xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Unha segunda guerra fría?

Apartados xeográficos Estados Unidos
En realidade, nunca se foi de todo. Mesmo despois da disolución da antiga Unión Soviética, a salvo da nosa visión eurocéntrica do mundo, en América Latina (Cuba e máis) ou en Asia (Corea do Norte pero tamén Taiwán) puideron se apreciar tensións herdadas daquel binomio que condicionou boa parte da evolución das relacións internacionais do […]

Xi resetea a relación con Pyongyang

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
O cume Xi-Kim en Beijing foi unha xogada mestra da diplomacia chinesa. Aínda que tamén un gran triunfo para Kim Jong-un, que obrigou ao “temoneiro extraordinario” a cambiar de rumbo de modo abrupto. Días atrás, o 20 de marzo, o Global Times xa nos recordaba a importancia da alianza Beijing-Pyongyang e salientaba no seu editorial […]

Xi Jinping, un Presidente sen límites

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
As sesións lexislativas simultáneas (do macroparlamento e da conferencia consultiva política) que decorren na China ofrecen este ano algunhas novidades de alcance. Con seguridade, a de maior eco mediático refírese á reforma constitucional pero igualmente inclúe outras como a creación da comisión estatal de supervisión para loitar contra a corrupción, un novo impulso á revitalización […]

Lembrando a Lois Tobío

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Este marzo cúmprense quince anos xa do falecemento en Madrid de Lois Tobío (Viveiro, 1906), unha personalidade fecunda que mantivo sempre un elo de xeneroso compromiso co país sen prexuízo de servir nas mais variadas encomendas. Eu mesmo definíao nunha monografía para Ir Indo (Galegos na Historia, 2004) como “o diplomático que quixo e soubo […]

Galicia en Bos Aires

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Moi tristes as noticias que chegan de Bos Aires. Ninguén sabe a ciencia certa que será do inxente legado do Centro Gallego e, probablemente con razón, hai quen teme o peor. O Consello da Cultura sumouse recentemente a moitas outras voces que demandan das nosas autoridades unha mobilización urxente para cumprir coas obrigas morais e […]