A comezos de xaneiro case un cento de expertos da burbulla bruxelense reuníronse no Parlamento onde o seu servizo de estudos presentou a análise dos dez desafíos da UE para 2025. Listámolos aquí pois son unha mostra de como ve o mundo o ecosistema que, desde pouco máis dun quilómetro cadrado, goberna boa parte do continente: “1. Equilibrar a escala coa innovación para a produtividade, 2. Establecemento do obxectivo climático para 2040, 4. Dar os próximos pasos cara á seguridade económica europea, 5. Dar forma ás finanzas futuras da UE, 5. Fortalecemento da capacidade para investir no futuro, 6. Agardando para subir unha marcha: coches eléctricos europeos, 7. Axudar á UE a competir en intelixencia artificial, 8. Fortalecemento da industria de defensa europea, 9. Axilizar o retorno dos emigrantes irregulares e 10. Restaurar a confianza no ámbito público.”