Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.
Artigos de Ríos, Xulio
Cachemira en cuestión
Todo comezou coa independencia de India e Paquistán (1947) que deixou sen solución algúns conflicos territoriais cun enorme potencial desestabilizador. Por aquel entón o maharaja hindú que dirixía o reino de Cachemira, cunha poboación maioritariamente musulmana, partidario da independencia, renuncia a unha proclamación secesionista ante o temor de que provoque unha rebelión popular que o …
Colapso arxentino
A crise económica arxentina trascendeu ao terreo político coa demisión de varios ministros e do propio presidente, Fernando De la Rúa. Os disturbios protagonizados por sectores da poboación afectados directamente polas draconianas condicións impostas ao país polos mecanismos financeiros internacionais, deixaron tras de si máis de dúas ducias de mortos, e a paz social semella …
Días do pasado
A xulgar polas declaracións efectuadas polo ex presidente de Belarús, Sytanislav Shushkévich, á xornalista Pilar Bonet, a disolución da URSS foi producto "inevitable" da casualidade, o froito dunha cacería sen programa político nos bosques de Belovesh, nas aforas de Minsk, que rematou coa entrega dunha gran peza a George Bush: a disolución da URSS e …
Portugal: Derrota común
A crise política orixinada no noso país veciño por mor dos resultados das eleccións municipais abre un escenario de reflexión importante no seo da esquerda portuguesa. O trunfo de Durâo Barroso explicase non tanto por méritos propios como polas insuficiencias do discurso político do Partido Socialista. Nin os propios militantes e seguidores do Partido Social …
Portugal, cataclismo
O cambio político aberto en Portugal cos resultados das eleccións municipais adquire a magnitude dun autentico cataclismo. É o inicio dun cambio total de escenario: o PSD non gañaba as eleccións municipais dende 1985 e as lexislativas dende 1991 (con Aníbal Cavaco Silva). Cunha derrota tan ampla (os socialistas quedan con 98 concellos fronte aos …
Flocos balcánicos
Arrecia o debate sobre o futuro de Montenegro. O presidente Djukanovic insiste en propor a celebración dun referendo sobre a independencia para a próxima primavera, aceptando unicamente con carácter transitorio unha Unión renovada con Serbia, cualificada de funcional por algúns, sen máis fio común que a representación internacional e sempre que Belgrado admita a posterior …
Montenegro: Europa contra o referendo
Máis calmado Tony Blair na súa febre diplomática a prol da multicoalición estadounidense contra o terrorismo internacional e aínda sen renunciar un ápice a un espacio gañado pero que formalmente non lle corresponde, Javier Solana, o auténtico responsable comunitario da PESC, desautorizado no fundamental por aquela vía de facto, trata de recuperar terreo movendo peza …
A primeira derrota de Simeón Borisov
"Un rei no exilio soamente pode voltar como tal e nunca como turista", dixera a raíña Victoria Eugenia a propósito do derrocamento de Constantino de Grecia. Dende que dirixiu a súa "Carta ao pobo búlgaro" en maio de 1996, Simeón II de Bulgaria deixaba entrever a súa disponibilidade para mergullarse a fondo na vida política …
Sen posguerra
Estados Unidos consolida a súa victoria en Afganistán, o poder talibán está destruido e os militantes de Al Qaâeda, acurralados e desperdigados, negocian a súa rendición máis difícil. A captura de Ben Laden pode ser cousa de pouco tempo. A tres meses dos atentados, o presidente Bush, en nome da defensa da paz e da …
Taiwán, segunda volta
Houbo un tempo en que Taiwán, a illa Formosa, era algo máis que un lugar remoto e exótico aos ollos dos galegos. O orgullo de contemplar os nosos granitos en construccións emblemáticas do Oriente tiña en Taipei unha referencia mercantil ineludible. Nunha década, aquel 20,06% (1.044 millóns de pesetas), valor en 1991 das nosas exportacións …