Enerxía : Palabra chave

Fotovoltaica

A revolución fotovoltaica en Galicia virá de Europa

Liñas de investigación Economia União Europeia
Apartados xeográficos Europa

Segundo informa o Parlamento Europeo, tres cuartas partes das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE débense ao sector da enerxía, que envolve á produción de electricidade, de calor, e ao seu transporte. Por este motivo, e para acadar o obxectivo de neutralidade climática da UE para 2050, acelerar a implantación das enerxías renovables é un factor clave para reducir as emisións do sector eléctrico e avanzar na estratexia “verde” europea. Ademais, a escalada da guerra na Ucraína acelerou a necesidade de desconexión europea das enerxías fósiles, tanto pola “recomendación” da OTAN de non contratar co veciño ruso como polo encarecemento  enerxético froito das compras de gas natural licuado estadounidense.  

Cócese unha nova xeopolítica enerxética en Oriente Medio

Apartados xeográficos Oriente Médio

Definir o futuro sirio é vital para establecer un novo marco xeopolítico e enerxético dende Oriente Medio ata Asia Central, cuxas repercusións faranse sentir no taboleiro global. Por tanto, e amparada na busca dun marco de estabilidade dentro do post-conflito sirio, o cumio de Sochi (Rusia) celebrado o pasado 22 de novembro ten un marcado …

Cócese unha nova xeopolítica enerxética en Oriente Medio Read More »

Un Cáucaso Sur estratéxico pero esquecido

Apartados xeográficos Rússia

Enclavado dentro do estratéxico espazo euroasiático ex soviético, o Cáucaso Sur dirime un pulso de intereses xeopolíticos e de carácter enerxético do que non escapan seculares conflitos internos de carácter político, etno-lingüístico e incluso cultural-relixioso. Aparecen así conflitos sen resolver en entidades estatais de feito (Nagorno Karabaj, Osetia do Sur, Abxasia), expresións de irredentismo secesionista …

Un Cáucaso Sur estratéxico pero esquecido Read More »

China branquea a súa política africana

Trala apertura do cume do Clima de París, o presidente chinés Xi Jinping viaxou ao continente africano nos primeiros días de decembro para participar no sexto encontro China-África (os anteriores celebráronse trianualmente desde 2000 en Beijing, Addis Abeba e Sharm O-sheik) nun contexto dobremente adverso, marcado pola redución dos investimentos nun 40 por cento e …

China branquea a súa política africana Read More »

Xogo de tronos á europea

Apartados xeográficos Europa

O 2014 é arestora un ano convulso no escenario internacional para os intereses occidentais. Exemplos existen para considerar esta perspectiva: a prolongada e sanguenta guerra civil siria; o conflito palestino, con especial incidencia na agresión israelí a Gaza; o xurdimento do Estado Islámico no corazón de Oriente Medio; e principalmente as tensións rexionais entre Ucraína …

Xogo de tronos á europea Read More »

A “enerxía” de Alxeria

Apartados xeográficos Europa

A recente visita a Alxer do ministro español de Exteriores, José Manuel García-Margallo, relanza as opcións do país magrebí de consolidarse como un socio enerxético chave para Europa, en particular pola intensificación das crises de Ucraína e Crimea, que condicionan a dependencia enerxética europea de Rusia.

Nova xeopolítica no Mediterráneo Sur

Apartados xeográficos Outros

A Zona Económica Exclusiva (ZEE) localizada no Mediterráneo Sur estase a converter nun tenso e dinámico escenario de pulsos xeopolíticos, determinados desde 2008 tralos descubrimentos de reservas de gas natural e petróleo en bloques de campos localizados na plataforma económica da República de Chipre.