de Shostakóvich, a través das redes migratorias entre a España republicana e o mundo soviético. Ademais de falante nativo de de galego e castelán, posúe un nivel avanzado en inglés, portugués, francés e ruso, o que lle permite traballar con fontes diversas e moverse con facilidade en contextos multiculturais. Ao longo da súa traxectoria participou en proxectos de edición cultural, investigación académica e colaboracións internacionais. O seu traballo busca poñer en valor o papel da cultura como ponte para o diálogo e a comprensión entre pobos. Actualmente realiza prácticas no IGADI.
Artigos de Guerra Fernández, Santiago

Música e Política Internacional IV: Shostakovich, a Guerra Civil Española e os nenos de Rusia

Música e Política Internacional III: Notas pola Nación, desde Polonia ao mundo

Música e Política Internacional II: Códices, coros e coroas: música ao servizo das cortes europeas

