Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.
Artigos de Ríos, Xulio

De Don Ramón a Don Plácido
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
As relacións entre Ramón Otero Pedrayo e Plácido Castro constitúen unha das mostras máis expresivas da fonda cohesión humana e intelectual que caracterizou o galeguismo histórico. Mantida ao longo de varias décadas, sobreviviu ás distancias físicas, ás dificultades políticas e ás circunstancias persoais, conservando sempre un fondo de admiración mutua e de amizade sincera que se manifesta tanto na correspondencia como nas dedicatorias que ambos se intercambiaron.

Facerlle a pelota a Trump
Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
Como o Nobel da Paz segue resistíndose, sempre aparece alguén disposto a cubrir o baleiro. Desta vez tocoulle á FIFA. O seu presidente, Gianni Infantino, decidiu distinguir a Donald Trump cun premio da paz, demostrando unha vez máis que, en determinados despachos, o servilismo institucional segue gozando de excelente saúde.

SAIC en Ferrol: Galicia na nova xeografía industrial de China
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica Paradiplomácia Observatório da Política Chinesa
A posible chegada de SAIC a Ferrolterra constitúe moito máis que un novo proxecto empresarial. Hai varios elementos que permiten distinguir o proxecto de SAIC de experiencias anteriores.

Que gaña China nesta guerra?
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
A China espántalle a inestabilidade. De Lao Zi a Confucio, pasando por Sun Zi, a guerra non só non é desexable, senón un recurso lamentable e excepcional. A sabedoría chinesa está inzada de advertencias directas, mesmo viscerais, contra o belicismo, configurando unha tradición estratéxica que sitúa a harmonía no cumio dunha orde social asentada na concordia como principio reitor do pensamento clásico.

Irán en clave Tucídides
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
Son moitas as causas que se citan para intentar comprender as razóns que inspiran o ataque dos EEUU e Israel contra Irán. E resulta cada vez mais evidente que a angustia imperial estadounidense ante o temor á perda da hexemonía global fronte a China é a causa principal. Todos os camiños conducen a Beijing. Dende a disciplina hemisférica aplicada sen miramentos a América Latina ata Groenlandia pasando agora por Oriente Medio, a necesidade de frear a influencia do xigante oriental asoma como factor determinante.

China, un Cabalo a galope
Apartados xeográficos Ásia
Foi Xu Beihong quen converteu o cabalo chinés nun manifesto político e estético. Xu transformou o cabalo nun símbolo moderno da China, dotado de enerxía, dignidade, resistencia e vontade moral. Os seus cabalos encarnan un ideal ético e tamén estatal. Dominou a pintura tradicional chinesa a tinta, pero incorporou o realismo anatómico occidental, aprendido en Francia, o que lle deu ás súas obras unha forza sen precedentes na pintura chinesa do século XX.

O mundo que vén: áreas de influencia?
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
A brutal agresión imperial do réxime de Donald Trump foi aliñada co hipotético propósito de establecer -e supostamente recoñecer- esferas de influencia exclusivas xunto a outros actores como Rusia e China, os únicos competidores substanciais que, a nivel global, demostran unha firme vontade de exercer a súa plena soberanía.

(IV) Diáspora: Crear estrutura
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
O discurso a propósito da diáspora debe complementarse con iniciativas estruturais que operen como aglutinantes e dinamizadores do seu potencial. Dos intentos, poucos casos teñen sido minimamente exitosos. En parte, pola instrumentación, tamén polo desprezo de establecer amplos consensos nestes eidos e, finalmente, por falta de constancia e a busca de resultados rápidos.

Nós fóra da UNESCO
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Días atrás, dixo o presidente Pedro Sánchez na Moncloa que promoverá a incorporación de Catalunya e Euzkadi á UNESCO. Outra gran cultura peninsular, a de Galicia, non. Quedamos fóra. Alguén pensará que é así porque na Xunta goberna o PP, ou porque carecemos do poder decisivo que teñen outros facéndoo valer en sede parlamentaria. Pero non só. As responsabilidades son máis amplas.

(III) Diáspora: Un ecosistema internacional propio
Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
En primeiro lugar, unha diáspora numerosa e cohesionada funciona como comunidade ponte. Conecta realidades sociais, culturais e económicas diferentes, facilitando a circulación de ideas, contactos e oportunidades. Alí onde un corpo diplomático formal chega con lentitude e protocolos, a diáspora pode actuar con naturalidade, rapidez e unha capacidade de inserción que ningún plan oficial pode replicar. É un capital relacional acumulado durante décadas que permite abrir portas, reducir desconfianzas e crear condicións de diálogo estable.
