Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.
Artigos de Ríos, Xulio
Os quebradeiros territoriais de Kostunica
Os radicais cambios experimentados nas últimas semanas en Belgrado en pouco contribuíron a reducir as tensións entre Serbia e Montenegro. Para boa parte do goberno e da sociedade montenegrina, Kostunica é simplemente outro nacionalista serbio. Pero tamén aquí a nova situación provoca a emerxencia de diferencias que con Milosevic permanecían máis ocultas. O actual goberno […]
A larga man de Putin elimina a Rutskoi
Alexandre Rutskoi, vicepresidente de Rusia ata o outono de 1993, destituído por Ieltsin mentres se aliaba co checheno Ruslán Jasbulatov, na altura Presidente dun Parlamento que sería reducido a canonazos sen contemplacións, podería ter rematado a súa dilatada carreira política. Gobernador nos últimos anos da rexión de Kursk, Alexandre Rutskoi foi obrigado a retirarse da […]
Bush ou Gore ¿tanto ten?
Vivimos as eleccións americanas como se formasemos parte da súa república imperial. A xeito da romana, pero sen edicto de Caracala, é dicir, sen cidadanía para as "provincias", o que non nos libra dos efectos das decisións adoptadas en Washington. O futuro do 95,4 por cento da poboación mundial que non é súbdito estadounidense depende […]
Nobel
Desta vez, a Academia sueca mirou cara Asia, o continente do futuro. Primeiro foi Gao Xingjian, na Literatura; despois Kim Dae-jung, na Paz. En ambos os dous casos hai un pouso agridoce. A elección de Xingjian é contestada ata polos propios círculos literarios. Habida conta que se trata dun exiliado naturalizado francés, é un Nobel […]
América na nosa acción exterior
Liñas de investigación Paradiplomácia
O Presidente da Xunta, Manuel Fraga, inicia unha nova viaxe a Arxentina e Uruguai. A iniciativa enmárcase na liña dos contactos habituais do goberno galego con América Latina, se ben cun lixeiro aditivo sentimental: son os mesmos países que visitou en novembro de 1990, na primeira xira efectuada pola rexión, a uns meses da toma […]
Máis mandato para Kwasniewski
Tal como anunciaban as enquisas previas, Aleksander Kwasniewski gañou as eleccións presidenciais convocadas o domingo último en Varsovia. A superación do cincuenta por cento dos votos emitidos, cun nivel de participación do 62 por cento, evitoulle a segunda volta. Walesa roldou o 1 por cento. Se ben longamente anunciado, o trunfo de Kwasniewski confirma as […]
Días contados
A complexa situación política iugoslava permite aventuar unicamente conxeturas. A oposición comezou unha campaña de desobediencia civil para forzar a Milosevic a admitir a súa derrota e evitar a segunda volta. O Presidente iugoslavo conta no seu haber coa experiencia das protestas contra o fraude electoral en 1996, pero non lle resultará doado manexar a […]
Compás de espera en Beli Dvor
A primeira volta das eleccións presidenciais, lexislativas e municipais celebradas en Iugoslavia o pasado 24 de Setembro saldouse cunha clara derrota do réxime. A seis meses de cumprirse o seu mandato, Slobodan Milosevic, decidiu adiantar uns comicios nos que moi poucos poderían aventurarlle a derrota. Soamente unha táctica equivocada da oposición podería ofrecerlle en bandexa […]
A minúscula Córcega revoluciona o Estado francés
O proxecto de Jospin divide á sociedade gala A proposta de Lionel Jospin de recoñecer unha autonomía limitada para Córcega levanta numerosas bochas en Francia. Nas últimas semanas proseguiron as detencións e investigacións xudiciais en medios nacionalistas para esclarecer algunhas causas pendentes, mentres que a derrota de José Rossi, presidente da Asemblea corsa e portavoz […]
Colombia en Plan de paz
Colombia é sinónimo en todo o mundo de narcotráfico e violencia. Non se trata dunha imaxe "fabricada" polos medios. As organizacións humanitarias falan duns 25.000 mortos por ano a consecuencia do conflicto civil e preto de 1.300.000 desprazados dende 1985, unha cifra a todas luces desmesurada e que da conta da gravedade do conflicto interno […]
