Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é o Secretario do IGADI e coordinador da Liña de análise e investigación en Economía. É profesor do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización e doutor en Economía e Empresa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É membro do Grupo POSMARK e do IDEGA. É Director do Diploma de especialización en Economía e Política China da USC-IGADI.
É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de innovación en Galicia, na xestión e aplicación dos Fondos Europeos para o desenvolvemento rexional e na innovación tecnolóxica medioambiental.
Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais e publicou libros e numerosos artigos en revistas científicas e técnicas, ademais de colaborar con diferentes medios de comunicación.
A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) 2025-2029 constitúe un paso relevante na consolidación da acción exterior como política pública estruturada en Galicia. O presente artigo ofrece unha análise crítica da EGAEX, destacando aspectos positivos e limitacións en concreción estratéxica, capacidade executiva e adaptación ao novo contexto da economía internacional.
O transporte en tren é fundamental a nivel estatal, e en Galicia vertebra o Eixo Atlántico, iso si, en agarda da unión en condicións co Norte de Portugal, que demora hai décadas polo centralismo de Madrid e Lisboa. Pero se hai un transporte que é relevante hoxe en día en Galicia a nivel de vertebración do territorio por causa do espallamento de núcleos de poboación, ese é o autobús, especialmente en ausencia dunha rede funcional de proximidade ferroviaria. Ata hai relativamente poucos anos, o sector do transporte en autobús estaba caracterizado por ser un sector moi atomizado, o que permitía conectar parte dos núcleos rurais con certa independencia respecto doutros traxectos interurbanos. Ademais, o modelo de pequenas empresas permitía fixar poboación e crear valor noutras localidades diferentes das cidades, certo que ás veces a custo de perder certa eficiencia económica. Mais nos últimos anos foise producindo no sector do transporte en autobús unha concentración do mercado pola vía de transmisións de titularidades, compras ou fusións, que foron expulsando do mercado ás empresas pequenas e medianas. Ademais, as licitacións e conformacións de unións temporais de empresas foron favorecendo estas dinámicas.
Desde o primeiro día de xaneiro de 2026 a Dirección Xeral de Tráfico considera obrigatorio o emprego das novas balizas V16. Estas luces de emerxencia obrigatorias emiten unha luz amarelo auto en 360º, cunha potencia de entre 40 e 700 candeas e que as fai visibles a un quilómetro de distancia. O orixinal deste dispositivo é que aos 100 segundos de activación, transmite a tráfico a súa xeolocalización e emite ese sinal cada 100 segundos para que a DXT saiba en que punto se localiza o vehículo detido. Claro, se atendemos á definición da RAG, unha baliza é un sinal destinado a guiar o tráfico indicando os puntos ou ruta a seguir ou evitar.
Permanecer cegos ante o mercado chinés non é unha opción intelixente para as empresas do país. Se ben a primeira potencial mundial en termos de PIB continúa a ser EEUU, o país asiático avanza a ritmo constante no proceso de achegamento ao líder.
As razóns permanentemente cambiantes e non baseadas en feitos constrastados levan a que ninguén poida hoxe explicar con seguridade cales son os motivos reais da actual guerra en Irán. Mentres, Israel bombardea ao Líbano, gañando terreo no sur do país. Estamos tamén na véspera do vindeiro cumio en Beijing entre Xi Jinping e Donald Trump. Este último, semella perdido nunha fuxida cara adiante cuxo único aliado é Netanyahu. A falta de recuperación da economía norteamericana, acompañada pola perda de popularidade interna dos republicanos, xunto á publicación dos papeis de Epstein e as próximas eleccións estadounidenses de metade de período pairan no horizonte. Mentres todo isto acontece, os civís iranianos e libaneses deben soportar o medo e as agresións externas, e o resto do mundo a escalada da inflación. Ninguén no seu san xuízo pode defender a violencia asimétrica sobre a poboación como medio para impoñer un discurso.
O ano 2026 presentábase de inicio como un exercicio de transición: nin estamos xa na fase máis aguda das crises acumuladas dos últimos quince anos, nin se pode falar dunha estabilidade plena. Pero a economía internacional móvese nun equilibrio fráxil entre a recuperación, a fragmentación xeopolítica e a transformación estrutural. Proba diso son os recentes acontecementos en Oriente Medio. Ata o comezo da guerra ilegal de Irán, impulsada polo binomio Trump-Netanyahu, albiscándose un horizonte económico de recuperación en Europa. Non obstante, a escalada dos prezos do petróleo ameaza con estender unha mancha negra no horizonte a curto e medio prazo. A duración deste conflito -ou outros derivados que puidesen xurdir- marcará a evolución económica no presente exercicio. Mentres tanto, podemos sinalar algunhas tendencias na economía global.
Non todos os 9 de marzo se cumpren 250 anos da publicación dunha das principais obras de economía en toda a historia da humanidade, pero iso si acontecerá o próximo día 9. Nese mesmo día de 1.776, Adam Smith publicaba o libro titulado “Unha investigación sobre a naturaleza e causas da riqueza das naciones” (An […]
A antiga orde bipolar do mundo propia da Guerra Fría foi dando a paso a unha orde unipolar pilotada desde os EEUU. Sen embargo, o desenvolvomento económico das economías asiáticas e europeas froito da deslocalización das cadeas globais de valor foi dando paso progresivamente a unha nova recomposión do taboleiro mundial en forma de multilateralismo.
Se nas últimas edicións do Informe Nós No Mundo puxemos o acento na necesidade de activar a Lei de Acción Exterior de Galicia, publicada no DOG no 2021, este ano centramos o foco na nova Estratexia Galega de Acción Exterior 2025-2029. Despois de catro anos de preparación pública, oficializouse en marzo do 2025, sendo o primeiro marco estratéxico da nosa Acción Exterior trala aprobación da Lei no 2021.
As primeiras evidencias da cultura chinesa en Macau datan entre 4000 e 6000 anos. Tras formar parte durante diferentes dinastías da provincia de Cantón, de Nanhai e Dongguan, no século XII pasou a depender administrativamente do novo distrito de Xiangshan. Pero Macao non se desenvolveu como establecemento importante ata a chegada dos portugueses en 1513. Pero non foi ata 1553 que comezou a presenza permanente lusa en Macao, cando comezaron a establecer almacéns de comercio en terra. Tanto comerciantes portugueses como chineses afluíron a Macao, que rapidamente se converteu nun polo importante no desenvolvemento do comercio de Portugal con India, China do sur, Xapón, e Sueste Asiático. Máis tarde, Macao foi alugado por Portugal ao Imperio chinés como porto comercial (1557), os portugueses pasaron a administrar a cidade durante máis de tres séculos baixo autoridade e soberanía de China. A pesar do trunfo español na batalla de Alcántara (1580), da unificación ibérica e o recoñecemento da soberanía de Felipe II, Macao mantivo a súa autonomía, o seu comercio e a bandeira de Portugal.
Xestionar o consentimento das cookies
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. A falta de consentimento ou a retirada do consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
Funcional
Sempre ativo
O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun determinado servizo expresamente solicitado polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Márketing
O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.