Este sábado os medios de comunicación víronse asolagados de noticias asombrosas: o propietario e xefe da compañía militar privada “Wagner”, Prigozhin, afirmou que os militares rusos bombardearon o seu campamento, mataron os seus combatentes e que el non toleraría máis tales abusos. Nun día, as súas forzas ocuparan Voronezh, ao nordés de Ucraína, e Rostov, ao sueste, bloqueando todas as instalacións militares da zona, incluídos o mando do distrito militar e o cuartel xeral da denominada operación militar especial. Non atopou resistencia e esixiu que se lle permitise reunirse con S. Shoigu, ministro de Defensa ruso, e co xefe do Estado Maior ruso, Xeral Guerásimov…