Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.
Artigos de Ríos, Xulio
Os bandazos de Paquistán
Calquera que sexa o resultado das negociacións apadriñadas pola ONU na capital alemana, non parece que o futuro de Afganistán poida pecharse na Conferencia de Bonn. Demasiadas fraccións, demasiadas ausencias e quizais demasiada guerra aínda por diante como para sentenciar as formas e contidos dunha transición incerta. Diversos sinais apuntan a un principio de acordo […]
Turbulencias entre Madrid e Rabat
As relacións bilaterais entre os Reinos de España e de Marrocos atravesan un momento particularmente difícil e non semella que as cousas poidan retomar a senda da normalidade sen unha reavaliación a fondo dos seus contidos. A retirada sine die do embaixador marroquí en Madrid, M. Abdeslem Baraka é unha medida grave por dúas razóns. […]
Pakistán: ¿Siempre en el lado equivocado?
Desde que las primeras miradas de Washington se dirigieron hacia Afganistán para hallar al presunto culpable de las matanzas de las Torres Gemelas y el Pentágono, Islamabad se sabía en el ojo del huracán. La frase de Bush “quien no esté con nosotros está en contra nuestra”, sonaba a tambores de guerra en el principal […]
EEUU contra Afganistán, unha guerra que revira o mundo
Resulta difícil de admitir que toda unha superpotencia como Estados Unidos, posuidora dunha capacidade tecnolóxica e militar sen parangón, poida quedar literalmente en xaque pola belixerancia suicida de minúsculos colectivos de descontentos que, a xulgar polas imaxes que nos sirven a cotío todos os medios de comunicación, semellan gardar máis proximidade coa Idade Media que […]
Mao e San Cristobo
Mentres algúns na China e moitos máis no resto do mundo celebran a súa entrada na Organización Mundial do Comercio, por todo o vello Imperio do Medio revívese a devoción pola figura de Mao. A febre afecta especialmente ao mundo dos transportes. Conductores de metro, bus, camión ou taxi, colgan a estampiña co retrato do […]
O futuro de Kosovo
Ibrahim Rugova gañou as primeiras eleccións lexislativas celebradas en Kosovo dende a retirada serbia e a entrada da OTAN. Rugova obtivo máis do dobre de votos do seu inmediato seguidor, o ex-membro da UÇK, Hashim Thaçi e os serbios e outras minorías teñen garantida a súa participación no novo Parlamento que agora debe elixir un […]
China-OMC: ¿o abrazo do oso?
Hai pouco máis dun ano o senador demócrata de New York, Daniel Moynihan calificaba a decisión de garantir a China relacións comerciais permanentes e normais con Estados Unidos como a máis importante adoptada despois da Segunda Guerra Mundial. Esa resolución despexaba o horizonte para un acceso rápido da China á Organización Mundial do Comercio (OMC). […]
A discrepancia chinesa
¿Como se posiciona a China a respecto dos atentados do 11 de setembro e das accións de represalia lideradas por Estados Unidos? ¿En que medida poden modificar a súa política exterior e interior e mesmo condicionar a súa emerxencia como gran potencia rexional e mundial? ¿Como afecta a nova situación ás súas relacións con Rusia? […]
Montenegro: as dificultades da independencia
Montenegro preparase para celebrar a consulta plebiscitaria sobre a separación da Federación Iugoslava. O proceso corre un serio risco de fracaso debido á incapacidade do bloque soberanista de definir unha estratexia común sobre a maneira de arribar á independencia. Aos problemas internos cómpre sumar a negativa posición da comunidade internacional, asi como das autoridades de […]
Malos tempos para o Sahara
A cuestión saharauí está no epicentro da carraxe de Rabat. As relacións entre os Reinos de Marrocos e de España atravesan un momento extremadamente delicado. A retirada sine die do seu Embaixador en Madrid, M. Abdeslem Baraka é a culminación dun desencontro longamente anunciado. Pese ás mensaxes da diplomacia española, non hai lugar para a […]