xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Ex corde, Franco

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Paradiplomácia
Fóisenos Franco. Xeneroso como era, deixounos moito e bo. Non é cousa de lembrar agora os seus méritos pois son coñecidos e obituarios haberá que nolos recorden. Todo o que el fixo queda e gardarémolo como ouro en pano. O que non obstante perdemos é un estilo de compromiso que moito escasea nestes acedos tempos […]

A Europa fallada

Apartados xeográficos Europa
Dicía o recentemente falecido George Steiner que a de Europa é unha historia de longas marchas. E non lle faltaba razón, naturalmente. E de pesadas guerras, que en realidade serían guerras civís, tamén dicía. E de grandes decepcións, habería que engadir, que se repiten unha vez e outra.  E con elas, renacen os peores presaxios […]

COVID-19: conxecturas e tendencias

Apartados xeográficos Outros
Canto máis eco nos facemos das teorías conspirativas arredor do COVID-19 mellor informados estamos? Que se un laboratorio de alta seguridade de Wuhan, que se os militares estadounidenses que participaron nunhas olimpíadas castrenses en Wuhan, etc. A ciencia desminte con fundamentos inapelables unha hipótese tras outra, pero no actual contexto semella inevitable o seu espallamento […]

Por armas que non sexa!

Apartados xeográficos Outros
A quen non lle interesa acabar coas guerras? Basta seguir a pista dos principais vendedores de armamento… Segundo o mais recente informe do SIPRI (Stockholm International Peace Research Institute), os cinco maiores exportadores son os EUA, Rusia, Francia, Alemaña e China, por esta orde. Catro deles son membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións […]

Coroavirus: saúde pública, sistémica e xeopolítica

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
A eclosión da epidemia dun novo coroavirus con epicentro na cidade chinesa de Wuhan, provincia de Hubei, alertou ao mundo enteiro, sacudiu os cimentos da China e abriu novas incertezas sobre o futuro da economía global e a propia estabilidade social e política chinesas. Ao maxín viñeron as imaxes do anterior episodio similar de 2002-2003, […]

A India aliña cos EUA

Apartados xeográficos Ásia
Donald Trump fixo a súa primeira visita de Estado á India cunha importante misión xeopolítica en axenda. Moi atrás semellan quedar definitivamente os anos en que a India formaba parte activa do Movemento dos Países non Aliñados, e mesmo sen el, obsoleto semella o propósito de se conformar como unha forza anti-hexemónica, calquera que fose […]

Múnic 2020

Apartados xeográficos Europa
Co argumento da “desoccidentalización”, a Conferencia de Seguridade de Múnic, Alemaña, volveu servir de barómetro das tensións estratéxicas globais, afirmándose como o mais influente escenario da política de seguridade a nivel global.

Máis que o virus

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
As drásticas medidas adoptadas polas autoridades chinesas para conter a propagación da epidemia de coronavirus extreman a preocupación sobre a súa gravidade. O virólogo e recoñecido experto en problemas respiratorios Zhong Nanshan, xefe dun equipo de facultativos de alto nivel organizado pola Comisión Nacional de Saúde, dixo que non terá o impacto na sociedade e […]

2020, este ano

Apartados xeográficos Outros
O presente será un ano de confirmación da viraxe. Un informe de Davos sinala que en 2020, Asia rexistrará o maior PIB mundial, o que podería acelerar igualmente a nivelación e transferencia de poder na gobernanza global. Enfrontados á hipótese da desaceleración do comercio mundial, en boa medida produto do incremento do proteccionismo, a tendencia […]

O desquite de Tsai Ing-wen

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
A presidenta taiwanesa Tsai Ing-wen desquitouse este sábado da severa derrota padecida nos comicios locais de novembro de 2018. Naquel entón, o seu partido, o Minjindang, de corte soberanista, foi literalmente varrido de municipios e condados onde os pan-chineses do Kuomintang lograban recuperar e alargar o seu poder. Con esa poderosa base local, estaban convencidos […]