Ucraína : Palabra chave

ucraina

O novo mandato de Putin será de máis guerra

Apartados xeográficos Europa Rússia

O 7 de maio V. Putin celebrou no Kremlin por quinta vez a súa investidura como presidente. Malia estar avisado que os resultados da votación non serían recoñecidos debido á inclusión das rexións anexionadas de Ucraína e de ter recibido escasas felicitacións do estranxeiro, o dono do Kremlin estaba contento de ter o permiso formal para gobernar ata 2030 un dos países máis grandes do mundo. Coa aprobación, voluntaria ou por resignación, que lle daba a maioría dos seus súbditos para continuar a súa traxectoria imperialista de recuperación da “grandeza da Nai Patria”, impoñéndose á “contorna inimiga”, que supostamente non tiña outro obxectivo que destruíla a calquera prezo.

Bandeira de Ucraína

Putin celebra unha vitoria que non é súa

Apartados xeográficos Europa

79 anos despois de que a Alemaña nazi capitulou ante a alianza da Unión Soviética, o Reino Unido, os Estados Unidos e Francia, cando fai décadas que marcharon os xenerais que comandaron as tropas vitoriosas e os combatentes reais teñen máis de 97 anos, Putin celebra en Moscova un desfile pomposo para facer crer ao mundo que é o único herdeiro da vitoria sobre o nazismo en 1945. E máis aínda, que a guerra de agresión contra Ucraína é tamén unha loita antifascista.

ucraina

O escándalo non é sobre o Papa

Apartados xeográficos Europa

A estraña frase que moitos atoparon escandalosa foi pronunciada polo Papa Francisco nunha entrevista gravada a principios de febreiro para ser emitida o 20 de marzo. O Papa concedeu a entrevista a Rádioa Televisión Suíza (RSI) de lingua italiana, pero alguén filtrou anticipadamente as palabras do Pontífice nun episodio dedicado ao branco, a cor do ben, da luz.

Bandeira de Ucraína

Incerto comezo de 2024 para a guerra en Ucraína

Apartados xeográficos Europa

Desde o venres do 29 de decembro, Ucraína sofre os peores ataques aéreos desde o comezo da invasión rusa a gran escala. Utilízanse todo tipo de armas de ataque, incluídos drons, mísiles de cruceiro e balísticos. Cada día rexístranse decenas de mortos e centenares de feridos, destrucións en infraestruturas civís en Kíiv e outras cidades importantes. En cinco días, os rusos lanzaron uns 500 proxectís.

ucraina

O camiño de Ucraína cara á vitoria é difícil, pero non hai outro

Apartados xeográficos Europa

Estando en Toledo para unha reunión cos seus homólogos europeos, o ministro de relacións exteriores de Ucraína, D. Kuleba, non puido disimular a súa molestia cando os xornalistas lle preguntaron sobre a lentitude da contraofensiva ucraína. “Criticar o lento ritmo da contraofensiva é como cuspir na cara dos soldados ucraínos que están a sacrificar as súas vidas, avanzando e liberando un quilómetro tras outro de territorio ucraíno”.

ucraina

Sabemos que Ucraína vai gañar. Non se sabe cando

Apartados xeográficos Europa

O presidente ucraíno V. Zelenskii cualificou de histórica a decisión dos Países Baixos e Dinamarca de entregar varias ducias de avións caza F-16 a Ucraína. Co termo “histórico” quería destacar a importancia deste material para a liberación das terras ucraínas ocupadas e anexadas por Rusia, non obstante fai pensar na duración da toma da decisión, que se converteu nunha historia demasiado longa, do mesmo xeito que a duración da guerra que Ucraína leva pola súa independencia.

ucraina

A tropa de Putin

Segunda metade dos setenta. Meu pai sentaba na sala e poñíase a ler unha revista. Eu sentábame perto del rodeado dos meus tebeos: “El Jabato”, “Capitán Trueno”, “Zipi-Zape”, “Mortadelo y Filemón”… pasábamos un bo rato enfrascados na lectura e de vez en cando o meu pai facía algún comentario en alto, que eu non entendía. Algunha tarde, mentres se levantaba a facer café ou a falar coa miña nai, collía a súa revista e vía que tiña moita letra, moitísima letra, algunhas fotos e apenas algún debuxo, que ao contrario dos dos meus contos eu non entendía: nin chisca de gracia tiñan pensaba. Nin sequera os libros da escola tiñan tanta letra. Dende a miña visión de neno de pouco mais de dez anos aquela revista formaba parte do mundo incomprensible dos maiores, un mundo co que nos ameazaban cando en voz alta dicían aquela frase coa que remataban moitas discusións: “Cando sexas maior xa o entenderás”.

ucraina

Satisfacción razoable pola reunión de Jeddah

Apartados xeográficos Europa

“Estamos moi satisfeitos cos resultados do cumio”, declarou o luns Andrii Iermak, xefe de gabinete da oficina presidencial da Ucrania, referíndose ao encontro de representantes de arredor de 40 países na cidade saudita de Jeddah, a fin de semana pasada. Pódese dicir que foi excesivamente positivo ao falar de ‘cumio’ e ‘resultados’, porque ningún país estivo representado ao nivel máis alto nin se tomou ningunha decisión, nin sequera se emitiu un comunicado de prensa.

ucraina

Que non se perda o obxectivo, que é a paz

Máis de 500 días leva desenvolvéndose unha guerra brutal en Ucraína e o seu fin non se divisa no horizonte; máis aínda, cada día a perspectiva da súa conclusión vólvese máis distante e o inimigo insolente está cada vez máis empeñado en destruír todo o ucraíno, porque os ucraínos son inquebrantables na súa vontade de non obedecer as pretensións neo-imperiais de Moscova, continuando incólume a súa determinación de botar aos moscovitas da súa terra.

Fonte; Creative Commons www.kremlin.ru

Un Putin acabado?

O presidente ruso Vladímir Putin foi seriamente humillado polo fundador do Grupo Wagner, Yevgeny Prigozhin. Certo que este deu marcha atrás ao seu avance sobre Moscova pero moi probablemente, sen practicamente pegar un tiro, conseguiu boa parte do que pretendía sen dar a sensación de ser obrigado a se render…