images publicacions lois tobio galegos na historia

Lois Tobío. 1997

Xulio Ríos, Ir Indo Edicións, biografía na Colección Galegos na Historia.

images publicacions lois tobio galegos na historia

Xulio Ríos, Ir Indo Edicións, biografía na Colección Galegos na Historia.


A andaina vital deste diplomático e intelectual galego, Lois Tobío Fernández, membro do Consello Asesor do IGADI, abrangue todo o século vinte. na súa biografía, deseñada de xeito singular por Xulio Ríos, todo resulta extraordinariamente interesante. Por unha banda, a formación herdada do seu pai, un home ligado á Institucíón Libre de Enseñanza e á Real Academia Galega; pola outra o desenvolvemento do seu traballo a prol de Galicia e dos galega, dous substantivos que sempre tivo moi presente e que definiron a súa personalidade. Hábil diplomático e admirador do conde de Gondomar, tivo que padecer, coma tantos outros, o horror da Guerra Civil Española, un episodio dramático que non borrou en absoluto o seu esforzo metódico e constante no Seminario de Estudos Galegos, no Consello de Galiza ou mesmo no anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia. Como a el mesmo lle gustaba dicir, Lois Tobío pode considerarse un galego de lei.