Observatório das Diásporas : Liña de investigación

Ao longo dos trinta e cinco anos de história do IGADI, a questão da migração esteve sempre presente, desde a reflexão sobre a migração como um fenómeno universal até à análise histórica dos movimentos populacionais e da identidade galega no estrangeiro. A diáspora desempenha um papel específico e crucial na construção das políticas de acção externa da Galiza. Desde 2023 que temos vindo a sistematizar esta linha de análise e investigação no Observatório da Diáspora.

Coordenadores: Facundo Reyna-Muniain e Paula Sabajanes.

Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Ano Castelao: Buenos Aires, quilómetro cero

Exercicio de memoria colectiva e oportunidade de concretar a Galicia Ideal con máis dereitos e representación para os cidadáns de ultramar. Un mapa, un espello e un proxecto de nós. O Ano Castelao é, probablemente, un dos exercicios de memoria colectiva máis estimulantes que se nos teña presentado nos últimos tempos. É tamén un desafío […]

Ano Castelao: Buenos Aires, quilómetro cero Read More »

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
ecosistema global

(III) Diáspora: Un ecosistema internacional propio

En primeiro lugar, unha diáspora numerosa e cohesionada funciona como comunidade ponte. Conecta realidades sociais, culturais e económicas diferentes, facilitando a circulación de ideas, contactos e oportunidades. Alí onde un corpo diplomático formal chega con lentitude e protocolos, a diáspora pode actuar con naturalidade, rapidez e unha capacidade de inserción que ningún plan oficial pode replicar. É un capital relacional acumulado durante décadas que permite abrir portas, reducir desconfianzas e crear condicións de diálogo estable.

(III) Diáspora: Un ecosistema internacional propio Read More »

2025, Ano Castelao: Río da Prata, quilómetro cero

O IGADI abre 2026 encerrando o seu Especial do Ano Castelao: Publicação extraordinária e programa especial na IGADI TV em 7 de janeiro

A publicação “2025, Ano Castelao, Rio da Prata quilómetro Zero” reúne as entrevistas, análises e artigos especiais publicados pelo Observatório das Diásporas do IGADI nos últimos 12 meses para dar voz à Galiza exterior. O especial foi coordenado a partir de Buenos Aires pela jornalista e investigadora associada do IGADI, Paula Sabajanes.

O IGADI abre 2026 encerrando o seu Especial do Ano Castelao: Publicação extraordinária e programa especial na IGADI TV em 7 de janeiro Read More »

Segue a IV edición da Coruña Global

Como foi a Gala da Coruña Global?

Podes ver na IGADI TV a Gala da Coruña Global celebrada o 18 de decembro na DOMUS. Subscríbete! Con Yolanda Castaño e Touriñán conducindo a volta ao mundo! Con Arturo Lezcano, Sofía Toro, Miguel Otero, Moisés Canle, Alfonso Gómez Crus… 

Como foi a Gala da Coruña Global? Read More »

capital relacional

(II) Diáspora: Capital relacional

Entender a diáspora como capital relacional implica concibila non como unha colectividade dispersa no mundo, senón como unha infraestrutura de vínculos: unha rede de relacións sociais, profesionais, económicas, culturais e institucionais que, se é activada con intelixencia, funciona como un recurso estratéxico de primeira orde.

(II) Diáspora: Capital relacional Read More »

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Durante a Presidencia de Manuel Fraga o IGADI xestionou os Foros Bilaterais para identificar as redes de conexión de Galicia coa súa diáspora.

Diáspora (I): O maior activo internacional de Galicia

Hoxendía, contar cunha axenda exterior é un trazo indispensable en calquera ámbito, dende a empresa, a cultura ou a política. Nese contexto, para Galicia, contar cunha diáspora constitúe un activo estratéxico de primeira orde e, en moitos casos, unha das palancas máis eficientes —e menos custosas— para proxectar influencia, visibilidade e interese nacional no exterior. Contar cunha diáspora significa dispoñer dunha rede mundial informal que complementa e ás veces supera a diplomacia tradicional. Supón ampliar o alcance internacional dun país, diversificar voces e engadir capas de lexitimidade social ás relacións exteriores. Enriquécese a acción exterior porque a fai máis humana, máis plural e máis conectada co mundo real, fóra das loxísticas ríxidas e dos discursos oficiais.

Diáspora (I): O maior activo internacional de Galicia Read More »

O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, na Sala Castelao da sede social onde se custodia o cadro “A derradeira leición do mestre” pintada en homenaxe a Alexandre Bóveda.

Especial Ano Castelao (XXIII) José María Vila Alén propón un plan director do patrimonio cultural das sociedades galegas na diáspora e incorporar a historia da emigración nos contidos educativos

O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, fai balance do Ano Castelao e destaca que se ten acadado un recoñecemento “definitivo” da figura do rianxeiro como precursor dunha Galicia Autonómica e como pensador dunha cartografía para “non perderse”.

Especial Ano Castelao (XXIII) José María Vila Alén propón un plan director do patrimonio cultural das sociedades galegas na diáspora e incorporar a historia da emigración nos contidos educativos Read More »

Carlos Ameijeiras Miñones, presidente da Asociación Benéfica e Cultural do Partido de Corcubión.

Especial Ano Castelao (XXII) ABC de Corcubión reclama a inclusión da asignatura “Historia da emigración galega” nos centros de ensino para que as novas xeracións coñezan a xesta patriótica dos galegos do exterior

O presidente da Asociación Benéfica e Cultural de Corcubión, Carlos Ameijeiras Miñones, vén de reiterar o seu pedido de que se inclúa na currícula educativa galega unha asignatura específica sobre a “historia da emigración” para que as mozas e os mozos de Galicia coñezan a xesta patriótica dos exiliados e dos emigrantes galegos. Fíxoo no marco desta entrevista sobre a iniciativa para reivindicar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como primeiro presidente de Galicia e na que destaca o papel das entidades de emigrantes de Arxentina e Uruguai no apoio ao rianxeiro e á causa galeguista para restituír un goberno democrático.

Especial Ano Castelao (XXII) ABC de Corcubión reclama a inclusión da asignatura “Historia da emigración galega” nos centros de ensino para que as novas xeracións coñezan a xesta patriótica dos galegos do exterior Read More »

DIEGO OLIVER XEITO NOVO

Especial Ano Castelao (XXI) “Castelao é a figura que se asocia coa unidade e que contaxia galeguidade sen discusión”, asegura Diego Oliver de Xeito Novo

Xeito Novo foi o primeiro grupo de música folk de Arxentina e a súa actividade de difusión da cultura galega móvese na sociedade máis alá das fronteiras da colectividade. A Fundación naceu en 1984 para dar a coñecer cantos, bailes, ritmos, instrumentos, formas interpretativas e vestiarios tradicionais galegos recollidos nas súas propias investigacións. Así mesmo, apostan pola fusión e a innovación nos formatos musicais que interpretan no circuito musical arxentino. Entrevistamos a Diego Oliver, integrante da agrupación, para coñecer como están a vivir o Ano Castelao.

Especial Ano Castelao (XXI) “Castelao é a figura que se asocia coa unidade e que contaxia galeguidade sen discusión”, asegura Diego Oliver de Xeito Novo Read More »

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza