Mansilla Blanco, Roberto

Colaborador do IGADI.


 


Artigos de Mansilla Blanco, Roberto

Chiapas, 20 anos despois

Apartados xeográficos Nacionalismos
A dúas décadas de conmemorarse o levantamento popular e indixenista impulsado polo Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) no estado mexicano de Chiapas, ¿qué leccións tomamos daquela rebelión?  ¿En qué medida o “zapatismo” e a pegada do seu enigmático líder, o “Subcomandante Marcos”, influíron ou ben transformaron a paisaxe política mexicana e latinoamericana? Vinte anos […]

Un 2014 electoralmente decisivo

Apartados xeográficos Outros
Se a segunda metade de 2013 abriu un novo ciclo electoral, principalmente en América Latina (Arxentina, Chile, Honduras, Venezuela), a proliferación de eventos electorais ó logo de 2014 permite considerar a eventual definición dunha serie de escenarios xeopolíticos de enorme transcendencia para a seguridade global (Afganistán, Iraq, Exipto), xunto ao contexto electoral e político de […]

O ano de Brasil

Apartados xeográficos Nacionalismos
Liñas de investigación Observatório Galego da Lusofonia
O 2014 estaba chamado a ser un ano estelar para Brasil. Dous eventos, un deportivo e outro electoral, coparán a atención internacional sobre este xigante suramericano. A celebración do Mundial de fútbol a mediados de ano medirá a capacidade de organización brasileira, traducida igualmente na concreción de “mega-proxectos” de infraestruturas que servirán de colofón para […]

Crónicas hondureñas

Apartados xeográficos Nacionalismos
A polémica suscitada polos resultados dos comicios presidenciais en Honduras celebrados o pasado 24 de setembro, así como a marcada atomización postelectoral, supón un exemplo sintomático da crise política acaecida neste país centroamericano desde o golpe de Estado contra o ex presidente Manuel Zelaya en 2009. Precisamente, a pegada de Zelaya nestes comicios estivo concentrada […]

O pacto de Xenebra

Apartados xeográficos Oriente Médio
Non deixa de ser relevante o contexto no que se inserta o acordo suscitado este fin de semana en Xenebra entre Irán e o G5+1 (EUA, China, Rusia, Francia, Gran Bretaña mais Alemaña) sobre o uso civil do programa nuclear iraniano, calculado este nun 5%. Este contexto, fraguado en gran medida polos recentes acontecementos en […]

Colombia: a pax de Santos

Apartados xeográficos Nacionalismos
Alén de constituír un histórico acordo, a aceptación o pasado 6 de novembro na Habana (Cuba) do segundo punto da axenda de negociacións que levan a cabo as delegacións do goberno de Juan Manuel Santos e a dirección xeral das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exército Popular (FARC-EP), relativo este á participación política, explica a apertura […]

Unha concepción xeopolítica da Cooperación Transfronteiriza: realidades ante a crise europea

Apartados xeográficos Europa
  A próxima apertura dun novo período de fondos europeos 2014-2020, enmarcado nun contexto de crise e austeridade económica e financeira en Europa, implica observar con atención diversas realidades relativas ao proceso de integración europeo, en particular no caso da Cooperación Transfronteiriza (CTF). Esta realidade supón un elemento chave para Galicia, a tenor da súa […]

A “orientalización” de Oriente Medio

Apartados xeográficos Oriente Médio
É visible unha inevitable transformación do mapa xeopolítico de Oriente Medio. A década que transcorre entre a invasión unilateral comandada por EUA contra Iraq en 2003 e os escenarios abertos en 2013 derivados da post-Primavera árabe, con especial incidencia na crise siria, no golpe militar en Exipto e no retorno dos reformistas en Irán, deduce […]

Geopolítica del Bósforo

Apartados xeográficos Outros
El recientemente inaugurado proyecto Marmaray de construcción de un canal marítimo bajo el estrecho del Bósforo, supone la piedra de lanza de una serie de proyectos de infraestructuras impulsados por Turquía para ampliar un canal de integración entre Asia y Europa, el cual consolide a Estambul como un centro neurálgico y geopolítico internacional. En perspectiva, […]

Fin de ciclo na Arxentina

Apartados xeográficos Nacionalismos
Independentemente dos resultados electorais dos comicios lexislativos a celebrarse na Arxentina o próximo 27 de outubro, a sensación de final de ciclo político resulta patente, en particular no relativo ás expectativas que se cernen sobre as hipotéticas candidaturas para os comicios presidenciais de decembro de 2015. Estas candidaturas visiblemente buscan fortalecerse nos comicios deste domingo, […]