Lista Rede IGADI
Vinculacións Prácticas
~ Estudante do Grao en Relacións Internacionais da Universidade da Coruña, na especialidade de Cooperación para o Desenvolvemento. Conta con experiencia previa en proxectos intereuropeos e ten especial interese nos estudos de Europa do Leste, Eurasia e o Cáucaso.
Artigos de Serrano, Nicolás

Kazakhstán no taboleiro euroasiático: xiro xeoestratéxico e desafíos de seguridade
Apartados xeográficos Ásia
O terremoto xeopolítico provocado pola invasión rusa de Ucraína alterou estruturalmente as dinámicas de seguridade no espazo postsoviético, forzando a Kazakhstán a repensar a súa histórica subordinación a Moscova.1 Nun movemento tan prudente como audaz, o goberno de Kassim-Dzhomart Tokáiev iniciou un progresivo xiro xeoestratéxico caracterizado por un distanciamento político e, de xeito moi salientable, militar respecto da Federación Rusa.2 Esta terceira e derradeira entrega analiza como Astaná busca redefinir a súa arquitectura de seguridade, diversificar as súas alianzas de defensa, afrontar a ameaza irredentista do Kremlin e blindar a súa estabilidade interna baixo o paraugas da nova Constitución aprobada en marzo de 2026.3

Kazakhstán no taboleiro euroasiático: novos horizontes económicos
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
Kazakhstán, outrora unha esquecida república esteparia, atópase hoxe nunha auténtica encrucillada económica. Os seus vastos recursos —desde as maiores reservas mundiais de uranio ata enormes xacementos de terras raras— e a súa localización estratéxica no corazón de Eurasia converteron o país nun imán para o investimento estranxeiro e nunha peza clave do taboleiro enerxético e loxístico global. As grandes potencias compiten por asegurar o acceso aos seus recursos e corredores de transporte, mentres Astaná responde cunha ambiciosa axenda de desenvolvemento destinada a transformar o perfil económico do país e consolidar o seu papel como potencia media emerxente.

Kazakhstán no taboleiro euroasiático: o espertar dun xigante
Liñas de investigación Relações Internacionais e Geopolítica
No último ano, unha extraordinaria sucesión de mandatarios mundiais — do chinés Xi Jinping (1) ao ruso Vladimir Putin (2), o estadounidense Donald Trump (3) e a presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen (4)— reuniuse cun líder común: o presidente de Kazakhstán, Kassim-Dzhomart Tokáiev. Esta diplomacia consecutiva —un “hat trick” de encontros entre Oriente e Occidente— subliña que Kazakhstán, ata agora unha esquecida república esteparia, converteuse de súpeto nun actor a observar no taboleiro de xogo en Eurasia. Mais por que?
