Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.
Artigos de Ríos, Xulio
África arrímase máis a China
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
Máis de medio cento de líderes africanos reuníronse en Pequín para o Foro de Cooperación China-África (FOCAC, siglas en inglés), un evento que mostrou a influencia de China nun continente que espera converter nun aliado clave para encarar unha orde global liderada por Estados Unidos.
Galicia, unha imaxe no mundo
¿Unha imaxe vale máis ca mil palabras? Pois, depende, claro está. O maior inimigo da imaxe dun país no mundo son os tópicos. E resulta ben difícil librarse deles. Plácido Castro, por exemplo, non se explicaba o por que da consideración como “flegmáticos” dos ingleses. Nada a ver coa realidade, dicía co seu coñecemento de causa ben armado.
Os dilemas das eleccións estadounidenses
Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
Vibrante democracia ou circo electoral? e canto de cada cousa? A única certeza que temos a día de hoxe é a retirada efectiva de Joe Biden e o incremento das expectativas de Donald Trump tralo intento de asasinato, que xa antes non eran baixas. No debate da sucesión demócrata, poucas ideas sobre a mesa e moita folla de cálculo para reflectir os apoios monetarios. Kamala Harris pode presumir dunha cifra récord de 81 millóns de dólares en doazóns para a súa campaña nas 24 horas posteriores á renuncia de Biden. Só esta dinámica explica que outros nomes cun perfil diferente nin sequera sexan considerados. A vicepresidenta Kamala Harris, antes descualificada por desempeñar un mandato eminentemente gris, é elevada agora aos altares polo coro mediático global como a última esperanza da democracia estadounidense.
Xeopolítica olímpica
Nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos (XXOO), a pugna sino-estadounidense tomou o relevo da soviético-estadounidense de tempos atrás. Darase o sorpasso en París? Non é doado pero tampouco imposible. Un matiz significativo diferenza os tempos da guerra fría: unha moi grande parte de todo o equipamento utilizado no evento é de fabricación chinesa, como os máis de 1000 drons que apareceron no espectáculo de fogos artificiais na cirimonia de inauguración. Isto da idea do moito que representa China como potencia manufatureira nas nosas vidas.
China refai a xeopolítica global
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
O cumio da Organización de Cooperación de Xangai (OCX) recen celebrado en Astaná, Kazaxistán, veu dar un novo impulso á reordenación xeopolítica global que impulsa China, quen asume a presidencia rotatoria do organismo. A maiores, o presidente Xi Jinping aproveitou o encontro para celebrar dúas visitas de Estado, unha ao país anfitrión e outra ao veciño Taxikistán. No primeiro, co presidente Kassym-Jomart Tokayev, que fala chinés con fluidez tras vivir na capital Beijing como diplomático soviético de 1985 a 1991, rubricou unha “asociación estratéxica integral permanente excepcional”; e co presidente taxiko, Emomalí Rahmón, estableceu unha “asociación estratéxica integral da nova era”. Formulismos, dirán, pero con miga.
A frustración suíza
Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
O “Cumio pola Paz” que acolleu Suiza o mes pasado deixou un regueiro de leccións importantes. Había unha intención de facer taboa rasa e impoñer unha solución de parte co aval dunha maioría de países. Pero non funcionou. A seguir, a UE anunciou o 14º paquete de sancións contra Rusia. Previsiblemente, tampouco funcionará. Mentres a economía europea segue estancada, a rusa mostra unha vitalidade inagardada. A dinámica de substitución das importacións que promoven esas sancións e as demandas do complexo militar-industrial favorecen o emprego e o consumo. Moscova está lonxe aínda de mostrar unha febleza que a conduza á mesa de negociacións coa cabeza gacha.
Tiananmen e o futuro da China
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Trinta e cinco anos despois da maior crise do denguismo, o que pasou na China o 4 de xuño de 1989 segue sendo tabú. Fóra, sen embargo, non hai aniversario que se esqueza. Certo tamén que outros moitos que merecerían ser recordados (de Iquique a Tlatelolco, poñamos por caso), pasan sen pena nin groria. Esa recorrente invocación que tanto incomoda en China é acompañada dunha lectura cada vez máis simplista. A memoria do acontecido demanda, sen embargo, unha abordaxe desprexuizada das motivacións e leccións daquel “incidente”.
A impostura de Modi
Apartados xeográficos Ásia
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
Tal como xa sinalaban os prognósticos, aínda que cunha vitoria menos contundente do agardado, Narendra Modi, 73 anos, do Party Bharatiya Janata ou BJP (Partido Popular Indio), accederá por terceira vez consecutiva ao cargo de primero ministro. Algo que só aconteceu na historia da India con Jawaharlal Nehru, entre 1947 e 1964.
Os estreitos de Taiwán
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Lai Ching-te asumiu a presidencia taiwanesa este 20 de Maio. O cambio no liderado amosa un dobre signo de continuidade: do seu partido, o soberanista Minjindang ou Partido Democrático Progresista, á fronte do Estado e tamén da política aplicada nos últimos oito anos, durante o mandato de Tsai Ing-wen. Non obstante, hai unha mudanza destacada: Lai non contará co referendo automático do Parlamento ao perder a maioría absoluta nos comicios do pasado 13 de xaneiro. O entendemento da oposición unionista (KMT, PPT), que tampouco será automático senón que deberán traballalo e arduamente, ameaza con complicar e moito a súa acción de goberno.
Desigualdades disparadas
Apartados xeográficos Cooperação para o desenvolvimento
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica Cooperação Internacional e Agenda 2030 Economia
Nun recente informe do seu clásico sobre desenvolvemento humano do PNUD (Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento) alértase do agravamento das desigualdades e da polarización política a nivel mundial. O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) mundial é una medida resumida que reflicte categorías como o Ingreso Nacional Bruto per cápita, a educación e a esperanza de vida dun país. En substancia, o que nos di o informe é que o IDH progresa nos países ricos mentres retrocede nos países máis pobres.