Imaxe do Seminario en liña

A Oficina Económica e Cultural de Taipéi en España e o IGADI realizaron un seminario en liña

O seminario, realizado o 28 de febreiro do 2023, partiu da recente publicación do Informe Taiwán 2023, mais xirou arredor do tema "Presente e expectativa no estreito de Taiwán".
Palabras chave Taiwán Taipéi

Nun ton académico e ao mesmo tempo relaxado, interviron o representante de Taiwán en España, o embaixador Jose María Liu, e Xulio Ríos, fundador e presidente de honra do IGADI e asesor emérito do Observatorio de la Política China. No seminario, tamén interviron a investigadora Inés Arco Escriche, do Cidob e César de Prado, da Universidade de Valladolid. A actividade conduciuna o director do IGADI, Daniel González Palau,

No seminario verificouse a crecente interese do mundo en Taiwán, que non deixará de aumentar durante 2023, cando se observan no horizonte as moi importantes eleccións presidenciais de comezos do 2024.