,

Caixa 30 Aniversario

25,00  (con IVE)

Escolle seis títulos e recibe a Caixa 30 aniversario por 25€ gastos de envío incluídos (os envíos serán feitos en 15 días)

Categorias: ,

Desde as Coleccións das nosas publicacións regulares e publicacións especiais, poderás dar unha volta ao mundo do pasado. Da caída do Muro de Berlín á caídas das Torres Xemelgas, da emerxencia chinesa e os Xogos Olímpicos de Beijing ou a crise económica global do 2008-2010, ao impulso e depresión da Unión Europea, da fallida Constitución europea ao Brexit, o mundo multipolar, a pandemia ou a guerra. O IGADI xa estaba aí cando aconteceu.

Como centro especializado en paradiplomacia, como campo de estudo e acción desde Galicia (cidadá, local, migrante, ecoloxista..) o IGADI impulsou nestes 31 anos o debate académico así como proxectos concretos para comprender e artellar as conexións do local co global desde Galicia.

Hoxe somos un centro de referencia arredor da Paradiplomacia en Europa, América, África ou Asia.

Para coñercer a evolución da sociedade internacional e o perfil internacional de Galicia nun mundo cada vez máis pequeno e interdependente, nada mellor que facerte unha Caixa 31 anos IGADI.

ESCOLLE SEIS TÍTULOS e recibe a Caixa 30 aniversario por 25€ gastos de envío incluídos:

Podes indicar no cadro de Observacións na finalización do pedido cales son as túas escollas ou o IGADI contactará contigo para pedir a lista.