xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

NORTE. Nós no Mundo.

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Estamos afeitos a ser considerados do Norte. Ou do noroeste, para ser mais precisos. Pasamos a vida convivindo con ese cardinal peninsular, así que só nos pode ser familiar. Pero, cal é o norte de Galicia? Vivimos sen norte? Para Plácido Castro, un dos nosos universalistas mais prezados, a orientación cara as terras célticas precisamente […]

Hong Kong: ¿a protesta interminable?

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
Na segunda feira mundial de importacións de China, celebrada en Xangái a primeiros de novembro, o presidente Xi Jinping coidou de expresar publicamente o seu firme apoio á Xefa Executiva da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong, Carrie Lam, quen afronta desde xuño deste ano continuas protestas, en moitos casos violentas, contra a súa xestión. […]

Repoñamos o Muro!

Apartados xeográficos Europa
Tan desafortunada consigna probablemente gozaría hoxe de certo predicamento simbólico en boa parte das sociedades dos países do Leste europeo. E quizais non só. Hai escasos días, algúns medios facíanse eco de diferentes enquisas reveladoras da amplitude da frustración actual, que contrasta coas esperanzas de finais dos oitenta.

Europa debe ser Europa

Apartados xeográficos Europa
Trinta anos despois da caída do Muro de Berlín, Europa encara unha inocultable crise de identidade. O Brexit, as tensións migratorias ou a fragmentación de intereses no seu seo retratan a complexa conxuntura do vello continente. Máis que nunca, hoxe é apreciable que aquel valado que simbolizou a fronteira da Guerra Fría non soamente caeu […]

Hong Kong: en rumbo de colisión

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
Canto máis se profunda a crise de Hong Kong máis semella que todo avanza cara a unha canella sen outra saída que un desenlace violento. O endurecemento da acción policial non desalentou aos manifestantes. Tampouco a conivencia entre a policía e as bandas mafiosas produciron o resultado quizais esperado polas autoridades locais e centrais. Unha […]

Topes fóra

Apartados xeográficos Estados Unidos
Conta Gorbachov nas súas memorias que o tratado de eliminación de mísiles de alcance corto e intermedio (coñecido polas súas siglas INF) marcou o principio do final da guerra fría. A aquel seguíronlle outros acordos, pero todo comezou co INF. O ex líder soviético situaba esta sinatura a idéntico nivel que a retirada das tropas […]

Galeguismo e europeísmo: Cando Europa é aquí

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
O galeguismo dos anos vinte e trinta do pasado século e mesmo o reagrupado despois da guerra civil foron profundamente europeístas, cada un cos seus matices. A declaración de principios do Partido Galeguista (PG) incluía a alusión á “Galicia, célula de universalidade” que tiña en Europa unha primeira concreción inapelable. Figuras destacadas deste movemento como […]

A Irlanda de Plácido Castro

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
“Un galego séntese aquí máis perto da súa Terra ca en moitas rexións que só distan de Galicia uns centros de quilómetros”. Así o cría Plácido Castro, quen con só 26 anos pisaba aquelas terras irlandesas na compaña do doutor Flower, a máxima eminencia en cuestións célticas do British Museum, achegándose con el até as […]