images igadi o mundo desde aqui 2021 011

Voltan as Charlas O Mundo Desde Aquí á IGADI TV: A gobernanza multinivel na UE, con Serafín Pazos Vidal.

Logo de case 20 anos representando a intereses subestatais na Unión Europea e a partir da súa tese de Doutroamento, Serafín Pazos Vidal participará nunha nova edición das Charlas “O Mundo Desde Aquí” (IGADI TV, mércores 27 de xaneiro ás 20:30) para presentar o seu libro “Subsidiarity and EU Multilevel Governance: Actors Networks and Agendas “(Routledge, 2019) do cal houbo unha segunda edición a finais de 2020.  

Logo de case 20 anos representando a intereses subestatais na Unión Europea e a partir da súa tese de Doutroamento, Serafín Pazos Vidal participará nunha nova edición das Charlas “O Mundo Desde Aquí” (IGADI TV, mércores 27 de xaneiro ás 20:30) para presentar o seu libro “Subsidiarity and EU Multilevel Governance: Actors Networks and Agendas “(Routledge, 2019) do cal houbo unha segunda edición a finais de 2020.  

images igadi o mundo desde aqui 2021 011

Na actividade Serafín Pazos Vidal tentará resumir, desde unha clave galega, como funcionan na práctica, e como non, os mecanismos de influencia das entidades subestatais na Unión Europea. A actividade ten unha especial relevancia, agora que no Parlamento de Galicia atopámonos diante da aprobación final da Lei galega de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento, e que no contexto estatal existe unha forte discusión sobre a maneira e eficacias dos fondos europeos Next Generation.

Para participar na Sala de Zoom tes que inscribirte cun correo a info@igadi.gal. Pincha aquí se queres saber máis sobre “Subsidiarity and EU Multilevel Governance: Actors Networks and Agendas “(Routledge, 2019)

 

Sobre o autor

SERAFÍN PAZOS-VIDAL Responsable de Política Europea na Convención Escocesa de Autoridades Locais (COSLA) e investigador

Doutor e máster en Unión Europea (UNED, UPV), Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC e Diplomado en Xestión Financeira Pública (SOAS). Foi analista de políticas europeas para varias comunidades autónomas británicas e autoridades rexionais, con 17 anos de experiencia profesional en Bruxelas. De 2008 a 2018 foi o coordinador do Grupo de expertos en cohesión territorial do Consello de municipios e rexións de Europa (CEMR) e é membro do Grupo de expertos en materia de subsidiariedade do Comité das Rexións (CoR).

Membro da Comisión Institucional e Acción Exterior do Consello da Cultura Galega. Como investigador, é membro de AECPA e da Asociación de Estudos Rexionais e publicou artigos e traballos colectivos sobre Política Rexional, Gobernanza multinivel e procesos de descentralización comparativa ou xestión pública. Foi experto e escritor de informes para o Parlamento Europeo, o Parlamento británico, o Parlamento escocés, o Comité das Rexións e o Consello de Europa. A súa tese de doutoramento Subsidiaridade e gobernanza multinivel da UE, cum laude e Premio Extraordinario de Doutorado en 2018, foi  publicada en inglés pola editorial académica internacional Routledge.