Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.
Artigos de Ríos, Xulio
De Bilberderg a Shangri-La
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
Por unhas ou por outras, China está no primeiro plano da actualidade e semella ser o asunto xeopolítico do momento. Con difícil volta atrás, habería que dicir, cando menos por un tempo. Foi de certo un dos grandes temas sometidos a debate no recen celebrado encontro anual do Grupo Bilderberg. Falouse dela pero sen ela […]
Tiananmen e o lado escuro do denguismo
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
En 1981, o comité central do PCCh aprobou por unanimidade unha resolución sobre “algúns problemas na historia do noso Partido”. Nela facíase avaliación do maoísmo, aplicando a devandito período o balance suxerido polo propio Mao a propósito da Revolución Cultural: 70 por cento de acertos, 30 por cento de erros.
Tarde piaches?
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
As tensións comerciais entre China e os EUA subiron un novo chanzo tralo anuncio de novas medidas por parte da Casa Branca que tentan cortar de raíz o desenvolvemento tecnolóxico do país oriental. Pero está Washington a tempo e en condicións de evitar o sorpasso chinés?
Europeísmos galegos
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
En diferentes tempos e ocasións, os galeguistas atopáronse entre os máis europeístas da península. É o caso, sen dúbida, do primeiro terzo do pasado século cando a reivindicación da Galicia, célula de universalidade, tiña na Europa unha esperanza primeira de realización. Moi poucos entón miraban cara Europa nese senso. Que a Lois Tobío o alcumaran […]
Galicia, eleccións xerais e acción exterior
Cabe alegrarse de que as propostas galegas que concorren aos comicios xerais incorporen cada vez máis nos seus programas reflexións e medidas a propósito da nosa acción no ámbito dos intereses exteriores. Isto importa especialmente para influír, en primeiro lugar, nun cambio na nosa cultura política que sexa capaz tanto de ampliar horizontes como de […]
A OTAN e o imperio do mal
Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
A OTAN cumpriu 70 anos e celebrou “felizmente” o aniversario cunha cerimonia en Washington. A OTAN nacera en 1949 para contrarrestar o expansionismo da URSS e os seus países satélites, o imperio do mal, converténdose nunha das alianzas militares mais lonxevas da historia moderna. Disolvida a Unión Soviética, resulta que o expansionismo da OTAN, agora […]
O trío de Bogotá
Apartados xeográficos Nacionalismos
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
A foto en comandita de Juan Guaidó, o presidente colombiano Iván Duque e o vicepresidente norteamericano Mike Pence lembrou inevitablemente o trío das Azores no contexto da guerra de Iraq. Guaidó apelou á comunidade internacional para manter “todas as opcións abertas”. A negativa dalgúns países do Grupo de Lima e da UE a secundar unha […]
A acción exterior: unha política pública indispensable
A conxunción do fin da guerra fría e do mundo bipolar, a conseguinte aceleración da mundialización económica, o alargamento europeo e a progresiva vertebración do Estado das Autonomías en España, abriron espazos para desenvolver unha acción exterior innovadora, complexa e especialmente atenta á fluidez e cambios que condicionan dende entón a evolución estatal e internacional. […]
John Bolton e o desacougo venezolano
Apartados xeográficos Nacionalismos
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
O asesor de seguridade nacional estadounidense, John Bolton, compareceu ante os medios cun caderniño coa anotación do envío de 5.000 soldados a Colombia, país onde o Pentágono ten á súa disposición ata sete bases militares, no seu día, por certo, mediante un acordo autorizado inicialmente polo presidente Álvaro Uribe coa democrática forma de tan sequera […]
Expertos estranxeiros na China: o caso de Pepe Castedo
José Castedo Carracedo (1914-1982) foi unha figura destacada no mundo dos chamados “expertos estranxeiros” que nos anos sesenta e setenta exerceu como profesor no Instituto de Linguas Estranxeiras de Beijing, China.
