Fondo Galego : Palabra chave

1666287463259

Fondeando aquí

O tempo fai a substancia, diría Borges. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que agora celebra os seus 25 anos de existencia instituído como axencia local para a cooperación internacional, é un exemplo dese estreito vínculo entre o paso do tempo e a adquisición de certa substancia. Probablemente, o segredo da súa perennidade, e por tanto tamén do seu éxito, radique na confianza en alentar algo xenuíno e propio.

Libro homenaxe a Xulio Rios Paredes

A revolución das pequenas cousas… e de outras non tan pequenas

Desde mediados dos anos setenta do século XX e até o cambio de século, o fío vermello das insurreccións revolucionarias e as mobilizacións populares en América Latina balizou a historia da solidariedade internacionalista en Galicia. O apoio aos pobos palestino e saharauí, a atención concedida aos exiliados e aos resistentes fronte ás ditaduras suramericanas e mais o compromiso coas nacións sen Estado en loita para acadar a súa soberanía completaban o cartafol das nosas solidariedades. A cartografía esencial: nas orixes, o apoio á Revolución cubana fronte ao bloqueo dos EEUU; despois Nicaragua, O Salvador e Guatemala, O Brasil do MST e, desde o 31 de decembro de 1994, a insurrección zapatista en Chiapas e… outravolta a Nicaragua das mobilizacións campesiñas en tempos do neoliberalismo voraz.

manolorial

Recoñecemento para Manuel Rial Cadaval

Foi o 30 de novembro de 1996, hai xa vinte anos, cando reunimos en Nigrán, Pontevedra, a diferentes actores para poñer a andar o que logo sería o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Alí estaban alcaldes e concelleiros de formacións políticas diversas, traballadoras sociais, xestores de organizacións non gobernamentais… Manuel Rial, daquela socio na …

Recoñecemento para Manuel Rial Cadaval Read More »

Premios e castigos

O Fondo Galego é unha rede de municipios cooperantes con case vinte anos de existencia. O seu modelo xurdiu con singularidades específicas en tempos en que tanto as redes como a cooperación eran pouco menos que extravagancias. O éxito da súa creación non é recoñecido aquí (con tantos premios para tantas cousas) pero si fóra: …

Premios e castigos Read More »