Guerras : Palabra chave

ucraina

A guerra na Ucraína sen solucións visibles, nin militares, nin políticas

Apartados xeográficos Europa

A irrupción en maio das tropas rusas na zona de Kharkiv, que pareceu exitosa nos primeiros días debido principalmente á falta de preparación da defensa ucraína, pronto se retardou e comezou a parecerse á situación no resto da fronte estendida: sen preocuparse polas perdas significativas, os rusos están a presionar ferozmente, ocupando asentamentos insignificantes, pero sen conseguir o éxito desexado. Algúns observadores obxectivos, á vista do abandono dalgunhas zonas por parte das tropas ucraínas, conclúen que Ucraína está a perder actualmente a guerra, pero isto non significa que os rusos estean preto da vitoria. Quen prevaleza quedará claro só despois de moitos anos de guerra de desgaste.

agenda for peace

Cales son os principais desafíos aos que se enfrontan as NNUU de cara a celebración do Cumio do Futuro? A resolución de conflitos (Oitava parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

ucraina

O novo mandato de Putin será de máis guerra

Apartados xeográficos Europa Rússia

O 7 de maio V. Putin celebrou no Kremlin por quinta vez a súa investidura como presidente. Malia estar avisado que os resultados da votación non serían recoñecidos debido á inclusión das rexións anexionadas de Ucraína e de ter recibido escasas felicitacións do estranxeiro, o dono do Kremlin estaba contento de ter o permiso formal para gobernar ata 2030 un dos países máis grandes do mundo. Coa aprobación, voluntaria ou por resignación, que lle daba a maioría dos seus súbditos para continuar a súa traxectoria imperialista de recuperación da “grandeza da Nai Patria”, impoñéndose á “contorna inimiga”, que supostamente non tiña outro obxectivo que destruíla a calquera prezo.

Os tanques do exército estadounidense enfróntanse contra a blindaxe soviética no Checkpoint Charlie, Berlín, outubro de 1961. Fonte: US Army

Estados Unidos y la Guerra Fría

Aunque la Segunda Guerra Mundial tuvo un alto costo en vidas para Estados Unidos, este resultó considerablemente menor que para aquellos países que tuvieron que enfrentarla en la primera línea de combate. Más aún, el resurgimiento económico representado por el esfuerzo industrial bélico, elevó la economía de ese país a niveles sin precedentes. Estados Unidos emergió de ese conflicto, en efecto, como la nación más rica y poderosa del mundo. Su PIB, que en 1939 rondaba los mil millones de dólares, se disparó a 135 millardos de dólares en 1945, habiendo duplicado su capacidad productiva durante esos seis años. La guerra permitió la creación de 17 millones de nuevos empleos, dobló los salarios de la nación e hizo posible que los ahorros se multiplicaran siete veces.

ucraina

O escándalo do cabaré e o fenómeno Zelenskyi

Apartados xeográficos Europa

Sumida nunha guerra extremadamente brutal contra a agresión rusa, Ucraína entrou no ano 2024 cun escándalo notorio. O popular cabaré “O Barrio vespertino” no seu tradicional espectáculo de Aninovo mostrou como una suposta refuxiada do territorio ocupado por Rusia, considerado predominantemente rusofalante, trataba de falar ucraíno. En lugar da fala coloquial ucraína contaminada polo ruso, que adoita escoitarse no sueste do país, os autores do bosquexo poñen en boca da refuxiada, de aspecto desagradable, palabras ucraínas equivocadas, que fan soar o seu discurso non só parvo, senón tamén obsceno.

A industria militar non dá abasto

O informe que o SIPRI (Instituto Internacional de Investigación para a Paz de Estocolmo) ven publicando dende 2015 a propósito da evolución do mercado mundial do armamento sorprendeu este ano ao dar conta dunha tendencia á baixa no volume de negocio das 100 maiores empresas do sector. Pero non é porque haxa menos demanda senón porque non dan abasto na produción.

As guerras de Trump

A súbita proposta de Donald Trump de aumentar a US$ 54.000 millóns o orzamento de Defensa de EUA, un 9% do PIB e o maior aumento do gasto militar estadounidense nunha década, dispara as especulacións sobre unha reordenación do equilibrio militar mundial trazado por Washington, con incertas expectativas principalmente cara Rusia tralo “Flynn-gate”, a designación …

As guerras de Trump Read More »

Refuxiados

Apartados xeográficos Outros

Como é costume, o cumio de Nacións Unidas sobre refuxiados e migrantes celebrado en setembro último en Nova York rematou cunha declaración; e, como tamén é habitual, o seu ton, xeneroso co respecto formal dos dereitos humanos de todas as persoas, compleméntase coa restrición do seu carácter non vinculante. Resultan así meras declaracións de intencións …

Refuxiados Read More »