Portada World Citizen

World Citizen: Salvador de Madariaga e as redes pioneiras do mundialismo

Toda causa social polo ben común da Humanidade precisa de persoas, redes e institucións pioneiras que albiscan horizontes de esperanza en tempos borrascosos, pensan en alternativas de futuro e viven contracorrente. Velaquí a vida de Salvador de Madariaga entre 1927 e 1950, un período no que se entregou á causa do mundialismo. Unha etapa vital descoñecida para o grande público e que a propia memoria autobiográfica de Madariaga agochou entre as bambolinas do seu europeísmo…