xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

(II) Diáspora: Capital relacional

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Entender a diáspora como capital relacional implica concibila non como unha colectividade dispersa no mundo, senón como unha infraestrutura de vínculos: unha rede de relacións sociais, profesionais, económicas, culturais e institucionais que, se é activada con intelixencia, funciona como un recurso estratéxico de primeira orde.
Durante a Presidencia de Manuel Fraga o IGADI xestionou os Foros Bilaterais para identificar as redes de conexión de Galicia coa súa diáspora.

Diáspora (I): O maior activo internacional de Galicia

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Hoxendía, contar cunha axenda exterior é un trazo indispensable en calquera ámbito, dende a empresa, a cultura ou a política. Nese contexto, para Galicia, contar cunha diáspora constitúe un activo estratéxico de primeira orde e, en moitos casos, unha das palancas máis eficientes —e menos custosas— para proxectar influencia, visibilidade e interese nacional no exterior. Contar cunha diáspora significa dispoñer dunha rede mundial informal que complementa e ás veces supera a diplomacia tradicional. Supón ampliar o alcance internacional dun país, diversificar voces e engadir capas de lexitimidade social ás relacións exteriores. Enriquécese a acción exterior porque a fai máis humana, máis plural e máis conectada co mundo real, fóra das loxísticas ríxidas e dos discursos oficiais.

China: planificación ou mercado?

En China veñen de aprobarse as liñas mestras do novo plan quinquenal, que marca obxectivos ata 2030 e fixa un horizonte estratéxico mínimo en 2035, cando se prevé alcanzar o primeiro chanzo do xiísmo, ese enfoque de longo prazo que proxecta o seu horizonte ata 2049, primeiro centenario da fundación da República Popular Chinesa. Xogando nesas longas franxas temporais, China leva tempo competindo noutra liga.

O Castedo Carracedo da aula 113

Na axenda da visita de Estado dos Reis a China, que decorre esta semana, figura un xesto de especial simbolismo: a descuberta dunha placa conmemorativa en homenaxe aos primeiros profesores de español que impartiron docencia en Beiwai, a Universidade de Estudos Estranxeiros. Trátase dun paso significativo no recoñecemento de Pepe Castedo e doutras figuras que, coma el, sementaron a presenza da lingua e da cultura españolas na China en tempos non sempre propicios.
Gráfico publicado por Paul Krugman no seu blog o 15 de outubro do 2025

Poderíos históricos

A invocación do esplendor pasado é parte activa da narrativa que determina a maior competencia estratéxica do noso tempo, entre os EUA e China. Cando Trump afirma que o seu programa aspira a facer a América grande de novo, non está moi lonxe do xa adiantado polos dirixentes chineses dende hai décadas, unha modernización entendida como a recuperación da grandeza perdida. Se estes, en espiral ascendente, invocan un pasado algo remoto, en Washington a obsesión radica en impedir o declive a calquera prezo.

Confucio & Mao

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
¿Un socialismo con peculiaridades chinesas ou unha China con peculiaridades socialistas? Como explico en “Marx & China. La sinización del marxismo” (Akal, 2025), a adaptación é o signo principal da política chinesa contemporánea. Sen embargo, ao analizar a súa evolución, hai tempos ben marcados. No maoísmo, por exemplo, tanto antes como despois do triunfo da revolución, esa adaptación referiuse en exclusiva ao marxismo ao tempo que amosaba unha clara liña de continuidade respecto ás críticas á cultura tradicional habituais nos movementos modernizadores que dende o século XIX fixaban a súa atención nas correntes intelectuais procedentes dun Occidente de signo emancipador fronte ás servidumes do pensamento clásico chinés.
“Declaración de Pequín” o 23 de xullo de 2024, por parte das delegacións dunha ducia de faccións palestinas, incluídas Fatah e Hamás. Fonte fotografía: Ministerio de Asuntos Exteriores da República Popular da China.

China, de Ucraína a Gaza

Na asemblea xeral que a ONU celebrou en New York, o Presidente Volodymyr Zelensky, voltou pedir a China que presione a Rusia para que acepte un cese das hostilidades. Na mesma tribuna, o colombiano Gustavo Petro instaba a China a ser parte dunha acción militar para frear o xenocidio israelí. Pero, que tanto pode facer China para traer a paz?....

Europa ante o espello

Unha das mellores sínteses explicativas da guerra de Ucraína foi a expresada por Xiang Lanxin, director do Institute of Security Policy de Shanghai: “Rusia non ten razón pero ten as súas razóns”. É unha perspectiva moi compartida no Sur Global e a falta dela está na orixe da cegueira europea e occidental. En 2019, Macron, textualmente, certificaba a “morte cerebral” da OTAN. Poucos anos despois, a guerra na Ucraína situábana camiño dunha sorprendente resurrección.

A causa militar contra Plácido Castro

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
As dilixencias previas instruidas contra Plácido Castro pola autoridade militar en agosto de 1939, “Año de la Victoria”, revelan algúns aspectos de interese a propósito da caracterización desta “persona de marcada significación izquierdista”. Igualmente, é sintomático dos tópicos daquel tempo e da represión exercida contra a militancia democrática.
Bolsa de Shangai. Fonte: Wikimedia

Unha China máis privada?

Coa previsible aprobación da primeira lei de promoción da propiedade privada nas sesións parlamentarias chinesas deste marzo, opérase un salto cualitativo no proceso de institucionalización deste sector da economía non pública trala aprobación, en 2007, do código de dereitos reais que xa sinalaba o papel destacado do sector privado no conxunto da economía chinesa.