Rede IGADI

Rede IGADI Galiza Mundo

santiago veloso

Veloso Troncoso

É profesor de Lingua e Literatura Galegas. Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Vigo e licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu clases en varios centros de primaria e secundaria en Galicia. A través da súa práctica docente, promoveu proxectos de innovación educativa no eido da comunicación audiovisual. É o creador […]

Veloso Troncoso Read More »


Artigos de Veloso Troncoso, Santiago

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Ponte nas Ondas: Un modelo como proxección

Desde a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! vimos desenvolvendo desde hai tres décadas un labor constante de “re-transmisión” do noso patrimonio cultural ás novas xeracións, quer en Galicia como en Portugal. E facémolo tendendo pontes de entendemento a través do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués, ese patrimonio que nos conecta con todo o mundo e do que somos o territorio de orixe.
monteagudo

Monteagudo

É catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela e unha das principais referencias da sociolingüística galega contemporánea. Especializado en historia da lingua, normalización lingüística e pensamento galeguista, desenvolveu unha ampla traxectoria investigadora arredor da evolución social do galego, os procesos de estandarización e figuras centrais da cultura galega como Castelao,

Monteagudo Read More »


Artigos de Monteagudo, Henrique

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Liñas de acción exterior en política lingüística

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
A política lingüística ten unha obvia dimensión exterior (poderíase dicir internacional, pero exterior cobre un campo máis amplo). Descoñezo ata que punto existe unha estratexia global elaborada nese ámbito, pero, ata onde sei, só se teñen ofrecido propostas e levado a cabo iniciativas en aspectos concretos, como pode ser, poño por caso, a relación cos países de lingua portuguesa ou as cátedras / centros de estudos galegos en universidades de fóra de Galicia. Este texto non aspira máis que a chamar a atención sobre a necesidade desa estratexia global, apuntando algunhas liñas que parecen obvias e que precisarían ser traballadas, sen pretensións de esgotar o asunto. Máis ben todo o contrario, trátase de esbozalo.
santiago igadi

Guerra Fernández

É musicólogo, profesor de música e investigador no ámbito das relacións internacionais. Conta cun mestrado en Musicoloxía e actualmente cursa outro en Relacións Internacionais na Universidade de Utrecht. A súa investigación céntrase na diplomacia cultural e nas relacións entre España e a Unión Soviética. Na súa tese de mestrado analiza o impacto da Guerra Civil

Guerra Fernández Read More »


Artigos de Guerra Fernández, Santiago

Dmitri Shostakovich. Fonte: Wikimedia

Música e Política Internacional IV: Shostakovich, a Guerra Civil Española e os nenos de Rusia

Apartados xeográficos Outros
Na entrega anterior desta serie explorabamos a traxectoria transnacional da canción revolucionaria A Varsoviana e o seu impacto no movemento obreiro europeo, incluídos os anarquistas da CNT durante a Segunda República Española. A través desa pegada musical chegamos agora a un novo escenario: a Guerra Civil Española (1936–1939), un conflito que non só dividiu o país en dous, senón que mobilizou ideoloxicamente boa parte de Europa. Para a Unión Soviética, aliada directa da República, aquel episodio converteuse nun campo de batalla simbólica no que a cultura tivo un papel estratéxico.
Paderewski, pianista que negociou unha independencia

Música e Política Internacional III: Notas pola Nación, desde Polonia ao mundo

Apartados xeográficos Europa
Na anterior entrega desta serie —“Códices, coros e coroas”— exploramos como a música funcionou como ferramenta diplomática entre as elites europeas, dende o Renacemento ata o Barroco, a través de obxectos sonoros como o Códice Medici ou o Currus Triumphalis Musicus. Naquel tempo, a música era símbolo de prestixio e vehículo de mediación entre dinastías.

Música e Política Internacional II: Códices, coros e coroas: música ao servizo das cortes europeas

Nesta primeira entrega da serie, exploraremos como a música comezou a consolidarse como unha ferramenta diplomática eficaz dende os primeiros sinais no Renacemento ata o seu desenvolvemento máis sofisticado no Barroco. Mesmo antes de que existise unha política exterior formalizada tal e como a coñecemos hoxe, as cortes europeas xa empregaban a música como vehículo de influencia, representación e comunicación entre estados.
Imaxes Libres de Copyright obtidas en Pixabay e Shutterstock

Música e Política Internacional: Como a Diplomacia musical está a redefinir o mapa das relacións globais

Dende tempos inmemoriais, a música foi un idioma universal que conecta culturas, emocións e historias sen necesidade de palabras. Ao longo do último século, a súa capacidade para superar barreiras foi aproveitada como un poder suave, actuando como motor de diplomacia. A diplomacia musical non só usa a música como arte, senón tamén como ferramenta política para fomentar a paz e mellorar as relacións internacionais.
IMG 20250313 WA0001

Vázquez Rivarola

Galego porteño; oficial da Mariña Mercante; doutor pola Universidade de Vigo; comandante do Tercio de Gallegos; director-fundador do Museo Marítimo “Ing. Cerviño”; autor de máis de 30 obras.

Vázquez Rivarola Read More »


Artigos de Vázquez Rivarola, Horacio Guillermo

Baladron Lamas Victor Manuel

Baladrón Lamas

Portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario do Partido Popular no Parlamento de Galicia. Ten formación técnica superior en integración social, así como en actividades físicas e deportivas, o que lle permitiu desempeñarse en diversos ámbitos sociais e deportivos. A nivel político exerce como concelleiro de Deportes, Xuventude e Festas do Concello de Verín, amosando o

Baladrón Lamas Read More »


Artigos de Baladrón Lamas, Víctor Manuel

Nós no Mundo 2024

Novos retos para a diáspora galega

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
A historia da emigración galega é a historia dunha identidade forte e resistente, dunha cultura que foi quen de manterse viva e prosperar fóra das súas fronteiras. Grazas á perseveranza de milleiros de galegos e galegas a emigración galega desempeña un papel fundamental no ámbito internacional no século XXI, mantendo a súa relevancia tanto a través dos centros físicos como das asociacións e das redes sociais. Esta conexión coa diáspora segue a ser un piar importante para a promoción da galeguidade e a cultura galega no exterior. Contribúe a constituír unha ponte cultural, social e económica, entre Galicia e o mundo dos e galegas que, desde o exterior, seguiron a alimentar un profundo vínculo coa súa terra de orixe. Hoxe, no século XXI, este legado non só debe ser preservado, senón que ten que ser potenciado como un factor (clave) na nosa estratexia de proxección global.
Ana Miranda

Miranda

Eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) reeleita nas pasadas eleccións europeas de xunio de 2024. Coordinadora da Área de Relacións Internacionais do BNG dentro da Executiva Nacional do BNG. Forma parte das Comisións de Pesca, de Desenvolvemento Rexional e de Peticións e Desenvolvemento e Cooperación Humanitaria, das que é coordinadora de ambas. No Parlamento Europeo

Miranda Read More »


Artigos de Miranda, Ana

Paloma psdg

Castro Rey

Nacida en Pontevedra, é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Traballou como avogada especializada en dereito de familia e violencia de xénero entre 2010 e 2020. Foi concelleira de Benestar e Igualdade de Pontevedra en dous períodos (2016-2020 e 2023-2024). Desde 2020 é deputada no Parlamento de Galicia polo Grupo Socialista, e na actualidade

Castro Rey Read More »


Artigos de Castro Rey, Paloma

Nós no Mundo 2024

Emigración e inmigración: dous puntais fundamentais sobre os que construír a Galicia do futuro

A emigración galega ten xogado un papel de primeira magnitude ao longo da Historia Contemporánea de Galicia. Non existe aspecto no que non teña incidido dende un xeito ou outro, xa sexa no económico, no político, no cultural, no social ou no demográfico. Certamente o desenvolvemento histórico deste fenómeno ten as súas luces e as súas sombras. Se ben o diñeiro enviado polos emigrantes ten contribuído á modernización do agro galego, sumido no máis absoluto atraso a fins do S.XIX e nos anos 40 e 50 da postguerra civil ao ser violentamente rabenado o proxecto modernizador que se albiscaba nos anos da República cando semellaba atinxirse o desexado réxime de autonomía, ao carecer dun proxecto de país os esforzos dos emigrantes por mellorar as condicións de vida dos que aquí ficaban resultaron insuficientes para transformar a fondo a economía galega.
paula sabajanes 300x300 1

Sabajanes

Xornalista galega nacida en Bos Aires. Licenciada en Ciencias da Información na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Especializada en Comunicación Institucional e de Crise. Realizou cursos posgrao en Comunicación e Xénero na Universidade de Bos Aires (UBA). Traballou no Gabinete de Comunicación do Presidente da Xunta de Galicia, na Dirección Xeral de Cooperación ao

Sabajanes Read More »


Artigos de Sabajanes, Paula

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (IV) Arturo Lezcano reivindica o dereito dos galegos de América a que se recoñeza a súa historia e o seu protagonismo na construción da Galicia presente e futura

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Fixemos esta entrevista co xornalista Arturo Lezcano uns días antes de que os representantes de dous partidos políticos españois cuestionasen os dereitos dos cidadáns no exterior. Levamos tempo traballando nesta idea de procurar e pensar as novas cidadanías que se abren a partir da obtención da nacionalidade para descendentes de emigrados ou exiliados. Non xa como o proxecto utópico deses que tiveron que marchar da súa terra para seguir soñando e poder sobrevivir, senón como unha realidade chea de posibilidades de futuro en todos os ámbitos.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (III) “Temos que facer militancia artística, rexeitar as dicotomías. Que ninguén nos diga que se somos unha cousa non podemos ser outra”

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Para pensar as novas cidadanías desde outras cosmovisións achegámonos ás artes. Entrevistamos a Alejandro Iglesias Rossi que é músico, investigador, compositor, educador, creador e director da Orquestra de Instrumentos Autóctonos e Novas Tecnoloxías da Universidade de Tres de Febreiro (Arxentina). Formouse nos conservatorios de Boston e París. Foi dúas veces premiado pola UNESCO. Tamén é membro fundador da Rede de Investigación e Creación Musical de América, presidente do Consello Arxentino da Música e vicepresidente do Consello da Música das Tres Américas do Consello Internacional da Música da UNESCO. De orixes galegas, este arxentino traballa incansablemente a favor da cultura musical americana e reivindica a descolonización do pensamento cultural e identitario. Na carreira de Música desa universidade das aforas de Buenos Aires teñen construído os instrumentos representados no pórtico da Gloria para interpretar as cantigas medievais de Martín Códax.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (II) Entrevista ao eurodeputado galego Nicolás González Casares “Este proceso vai conceder novos dereitos a centos de miles de persoas, vai fortalecer lazos, pero tamén ten unhas obrigas”

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Observatório das Diásporas
O Censo de cidadáns no exterior medra a ritmo acelerado e alimenta o optimismo demográfico que trae luz tras anos de tendencias negativas. Son un potencial inexplorado e falta definir o alcance destas novas cidadanías no ecosistema político e social dun país que traballa para consolidar a súa presenza estratéxica no contexto internacional.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (I) Entrevista a Ana Miranda "Buenos Aires é a cidade con máis galegos. Sería de interese crear unha comisión no Parlamento para saber se os sistemas de representación que existen son os máis axeitados"

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Observatório das Diásporas
Galicia medra e muda. Comezamos o ano mirando o nacemento das “novas cidadanías”. O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de publicar os datos de poboación que revelan que a composición e o tamaño da nosa xente no mundo é maior e máis diverso. Hai cada día menos galegos emigrados e máis dos que mesmo nin pisaron a terra. A Galicia Universal redefine o seu perfil e queremos pensar como van inserirse os emigrados, os inmigrados, os novos galegos nacidos fóra na sociedade, na lingua, na economía, na idea de país e nas institucións para exercer os seus dereitos como cidadáns plenos.
Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Ano Castelao: Buenos Aires, quilómetro cero

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Exercicio de memoria colectiva e oportunidade de concretar a Galicia Ideal con máis dereitos e representación para os cidadáns de ultramar. Un mapa, un espello e un proxecto de nós. O Ano Castelao é, probablemente, un dos exercicios de memoria colectiva máis estimulantes que se nos teña presentado nos últimos tempos. É tamén un desafío
O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, na Sala Castelao da sede social onde se custodia o cadro “A derradeira leición do mestre” pintada en homenaxe a Alexandre Bóveda.

Especial Ano Castelao (XXIII) José María Vila Alén propón un plan director do patrimonio cultural das sociedades galegas na diáspora e incorporar a historia da emigración nos contidos educativos

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, fai balance do Ano Castelao e destaca que se ten acadado un recoñecemento “definitivo” da figura do rianxeiro como precursor dunha Galicia Autonómica e como pensador dunha cartografía para “non perderse”.
Carlos Ameijeiras Miñones, presidente da Asociación Benéfica e Cultural do Partido de Corcubión.

Especial Ano Castelao (XXII) ABC de Corcubión reclama a inclusión da asignatura “Historia da emigración galega” nos centros de ensino para que as novas xeracións coñezan a xesta patriótica dos galegos do exterior

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
O presidente da Asociación Benéfica e Cultural de Corcubión, Carlos Ameijeiras Miñones, vén de reiterar o seu pedido de que se inclúa na currícula educativa galega unha asignatura específica sobre a “historia da emigración” para que as mozas e os mozos de Galicia coñezan a xesta patriótica dos exiliados e dos emigrantes galegos. Fíxoo no marco desta entrevista sobre a iniciativa para reivindicar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como primeiro presidente de Galicia e na que destaca o papel das entidades de emigrantes de Arxentina e Uruguai no apoio ao rianxeiro e á causa galeguista para restituír un goberno democrático.

Especial Ano Castelao (XXI) “Castelao é a figura que se asocia coa unidade e que contaxia galeguidade sen discusión”, asegura Diego Oliver de Xeito Novo

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Xeito Novo foi o primeiro grupo de música folk de Arxentina e a súa actividade de difusión da cultura galega móvese na sociedade máis alá das fronteiras da colectividade. A Fundación naceu en 1984 para dar a coñecer cantos, bailes, ritmos, instrumentos, formas interpretativas e vestiarios tradicionais galegos recollidos nas súas propias investigacións. Así mesmo, apostan pola fusión e a innovación nos formatos musicais que interpretan no circuito musical arxentino. Entrevistamos a Diego Oliver, integrante da agrupación, para coñecer como están a vivir o Ano Castelao.

Especial Ano Castelao (XX) “Aínda que non é a Galicia ideal, creo que Castelao estaría contento de ver como a Galicia Universal medra”, afirma Bernardo Rey, presidente do Fogar Galego para anciáns de Domselaar

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Cando o Ano Castelao se asoma á meta logo de relatorios, actividades, reivindicacións e homenaxes, estes días vén de anunciarse que a obra pictórica máis icónica do rianxeiro “A derradeira leición do mestre”, que ilustra a barbarie fascista que asasinou a Alexandre Bóveda, exporase no verán do norte en Pontevedra. Segundo a Directora do Museo de Pontaevedra, Ángeles Tilve, trátase dunha colaboración institucional entre a Deputación de Pontevedra e o Centro Galicia de Buenos Aires “que suma” para abrir unha vía de cooperación que en beneficio de todos os galegos e que servirá para difundir a obra e o seu contexto da creación, que denuncia e homenaxe a Bóveda cando rematan os 12 meses dedicados á figura de Castelao e se cumpren 80 anos do golpe de Estado do 36.
Ana Pontón, na súa intervención na Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina

Especial Ano Castelao (XIX) “A figura de Castelao incomoda porque a súa obra e o seu pensamento son unha emenda á totalidade ao que está facendo o goberno do PP” Entrevista con Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou en Buenos Aires do descubrimento dun busto de Castelao e expuxo a súa posición sobre a relevancia da figura do rianxeiro e os retos que ten por diante a Galicia Universal.
FotoBiografia

Pedreira

Estudante do Grao de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela. Realizando prácticas no IGADI.

Pedreira Read More »


Artigos de Pedreira, Mateo

Martinez Justo

Martínez Justo

É Doutor en Ciencias Políticas e Sociais pola Universidade Nacional Autónoma de México. Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, Galicia. Actualmente é Profesor Permanente a tempo completo “C”, a máxima categoría académica outorgada pola Universidade Nacional Autónoma de México. Foi director da Facultade de Estudos Superiores “Acatlán”, onde imparte clases

Martínez Justo Read More »


Artigos de Martínez Justo, Manuel

Nós no Mundo 2024

A migración galega a México e as perspectivas de colaboración

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
México sempre foi un país de acollida, tránsito e expulsión de traballo. Para os galegos foi como unha segunda terra que foi transformando as súas vidas, levando consigo os seus lugares de orixe, de tal xeito que trasladaron alí festas, tradicións, cultura, música, comida e mesmo formas de falar; xa que “a migración deste grupo de poboación a terras mexicanas resultou ser un dos procesos migratorios máis exitosos en termos económicos, de integración social e de vinculación social con Galicia”.