Observatório da Política Chinesa : Liña de investigación

Observatorio de Política China

  • O OPCh é un grupo de traballo de estudo e análise, sen personalidade xurídica propia, e cunha dependencia funcional compartida entre IGADI e Casa Asia.
  • O obxecto do Observatorio é a análise e, no seu caso, a xeración de propostas en relación ás reformas legais e o Estado de dereito, unificación, evolución política xeral, dereitos humanos e política exteiror de China.
  • www.politica-china.com
  • Directora: Raquel I. León de la Rosa
  • Directora Adxunta: Marola Padín
  • Director Adxunto: Daniel González Palau
salvador

China: a receita do prodixio ¿Cómo chegou ata aquí? Salvador Beltrán Talamantes, Valencia, Editorial Tirant Lo Blanch (2025)

¿Quen non se preguntou como é posible que China, o segundo país máis pobre do mundo a mediados do século XX, sexa hoxe a segunda economía global e estea a disputar a primeira posición?

China: a receita do prodixio ¿Cómo chegou ata aquí? Salvador Beltrán Talamantes, Valencia, Editorial Tirant Lo Blanch (2025) Read More »

Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
Apartados xeográficos China e o mundo chinês
ano cabalo 2026

China, un Cabalo a galope

Foi Xu Beihong quen converteu o cabalo chinés nun manifesto político e estético. Xu transformou o cabalo nun símbolo moderno da China, dotado de enerxía, dignidade, resistencia e vontade moral. Os seus cabalos encarnan un ideal ético e tamén estatal. Dominou a pintura tradicional chinesa a tinta, pero incorporou o realismo anatómico occidental, aprendido en Francia, o que lle deu ás súas obras unha forza sen precedentes na pintura chinesa do século XX.

China, un Cabalo a galope Read More »

Apartados xeográficos Ásia
igadi nos no mundo 2025 weintheworld pages to jpg 0001 1

Da Lei Paz Andrade ás relacións de Galicia e España coa lusofonía: o caso Macau

Artigo orixinalmente publicado no Informe anual da Acción Exterior de Galicia -Nós No Mundo 24-25

Da Lei Paz Andrade ás relacións de Galicia e España coa lusofonía: o caso Macau Read More »

foro esp chn 2024 6

Arranca o projeto “Espanha-China: Associação Estratégica para o Conhecimento Mútuo”

O IGADI lança uma iniciativa de investigação, divulgação e diplomacia pública em torno da Associação Estratégica Integral entre Espanha e China. O projeto é desenvolvido graças ao financiamento da Secretaria de Estado dos Assuntos Exteriores e Globais, no âmbito da convocatória de projetos 2025 sobre Prioridades da Política Externa Espanhola.

Arranca o projeto “Espanha-China: Associação Estratégica para o Conhecimento Mútuo” Read More »

Modesto Corderi estivo entre o 26 e o 29 de decembro de 2025 na 第十一届IDEA国际戏剧教育应用与合作大会 11ª Conferencia mundial sobre teatro e educación convidado pola IDEA (International Drama/Theatre and Education Assocciation) celebrada no 中央戏剧学院 Central Academy of Drama de China en Beijing.

Macau máis alá do guión: Abrindo a linguaxe e a cultura a través da educación dramática

O ensino de linguas estranxeiras require hoxe máis do que nunca de enfoques innovadores que superen a repetición mecánica e acheguen ao estudantado á riqueza cultural que subxace en cada idioma. Neste traballo quixen amosar como as artes, e en particular a pedagoxía teatral, poden converterse nunha ponte creativa e sen estrés para a aprendizaxe do chinés mandarín.

Macau máis alá do guión: Abrindo a linguaxe e a cultura a través da educación dramática Read More »

Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
Apartados xeográficos Ásia
pt Visita CCCM Galicia 1

Macau, estratéxico para a economía galega?

As primeiras evidencias da cultura chinesa en Macau datan entre 4000 e 6000 anos. Tras formar parte durante diferentes dinastías da provincia de Cantón, de Nanhai e Dongguan, no século XII pasou a depender administrativamente do novo distrito de Xiangshan. Pero Macao non se desenvolveu como establecemento importante ata a chegada dos portugueses en 1513. Pero non foi ata 1553 que comezou a presenza permanente lusa en Macao, cando comezaron a establecer almacéns de comercio en terra. Tanto comerciantes portugueses como chineses afluíron a Macao, que rapidamente se converteu nun polo importante no desenvolvemento do comercio de Portugal con India, China do sur, Xapón, e Sueste Asiático. Máis tarde, Macao foi alugado por Portugal ao Imperio chinés como porto comercial (1557), os portugueses pasaron a administrar a cidade durante máis de tres séculos baixo autoridade e soberanía de China. A pesar do trunfo español na batalla de Alcántara (1580), da unificación ibérica e o recoñecemento da soberanía de Felipe II, Macao mantivo a súa autonomía, o seu comercio e a bandeira de Portugal.

Macau, estratéxico para a economía galega? Read More »

sinizacion xulio

China: planificación ou mercado?

En China veñen de aprobarse as liñas mestras do novo plan quinquenal, que marca obxectivos ata 2030 e fixa un horizonte estratéxico mínimo en 2035, cando se prevé alcanzar o primeiro chanzo do xiísmo, ese enfoque de longo prazo que proxecta o seu horizonte ata 2049, primeiro centenario da fundación da República Popular Chinesa. Xogando nesas longas franxas temporais, China leva tempo competindo noutra liga.

China: planificación ou mercado? Read More »