Tempo exterior Nº 23 aborda o momento cubano e outra óptica da Primavera árabe

A revista Tempo exterior, publicada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) e dirixida por Xulio Ríos, céntrase no seu Nº 23, período xullo-decembro de 2011, no proceso de “actualización” do socialismo levado a cabo en Cuba polo seu presidente Raúl Castro, e institucionalizado a partir do VI Congreso do Partido Comunista (PCC) celebrado en abril de 2011.

A revista Tempo exterior, publicada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) e dirixida por Xulio Ríos, céntrase no seu Nº 23, período xullo-decembro de 2011, no proceso de “actualización” do socialismo levado a cabo en Cuba polo seu presidente Raúl Castro, e institucionalizado a partir do VI Congreso do Partido Comunista (PCC) celebrado en abril de 2011.

Tempo exterior aborda os desafíos que se presentan na illa caribeña en materia económica (artigos de Julio A. Díaz Vázquez e Armando Nova González) e no aspecto social e político (Luiz Bernardo Pericás), non sen esquecer o inevitable impacto exterior, especialmente a través da política estadounidense cara Cuba (Chris J. Dolan e Diane E. Johnson) e igualmente das relacións entre Cuba e China (Xu Shicheng), un dos seus principais valedores internacionais. 

Como tema secundario, Tempo exterior Nº 23 orienta a súa atención en ofrecer unha visión alternativa dos cambios políticos no mundo árabe, fuxindo dos enfoques emanados dos principais mass media. Unha aproximación sobre as incertezas da expansión da Primavera árabe no contexto do Golfo Pérsico (Ignacio Gutiérrez de Terán) complétase cunha crítica reflexión sobre cómo a crise libia debería incentivar a aprobación unánime dun Tratado sobre o Comercio das Armas (Teresa Maciá Cid). Esta sección complétase cunha análise sobre o retorno á ONU da discusión sobre a cuestión palestina (José Abu-Tarbush).e os seus lexítimos dereitos de recoñecemento internacional como Estado soberano. 

Tempo exterior Nº 23 finaliza cunha aproximación histórica á cuestión do Tíbet como centro neurálxico dos intereses de China, EUA e India (Vera Ríos Carrillo) e aos contornos que identifican a presenza chinesa en América Latina (Liska Gálvez). Finalmente, ofrécense dúas reflexións sobre o proceso de internacionalización da empresa galega, especificamente no caso chinés (Martín Ignacio Prieto) e unha evolución da mesma no marco do trixésimo aniversario da Confederación de Empresarios de Galicia, da man do seu presidente Antonio Fontenla Ramil.

Este número de Tempo exterior pecha cronoloxicamente o vixésimo aniversario do IGADI, celebrado en 2011, e que paralelamente permitiu a renovación e ampliación do seu Consello Reitor, coa inclusión de personalidades como Ignacio Ramonet, Xosé Luís Franco Grande, María Xosé Agra Romero, Emilio M. Martínez Rivas, Manuel Blanco González e María Xosé Porteiro. 

Para máis información e subscricións: 
Tlf: 698 156 127 / e-mail: info@igadi.org