Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.
Artigos de Ríos, Xulio

Outra ONU é posible?
Apartados xeográficos Outros
Pechou as súas sesións a Asemblea Xeral da ONU. António Guterres, o seu secretario xeral, deu a voz de alarma ante as preocupantes evidencias do cambio climático: “a humanidade abriu as portas do inferno”, dixo. E aí quedou como frase lapidaria a modo de síntese deste foro número 78.

Contra natura
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Que a ideoloxía e a xeopolítica non casan de xeito lineal e mesmo poden chegar a manifestar contradicións hilarantes é cousa sabida...

Chile á vista
Apartados xeográficos Nacionalismos
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
Nos anos setenta, a experiencia chilena era seguida con curiosidade e esperanza en todo o mundo. Tamén naquela Galicia que se asomaba ao final do franquismo e que tiña no maxín as andanzas por aquelas terras de Blanco Amor ou Suárez Picallo. Para moitos, o golpe de Augusto Pinochet non foi sorpresa; mais ben, un exemplo, de libro diriamos, da temida angustia da Casa Branca, moi preocupada polo efecto da Revolución Cubana en América Latina.

O mundo, un problema de Galicia
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Alguén dirá que xa temos bastantes propiamente nosos como para botarnos enriba os de todos os demais, pero nunha sociedade globalizada e interdependente como a actual, a Galicia aféctanlle moitos problemas que teñen orixe noutras latitudes. Apreciámolo en carne propia en calquera crise financeira ou xeopolítica, por mais afastadas que estean. Por outra banda, no […]

De Marco Polo a Giorgia Meloni
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
A primeira ministra italiana, Giorgia Meloni, dixo que o seu goberno está a considerar retirarse da Iniciativa da Franxa e a Ruta (IFR) chinesa e que tomará unha decisión en decembro. A IFR foi chamada Nova Ruta da Seda. Tamén se chamou "globalización con características chinesas". Consta de dúas rutas ferroviarias que van desde China a través de Asia ata Europa, unha por Rusia, Bielorrusia e Polonia, a outra por Asia Central, Irán e Turquía. Tamén hai unha ruta marítima entre China e o Mediterráneo a través do Océano Índico e a Canle de Suez, así como rutas de carga aérea entre China e Europa. Reúne a 44 países da África subsahariana, 35 de Europa e Asia Central e 25 da rexión de Asia Oriental e Pacífico.

O aliñamento da India
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
A recente visita oficial de Narendra Modi aos EUA marca un punto de inflexión na relación entre os dous países. O acercamento, iniciado durante a administración de George W. Bush, foi apoiado de maneira decidida polo primeiro ministro Modi dende 2014, achegando froitos cada vez máis significativos.

Un Putin acabado?
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
O presidente ruso Vladímir Putin foi seriamente humillado polo fundador do Grupo Wagner, Yevgeny Prigozhin. Certo que este deu marcha atrás ao seu avance sobre Moscova pero moi probablemente, sen practicamente pegar un tiro, conseguiu boa parte do que pretendía sen dar a sensación de ser obrigado a se render...

Mediacións sen espazo
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
Certa falta de definición e o escepticismo lastran aínda as propostas de mediación entre Ucraína e Rusia. Ata agora, as dúas que transcenderon (Israel e Turquía), fracasaron...

BRICS
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
Nacidos hai quince anos, os BRICS encaran unha proba de madureza. O seu cumio anual vaise celebrar en agosto en Sudáfrica pero a esa xuntanza deben chegar cos deberes feitos. Están todos os seus integrantes polo labor? Cal é a súa axenda táctica e estratéxica? Un reto é o alargamento e as súas modalidades. Está sobre a mesa. Ata dezanove países terían expresado o seu interese para formaren parte deste grupo. O promotor da expansión foi China, cando exerceu a presidencia rotatoria o ano pasado. Quizais coa idea de seguir construíndo influencia diplomática para contrarrestar o dominio global do G7, promovendo un maior peso dos países do Sur, pero baixo a sombra da repetición do equívoco europeo de confundir alargamento con potencia. Non son necesariamente sinónimos....

Emigración ou diáspora?
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Asistencialismo, retorno… son conceptos de vello asociados na política galega á hora de abordar a presenza da nosa xente no exterior. Sen embargo, non son esas as únicas posibilidades e menos aínda nos tempos actuais.
