Mapa de Uganda. Fonte: https://www.hrw.org/reports//2003/uganda0803/1.htm

Matar no nome de Deus: O caso de Alice Auma, Lakwena

En non poucas ocasións, tras unha morte violenta ou un atentado terrorista, sustentado ou máis ben escusado, nunha terxiversada interpretación dun sentimento relixioso, pode pasar que figuras públicas non perdan a ocasión de vincular de maneira errónea, a violencia cun determinado sentimento relixioso. Para comprobar que o fanatismo non é propiedade exclusiva de ningunha fe, chegaría con «viaxar» á Uganda de finais do século pasado.