xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Tempos Novos nº 306

Xi Jinping apura o paso da China

Tralo XX Congreso do Partido Comunista de China (PCCh), o xigante oriental entra nunha nova fase. Xi Jinping, quen lidera o país dende 2012, asegurouse un novo mandato que anticipa unha prolongación do seu poder mesmo mais aló de 2027, se a saúde llo permite, ante a falta dun sucesor claro. Esa persistencia da figura …

Ríos, Xulio Read More »

Fondeando aquí

O tempo fai a substancia, diría Borges. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que agora celebra os seus 25 anos de existencia instituído como axencia local para a cooperación internacional, é un exemplo dese estreito vínculo entre o paso do tempo e a adquisición de certa substancia. Probablemente, o segredo da súa perennidade, e por tanto tamén do seu éxito, radique na confianza en alentar algo xenuíno e propio.
Capa do Tempos Novos nº304

Mar rizado en Taiwán

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
A través da resposta chinesa en forma de grandes manobras militares pero igualmente de decisións políticas, diplomáticas e económicas, puidemos apreciar os graves efectos da recente visita da presidenta do Congreso dos EUA, Nancy Pelosi, á illa de Formosa, así bautizada polos portugueses en 1590 en razón da súa beleza. As augas permanecerán axitadas durante bastante tempo e o difícil xogo xeoestratéxico que se está a desenvolver no estreito de Taiwán ameaza con se converter nun dos grandes conflitos no século XXI. Nesta ocasión, dende a perspectiva das autoridades chinesas, a decisión de repudiar a visita da terceira figura mais relevante na xerarquía institucional estadounidense a Taipéi, manifestada de forma insistente nas semanas e días previos, acadou o nivel coñecido como “wu wei yan zhi bu yu”, o máis elevado en termos de advertencia precisamente para remarcar que se trata dunha liña vermella.
Gorbachov

Gorbachov

Apartados xeográficos Rússia
É común poñer en contraste o fracaso da perestroika e o éxito da reforma e apertura, a gaige-kaifang, chinesa. Pero puido ser Mijail Gorbachov o Deng Xiaoping soviético? Certo que tiñan en común o propósito reformista pero, de entrada, Gorbachov ía máis aló que o líder chinés.
Capa do Tempos Novos nº303

Madrid toma partido

Apartados xeográficos Outros
As últimas decisións en política exterior do actual goberno en Madrid ilustran un cambio de enfoque que ten como premisa maior un aliñamento máis substantivo coas teses e orientacións de Washington. Deuse carpetazo definitivo -e por ambas as dúas partes- ao simbólico desplante de Rodríguez Zapatero en 2003. O propio ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, como tamén a ministra de Defensa, Margarita Robles, voces particularmente entusiastas do novo rumbo, certificaron que a relación de España cos EUA “é a máis estreita dos últimos vinte anos”. A diferenza da predecesora, González Laya, que apostaba por afortalar as relacións cos grandes da Unión Europea e contribuír á definición dunha autonomía estratéxica que significara o papel de Europa no mundo, España semella querer figurar agora no pelotón de cabeza máis comprometido cos postulados dos EUA no continente.

A quenda de Taiwán?

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
A visita de Nancy Pelosi a Taipéi pode marcar un punto de inflexión significativo nas dinámicas do problema de Taiwán, o máis sensible nas relacións China-EUA. De entrada, ten potencial abondo para sinalar a que sería a cuarta crise do Estreito tralas de 1954, 58, e 95-97. No actual contexto, podemos prepararnos para unha secuencia …

Ríos, Xulio Read More »

Plácido Castro

O Galician Programme da BBC e a internacionalización da cultura galega

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Anos andados, dubido moito de que alguén se lembre das moitas exposicións, convenios, xornadas, proxeccións, etc., que hoxe constitúen o cerne mesmo do que se denomina acción exterior cultural ou ata un tanto atrevidamente, diplomacia cultural. Sen embargo, estamos a celebrar neste 2022 o 75 aniversario do inicio dos programas en lingua galega da BBC, iniciativa que seguro gañará en prominencia co paso do tempo.

As tres claves da xira de Joe Biden por Asia

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Tres asuntos teñen primado na primeira xira do presidente dos EUA, Joe Biden, pola rexión asiática. Mais aló da cuestión de Corea do Norte, o asunto de maior alcance foi Taiwán. O “si” como resposta á pregunta sobre o compromiso de defender militarmente a Taiwán en caso dunha invasión chinesa, marcou un novo punto de inflexión no posicionamento da Casa Branca, xerando dúbidas razoables sobre a pervivencia da “ambigüidade estratéxica” que tradicionalmente caracterizou a actitude estadounidense neste delicado aspecto. Tanto é así que unha vez mais, funcionarios da Casa Branca matizaron despois esas palabras para asegurar que aquela política “non mudara”.
A Convivencia Social no Xacobeo

Europa no seu lugar

Apartados xeográficos Europa
Europa, dicía George Steiner, está composta de cafés. Vista dende Santiago de Compostela, estaría integrada por camiños. Non son visións excluíntes senón complementarias. Esta Europa está asociada hoxe con valores como o diálogo, a tolerancia, a cooperación, a achega, en suma, de pensamento ilustrado que posibilite avances á humanidade no seu conxunto. E iso é perfectamente posible en ambos os dous escenarios. Non foi sempre así. Modernamente, para moitos, Europa é un constructo que representa en boa medida o cume da civilización; non obstante a beleza da súa arquitectura en sentido amplo ten tras de si unha longa ringleira de conflitos, destrución e inhumanidade que precisaría de moitos lustros para unha acaída expiación dos nosos pecados.