Palestina : Palabra chave

images actividades palestina

Paz desigual: o plan de Trump perpetúa o colonialismo sobre Palestina

O pasado xoves, 9 de outubro de 2025, case dous anos despois do inicio da incursión militar de Israel en Gaza, Israel e Hamás anunciaron un acordo de alto o fogo. Agardamos que este pacto poña fin ao xenocidio en curso e alivie, cando menos, o desastre humanitario na Faixa. É, sen dúbida, un paso necesario, mais só pode ser iso: o primeiro dun camiño que debería conducir a unha paz duradeira e xusta. Con todo, semella —ao noso ver— pouco probábel que o plan proposto polo presidente estadounidense Donald Trump, do que este alto o fogo sería apenas a primeira fase, poida conseguilo. Máis que un camiño cara á paz, o plan preséntase como unha nova capa na longa historia de sometemento colonial de Palestina. Vexamos por que.

Paz desigual: o plan de Trump perpetúa o colonialismo sobre Palestina Read More »

“Declaración de Pequín” o 23 de xullo de 2024, por parte das delegacións dunha ducia de faccións palestinas, incluídas Fatah e Hamás. Fonte fotografía: Ministerio de Asuntos Exteriores da República Popular da China.

China, de Ucraína a Gaza

Na asemblea xeral que a ONU celebrou en New York, o Presidente Volodymyr Zelensky, voltou pedir a China que presione a Rusia para que acepte un cese das hostilidades. Na mesma tribuna, o colombiano Gustavo Petro instaba a China a ser parte dunha acción militar para frear o xenocidio israelí. Pero, que tanto pode facer China para traer a paz?….

China, de Ucraína a Gaza Read More »

O presidente Donald Trump fala co primeiro ministro israelí Benjamin Netanyahu no Despacho Oval despois dunha rolda de prensa conxunta na que se anunciou o plan de paz dos Estados Unidos para Gaza, o luns 29 de setembro de 2025. (Foto oficial da Casa Branca de Daniel Torok)

Gaza: un cesamento do fogo condicionado e a gramática dunha paz tutelada

A xornada do 9 de outubro de 2025 marca un fito na guerra de Gaza: Israel e Hamás anunciaron un acordo para implementar a primeira fase do alto o fogo e o intercambio de prisioneiros, eixo central do plan de vinte puntos proposto pola Casa Branca a finais de setembro. O entendemento, negociado en Exipto co apoio de Qatar e Turquía, prevé un cesamento verificable das hostilidades, a retirada parcial das Forzas de Defensa de Israel e o troco gradual de reféns israelís por prisioneiros palestinos.

Gaza: un cesamento do fogo condicionado e a gramática dunha paz tutelada Read More »

Entrevista a Daniel González Palau, Director do IGADI, en “A Vivir Galicia” Cadena Ser

No marco do Día internacional da Paz, a entrevista centrouse na situación en Gaza e Palestina en conxunto. Pódese escoitar nesta ligazón a partir do minuto 4:40.

Entrevista a Daniel González Palau, Director do IGADI, en “A Vivir Galicia” Cadena Ser Read More »

Flag of Palestine

O recoñecemento occidental de Palestina: un punto de inflexión diplomático e xurídico

Resumo executivo Un xiro coordinado na diplomacia occidental Ata hoxe, 151 dos 193 Estados membros das Nacións Unidas recoñeceron o Estado de Palestina como suxeito de dereito internacional. Esta cifra, que supera amplamente o 75 % do total, vese agora reforzada co xiro de varias democracias occidentais que mantiveran reservas durante décadas. Reino Unido, Canadá,

O recoñecemento occidental de Palestina: un punto de inflexión diplomático e xurídico Read More »

catar bandera

Israel ataca Catar: soberanía vulnerada, mediación en crise e novas liñas vermellas en Oriente Medio

Resumo executivo O ataque israelí do 9 de setembro en Doha, dirixido contra dirixentes de Hamás refuxiados en Catar, constitúe unha violación flagrante da soberanía dun Estado mediador e marca un precedente inquedante no conflito de Gaza. Executada en pleno proceso de negociación dun alto ao fogo e de intercambio de reféns, a operación non

Israel ataca Catar: soberanía vulnerada, mediación en crise e novas liñas vermellas en Oriente Medio Read More »

Febreiro de 1956 Mapa do Plan de partición da ONU para Palestina, adoptado o 29 de novembro de 1947, co límite do anterior plan de partición da UNSCOP engadido en verde.

Palestina: entre a ocupación prolongada e a indiferencia global

Nos últimos meses, a traxedia palestina deixou de ser un conflito periférico para ocupar, novamente, o centro do taboleiro internacional. As cifras arrepiantes de vítimas civís, as condicións inhumanas en Gaza e a escalada de violencia sen freo reavivaron as demandas de xustiza, pero tamén as acusacións que, sen ambaxes, cualifican de xenocidio a actuación do Estado de Israel. Este artigo non pretende polemizar, senón contribuír a unha análise rigorosa dun proceso sistemático de desposesión e negación do pobo palestino, cuxas raíces históricas e expresións contemporáneas son cada vez máis evidentes.

Palestina: entre a ocupación prolongada e a indiferencia global Read More »

Fonte; Imaxe Wikimedia 2018

A estratexia de máxima presión de Netanyahu e a reanudación inxustificable da violencia

O reinicio dos bombardeos israelíes sobre Gaza, tras o fin do alto o fogo o 18 de marzo de 2025, representa unha escalada que carece de xustificacións estratéxicas sólidas. Cunha infraestrutura civil devastada e unha poboación que sobrevive en condicións extremas, a continuación destas operacións semella responder máis a unha lóxica de castigo colectivo ca á consecución de obxectivos militares concretos. Dende a perspectiva do dereito internacional humanitario, a distinción entre combatentes e civís é un principio fundamental, o cal en Gaza semella terse diluído por completo.

A estratexia de máxima presión de Netanyahu e a reanudación inxustificable da violencia Read More »

Na fotografía, de esquerda a dereita, Rubén Lois (USC), Tino Santiago (IGADI), Bichara Khader, Daniel González Palau (IGADI) e David Rodríguez (Fundación Araguaney)

Entrevista a Bichara Khader “O espertar da sociedade, tamén da galega, é útil para o pobo palestino”

Bichara Khader (Zababdeh, Palestina, 1944), profesor emérito da Universidade Católica de Lovaina, é especialista nas relacións euro-árabes. De pai protestante e nai católica, a súa vila natal do norte da actual Cisxordania tiña catro igrexas e dúas mesquitas, con musulmáns, católicos, ortodoxos ou melquitas convivindo no día a día. Unha situación moi diferente ao conflito permanente que se vive en oriente próximo desde hai décadas e a cuxa solución tenta contribuír Khader coas súas reflexións desde o mundo académico.

Entrevista a Bichara Khader “O espertar da sociedade, tamén da galega, é útil para o pobo palestino” Read More »

IGADI PALESTINA A traxedia permanente Presentacion 1x1 b

Galiza-Palestina, uma irmandade incessante: Bichara Khader, professor emérito da Universidade Católica de Lovaine e especialista em questões euro-árabe, visita Santiago de Compostela no dia 25 de junho

As atividades enquadram-se na geminação do ano 2002 entre Santiago de Compostela e Belém (Palestina-Cisjordânia) e no lançamento da publicação “Palestina: A Tragédia Permanente (1948-2024). Um apelo a acordar a Europa” que o Instituto Galego de Análise e Documentação Internacional (IGADI) publicou em galego no dia 17 de maio, o Día das Letras 2024 dedicado a Luisa Villalta.a.

Galiza-Palestina, uma irmandade incessante: Bichara Khader, professor emérito da Universidade Católica de Lovaine e especialista em questões euro-árabe, visita Santiago de Compostela no dia 25 de junho Read More »