xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Chibérica: Portugal e España perante a China

En relación a China, Portugal e España comparten importantes valores similares. Por unha banda, unha relación histórica que constitúe un sólido piar da relación bilateral. Por outra banda, China é, en ambos os casos, un socio económico destacado, tanto se nos referimos ao intercambio comercial como aos investimentos, incluídos os problemas estruturais da relación. Así mesmo, politicamente, a proximidade mantense en niveis aceptables a pesar da desfavorable situación global recente. E, en xeral, permanece unha relación bastante ben tecida que se reflicte na persistencia dunha asociación estratéxica que asegure a fluidez do diálogo e dos intercambios a todos os niveis.

Todo fume en San Francisco?

Os presidentes Joe Biden e Xi Jinping protagonizaron un desexo compartido de certo sosego en San Francisco, á marxe do cume da APEC. Así quedou reflectido no ton dos seus encontros e na afabilidade xeral das conversas mantidas. Tamén houbo acordos sobre a loita contra os estupefacientes (fentanilo) ou o restablecemento do diálogo ao máis alto nivel en materia de defensa. A comunicación directa entre as máximas autoridades das dúas economías máis grandes do mundo ofrece garantías engadidas á estabilización das relacións tras episodios convulsos recentes como o do suposto globo espía chinés ou a visita de Nancy Pelosi a Taiwán.

Os ODS por mal camiño

No último informe do progreso sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), o secretario xeral da ONU, António Guterres, denuncia que o 80 por cento das 169 metas mostran un progreso feble ou retroceso. Hai quen achaca isto aos efectos da pandemia de Covid-19 pero, en realidade, esta non fixo mais que agravar unha tendencia inapelable. Este réxime de capitalismo depredador e insaciable que nos abafa non é quen de introducir os mecanismos correctores mínimos para garantir que o noso mundo de abundancia reverta nunha mellora das condicións básicas de existencia para a inmensa maioría da humanidade. Os que mandan no mundo viven só para ganar, como cantaba Fausto.
671.000 persoas refúxianse en Gaza en instalacións da UNRWA

O “imperio do mal”

Apartados xeográficos Oriente Médio
Hai un mundo que asiste indignado e á vez impotente ante a reiteración das masacres do exército de Israel contra a poboación civil palestina asasinando miles de nenos e nenas e bombardeando sen piedade dende hospitais a campos refuxiados. E hai outro mundo gobernamental cómplice inmutable desas accións. O Sur Global é quen sustenta a denuncia do abandono dos palestinos á súa sorte sen importar o custe en vidas humanas que reviste xa a condición de limpeza étnica e ata xenocidio, tal e como denunciou Nacións Unidas.

No mundo con mirada propia

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
O mundo é hoxe un amplo espazo no que os diversos actores cooperan e compiten en función das súas expectativas e intereses nun contexto de fluidez nunca vista. E a diferenza doutros pasados, é cada vez máis perceptible o recoñecemento ao papel de instancias diferentes aos suxeitos tradicionais, os estados, desenvolvéndose políticas inclusivas para incorporar ás dinámicas globais aos axentes subestatais e ás propias sociedades civís, que operan como arietes incisivos dunha transformación máis profunda da comunidade internacional.
Joe Biden e Ursula von der Leyen na reunión especial da OTAN ou do G7 de marzo de 2022. Fonte: Office of the President of the United States

Crer en Europa

Apartados xeográficos Europa
Europa ten na crise de Oriente Medio unha oportunidade de ouro para exercer esa autonomía estratéxica que di pretender. Tristemente, o liderado da Unión Europea, de signo maioritariamente conservador nas súas principais institucións, navega na dirección contraria. O seguidismo estadounidense é suicida para a política europea. A ollos especialmente do Sur Global, pero tamén de moitos cidadáns da unión, Europa perde credibilidade a pasos axigantados.
Bombardeos sobre a Franxa de Gaza nunha imaxe divulgada por UNRWA o 10 de outubro © @UNRWAes

Os dividendos da guerra

Apartados xeográficos Oriente Médio
Arrepía o fragor da nova guerra no Medio Oriente. As vítimas civís cóntanse por miles e todo indica que nos esperan días amargos, moi especialmente en Gaza, á espreita da vinganza israelí. Se a crise humanitaria adquire xa grandes proporcións, o peor está por vir.
Bandeira de Armenia

Armenios

Apartados xeográficos Ásia Europa
Triste sino o do pobo armenio. Explicaba en Que foi daquel soño? (Xerais, 1992), como Nagorni-Karabaj converterase para o mundo na referencia primeira do estoupido do problema nacional na URSS nunha das súas vertentes, a étnica, a máis perigosa e violenta. O eco daquel conflito sen pechar chegou ata os nosos días...