O legado do Cumio do Futuro
O sistema das Nacións Unidas (NN.UU.) enfróntase a unha crise sen precedentes. Exemplos como a agresión de Rusia a Ucraína, que vulnera frontalmente o principio de prohibición do uso da forza, e os ataques masivos a civís por parte de Israel contra a poboación de Gaza, que pisotean o dereito humanitario, amosan unha erosión dos piares do sistema internacional de seguridade colectiva e de cooperación internacional, e non son feitos illados. A incapacidade da estrutura xurídica e institucional de NN.UU., para adaptarse a unha nova realidade xeopolítica, e a súa falta de eficacia para dar resposta ás crises multidimensionais das últimas décadas, fan necesaria unha revisión das súas bases que responda aos desafíos da gobernanza no século XXI.
O legado do Cumio do Futuro Read More »









