Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.
Artigos de Ríos, Xulio

Lembrando a Lois Tobío
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Diplomático, investigador, xurista, profesor, xornalista, tradutor, etc., Lois Tobío foi un intelectual humanista firmemente comprometido con Galicia. Co-fundador do Seminario de Estudos Galegos, redactor do anteproxecto de Estatuto ou auténtico mentor do Consello de Galiza no exilio, custa entender que a pesar de tanta e tan valiosa achega siga sendo un gran descoñecido para moitos na propia Terra.

Parlamentarismo chinés
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
China celebra esta semana as súas macrosesións parlamentarias que axudan a perfilar o momento político que vive o país e a calibrar o seu rumbo. Este ano ten como aliciente o feito de se producir tralo XX Congreso do Partido Comunista (PCCh) que nos días previos celebrou unha sesión plenaria para tratar da axenda inmediata […]

Plácido Castro: dúas reparacións necesarias
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
O recoñecemento de quen padeceu persecución -como é o caso de Plácido Castro- polas súas conviccións democráticas é unha satisfacción primeiro que nada moral e que non debe infravalorarse, por mais que se trate dun procedemento, dirán algúns, meramente declarativo.

Inflando o globo da ameaza
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
Será espía o globo ou non será? O tempo dirá. China di que o globo entrou accidentalmente no espazo aéreo estadounidense e por causas de forza maior, que é civil e con fins científicos. O Pentágono recoñeceu que non representaba un risco significativo en termos de intelixencia pero negando a maior.

O encrucillado taiwanés
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
Un dos temas clave na axenda dese cumio aprazado China-EUA debera ser o de Taiwán, a “liña vermella número un”, segundo a cualifican as autoridades chinesas. A falta dun compromiso na xestión deste contencioso pode condicionar integralmente as relacións bilaterais, que xustamente acadaron un dos seus niveis máis baixos dos últimos tempos trala visita da […]

Perspectivas globais 2023: Un ano de falsa tregua
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
O mundo seguirá pivotando en 2023 sobre os dous eixes máis relevantes da tensión global con epicentros en Europa e en Asia. Iniciado nese ámbito estratéxico no cumio que os presidentes Joe Biden (EUA) e Xi Jinping (China) celebraron en Bali a mediados de novembro de 2022 no marco do G20, alongarase ata mediados de […]
