Economia : Liña de investigación

A Galiza, enquanto sujeito económico, terá de reformular a sua estratégia no plano económico internacional para enfrentar os desafios que se avizinham. É por isso que o IGADI criou a presente Linha de Investigação em Economia, uma linha que tenho a responsabilidade e o prazer de coordenar e que visa refletir através dos contributos de diferentes autores de referência sobre a atividade económica galega em relação ao mundo e vice-versa.
Coordena: Diego Sande Veiga

images igadi o mundo desde aqui 2020 12 1

As charlas online “O Mundo Desde Aquí” achéganse á tecnoloxía e a innovación en Galicia coa presentación do libro “O estrangulamento tecnolóxico de Galiza”

O economista Diego Sande Veiga protagonizará a última das charlas online de "O Mundo Desde Aquí" que o IGADI organiza desde o ano 2019. A cita será o mércores 16 de decembro ás 19:00 na Canle de Youtube do IGADI e servirá para presentar o seu recente libro "O estrangulamento tecnolóxico de Galiza", editado por […]

As charlas online “O Mundo Desde Aquí” achéganse á tecnoloxía e a innovación en Galicia coa presentación do libro “O estrangulamento tecnolóxico de Galiza” Read More »

Principio do fin do Acordo de Libre Comercio MERCOSUR-UE

O pasado 28 de xuño a Unión Europea e o MERCOSUR chegaron a un pacto histórico. Tras mais de dúas décadas de negociacións, ambas partes asinaron un acordo de libre comercio que se ben aínda non está nin finalizado -fallan negociacións que seguen en curso- nin ratificado polos países membros, comeza a perfilar os seus

Principio do fin do Acordo de Libre Comercio MERCOSUR-UE Read More »

Liñas de investigación Economia
Apartados xeográficos Nacionalismos
15.javierlopez alemana

López Prol

Javier López Prol é doutor en Economía pola Universidade de Graz, Austria, e profesor asistente na Universidade Yonsei – Mirae en Corea do Sur. O seu traballo enfócase na mitigación do cambio climático e máis concretamente na transición enerxética- Particularmente na expansión das enerxías renovábeis variábeis (solar e eólica), e na súa integración nos mercados

López Prol Read More »

morell2

Morell

Empresario e Promotor da Iniciativa Paz Andrade, foi encarregado de apresentar a Iniciativa Paz Andrade no Parlamento da Galiza em 2013. Investigador asociado IGADI-OGALUS (Observatorio Galego da Lusofonía)

Morell Read More »

fotomiguelangel1

Martínez Pellitero

Economista e colaborador do IGADI. Conta con coñecementos aplicados nos estudos sobre desenvolvemento sostible, desigualdades socioeconómicas e procesos de transformación e cambio estrutural. Conta con xperiencia en integración da sustentabilidade no ámbito empresarial e desenvolvemento estratéxico, especialmente do marco de referencia de axenda 2030 e os 17 ods.

Martínez Pellitero Read More »


Artigos de Martínez Pellitero, Miguel Ángel

Eugenio Inocencio

Inocencio

Economista e Presidente da Associação de Turismo de Santiago (ATS). Foi embaixador de Cabo Verde en España, Portugal e Francia.

Inocencio Read More »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é o Secretario do IGADI e coordinador da Liña de análise e investigación en Economía. É profesor do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización e doutor en Economía e Empresa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É membro do Grupo POSMARK e do IDEGA. É Director do Diploma

Sande Veiga Read More »


Artigos de Sande Veiga, Diego

Nós no Mundo 2024

O papel da diáspora galega como axente de desenvolvemento e modernización da economía

A diáspora galega, composta por máis de medio millón de persoas no exterior, constitúe un fenómeno que evolucionou significativamente desde os grandes fluxos migratorios do século XIX e principios do XX ata a actualidade. Esta poboación, repartida principalmente entre América e Europa, foi clave na historia económica e social de Galicia. Hoxe, fronte aos desafíos da globalización e a modernización económica, a diáspora preséntase como un activo estratéxico de gran potencial.

A innovación medioambiental nas empresas e o sector público

Apartados xeográficos Outros
O crecente interese social e empresarial pola sustentabilidade é o punto de partida para o desenvolvemento das teorías de innovación ambiental. A evolución do corpus teórico ao longo do tempo deu lugar á existencia de diferentes definicións de innovación ambiental. A maioría delas refírense ao uso de procesos, produtos e formas administrativas ou de xestión para reducir o impacto ambiental. Pero a día de hoxe aínda non existe un consenso total sobre o  concepto, aceptándose xeralmente que as innovacións ambientais diferéncianse do resto en, como mínimo, dous aspectos: 1) Resultan en reducións do impacto ambiental, 2) O seu alcance vai máis aló dos límites da organización innovadora, incluíndo fenómenos sociais que posibilitan cambios nas estruturas institucionais e regulacións existentes.

Os aspectos económicos clave da Estratexia Galega de Acción Exterior

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia Economia
A singularidade cultural, histórica e linguística que caracteriza á Comunidade Autónoma galega, en combinación coa aplicación do principio de subsidiaridade, fan recomendable que no campo da acción exterior se desenvolvemento unha normativa e unha estratexia propias.  Empregando o vocabulario deportivo, a publicación da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa

Innovar e aproveitar a diáspora galega para o desenvolvemento económico

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Observatório das Diásporas Economia
Con datos do INE, o número de galegos no exterior superaba o medio millón (527.449) en 2023, case una quinta parte (19,54%) do total de habitantes censados en Galicia. O perfil maioritario de galegos no exterior é o de non nacidos na Comunidade Autónoma (73,32%), fronte aos nacidos en Galicia (26,68%). Con estas cifras Galicia continúa a ser a autonomía española con maior diáspora no estranxeiro, superando en 200.000 emigrantes a Andalucía, e en maior cantidade a Cataluña e Madrid.  

As tensións comerciais entre a UE e China en clave galega

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Economia
Tras un turbulento inicio do mes xuño, o 22 de xuño a UE e China decidiron darse unha tregua para evitar a escalada dos aranceis aos vehículos eléctricos. O comisario de comercio da UE, Valdis Dombrovskis, e o ministro de Comercio chinés, Wang Wentao, anunciaron nesa data que a proposta de suba dos aranceis aos vehículos chineses en Europa ía ser revisada. Para isto, anunciouse que a data límite sería o mes de xullo, no que comezarían a aplicarse as subas previstas en caso de non haber acordo.

O debate da produtividade dos Fondos Europeos

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Economia União Europeia
A entrada na UE supuxo un fito con acentuadas repercusións económicas para a nosa autonomía. Imbuídos nun proceso de construción neoliberal, cuxa esencia mesma xa apenas ocupa espazo no debate público, o certo é que a libre circulación de persoas e capitais trouxo algúns beneficios aparellados. Entre eles, o desenvolvemento e expansión de determinados sectores (no caso español o turismo, transportes, etc.) e, sobre todo, o fortalecemento das relacións comerciais comunitarias. Estas últimas representan hoxe en día arredor do 70% das exportacións totais da nosa economía, tendo Francia e Portugal un papel preponderante como destino.
IGADI Annual Report 2023-2024: Eleccións e Guerras perfilando a multipolaridade

Aspectos clave da economía mundial en 2024

Apartados xeográficos Outros
As tres preguntas máis recorrentes que nos formulan a aqueles que traballamos no ámbito económico e da xestión empresarial adoitan centrarse, non necesariamente por orde, nos seguintes aspectos: 1) A evolución esperable da economía; 2) As oportunidades de investimento; 3) O comportamento da bolsa e dos seus valores. É dicir, que procuran nos expertos na análise económica unha capacidade de vaticinio que habitualmente non é rigoroso ofrecer. A economía, como ciencia social, debería desconfiar de gurús preditores de, supostamente, achegan inmutables verdades económicas futuras. Polo contrario, as ciencias sociais, e polo tanto a economía, deben tratar de analizar a realidade en contextos de múltiples interdependencias entre axentes.

A revolución fotovoltaica en Galicia virá de Europa

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Economia União Europeia
Segundo informa o Parlamento Europeo, tres cuartas partes das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE débense ao sector da enerxía, que envolve á produción de electricidade, de calor, e ao seu transporte. Por este motivo, e para acadar o obxectivo de neutralidade climática da UE para 2050, acelerar a implantación das enerxías renovables é un factor clave para reducir as emisións do sector eléctrico e avanzar na estratexia “verde” europea. Ademais, a escalada da guerra na Ucraína acelerou a necesidade de desconexión europea das enerxías fósiles, tanto pola “recomendación” da OTAN de non contratar co veciño ruso como polo encarecemento  enerxético froito das compras de gas natural licuado estadounidense.  

Cinco décadas de apertura nas relacións económicas de Galicia con Portugal

A distancia cultural non é un tema destacado nos debates económicos. Fronte á idea de comercio global, a realidade das relacións económicas é que estas adoitan producirse de maneira frecuente dentro de bloques rexionais -con características comúns a nivel xeográfico, histórico, cultural, social, etc.- e a nivel interrexional. De esta idea xorden construcións históricas como a Unión Europea (UE), pero tamén outros espazos como NAFTA, ASEAN, MERCOSUR, ECOWAS, CAN ou o ALBA. Neste sentido, os vínculos culturais e históricos son un factor clave xa que, a menor distancia cultural entre países, menor cantidade de barreiras que sería preciso derrubar para comerciar.

Houston, temos problemas medioambientais

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Economia
Non cabe dúbida de que o problema medioambiental é unha das principais preocupacións a nivel mundial. Recibimos constantemente entradas de información nese sentido. Así, nos últimos días o presidente Biden (EEUU) manifestou –dentro dunha concepción bipolar mundial-  que se hai algo máis perigoso que Putin no mundo, iso é o cambio climático. A alteración das temperaturas, o derretemento dos casquetes polares, ou a extinción de especies de fauna e flora son algunhas das consecuencias xa palpables.
Isamara León de la Rosa, Raquel

Isamara León de la Rosa

É Directora do Observatorio de la Política China e parte do Consello Científico da revista do IGADI Tempo Exterior, na que coordenou o Tempo Exterior nº45 (xullo/decembro 2022) “Comercio e Relacións internacionais post-pandemia”. Doutora con distinción en Relacións Transpacíficas pola Universidade de Colima (México). Delegada mexicana da sección académica do programa “Ponte ao Futuro” do

Isamara León de la Rosa Read More »


Artigos de Isamara León de la Rosa, Raquel