xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

A voltas con Milosevic

Apartados xeográficos ARQUIVO Balcáns
Se como ven afirmando dende hai máis dunha década, a Milosevic preocúpalle a subsistencia da unidade federal iugoslava, debería aceptar a súa derrota e descartar a idea dunha segunda volta. Pero o máis probable é que o líder serbio promova todo tipo de argalladas para manterse no poder. O seu ultranacionalismo foi sempre instrumental. Dos […]

Medios en acción... exterior

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza ARQUIVO
Liñas de investigación Paradiplomácia
O feito exterior anega a nosa vida cotiá. O internacional deixou de ser aquel espacio reservado a especialistas para adentrarse en círculos cada vez máis amplos e nos que o exterior se configura como un eixo fundamental para proxectarse vitalmente. Da suba dos prezos do petróleo ao futuro da pesca, cada vez máis persoas e […]

Milosevic (non) pode perder

Apartados xeográficos ARQUIVO Balcáns
Na medianoite do próximo domingo, 24 de Setembro, Iugoslavia podería atoparse con dous Presidentes federais. Un, Vojislav Kostunica, presidente do Partido Democrático de Serbia e candidato da oposición democrática, que sería rapidamente recoñecido por Estados Unidos e por Europa. Outro, Slobodan Milosevic, disposto a non recoñecer derrota ningunha e a tirar para adiante como sexa. […]

Sombras electorais en Iugoslavia

Apartados xeográficos ARQUIVO Balcáns
Mentres a ONU pre-Milenio, a través de Bernard Kouchner, admite públicamente que non pode impedir a celebración en Kosovo das eleccións presidenciais e lexislativas previstas en Iugoslavia para o próximo 24 de setembro, algúns sondeos de opinión aventuran unha victoria folgada de Vojislav Kostunica, rival de Slobodan Milosevic. Pero tanto en Kosovo como en Serbia […]

Líos nas fronteiras caldean o ambiente preeleitoral en Iugoslavia

Apartados xeográficos Balcáns ARQUIVO
A República de Montenegro, integrante da Federación Iugoslava, prepárase para situar controles alfandegarios na súa fronteira con Serbia, declarou recentemente Miodrag Radusinovic, director da administración alfandegaria en Podgorica, se ben inicialmente non aplicarán ningún tipo de taxa. Srdja Bozovic, presidente da Cámara das Repúblicas da Asemblea federal iugoslava, reaccionou acusando ás autoridades montenegrinas de atacar […]

Sobredose de guerra

Apartados xeográficos Nacionalismos ARQUIVO
O Plan Colombia é presentado polo xeneral estadounidense Barry McCafrey como a batalla decisiva contra os narcotraficantes. Sen embargo, as súas víctimas principais van ser outras. En primeiro lugar, os campesiños cultivadores de coca e amapola que regresarán á máis absoluta miseria cando os seus campos sexan fumigados e non atopen vías de subsistencia alternativa. […]

Milenio de boas vontades

Apartados xeográficos ARQUIVO Outros
Máis de cen líderes de todo o mundo reunense no Cumio do Milenio das Nacións Unidas que comeza o día 6 de setembro en New York para analizar o papel que a ONU debe desempeñar no século XXI. Segundo a propia organización, o cambio de século representa "un momento único e significativo para artellar e […]

Los cien días de Chen Shui-bian

Apartados xeográficos China e o mundo chinês ARQUIVO
“El mapa de nuestros sueños no tiene límite”, aseguraba un radiante Chen Shui-bian el pasado 20 de mayo, al tomar posesión de su cargo como nuevo Presidente de Taiwán. Ante los invitados, sus palabras resonaban en la Sala Chiehshou del Palacio Presidencial de Taipei con la fuerza del optimismo de quien había conseguido poner fin […]

Solidarnosc é de todos

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Esa parada fotográfica dos líderes do Partido Popular Europeo ao pé duns asteleiros en Gdansk (Polonia) é simplemente irritante. É falso que o ideario do movemento de 1980 coincida coas aspiracións dos "populares". No seo de Solidarnosc, ademais de anticomunistas, había autoxestionarios e anarquistas, socialdemócratas e socialistas críticos, católicos e ateos, xudeus e antisemitas. Tan […]

Un corsario en Matignon

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
As diferencias xurdidas entre o primeiro ministro francés, Lionel Jospin, e o seu ministro do Interior, Jean-Pierre Chevènement a propósito do estatuto de autonomía para Córcega semellan irreconciliables. A continuidade de Chevènement en Matignon é díficil: o seu ministerio é importante, a súa actuación esixe a sintonía co primeiro ministro, e se a cada tropezo […]