Consello Asesor : Vinculación

mxporteiro

Porteiro

Xornalista, escritora e antiga Delegada da Xunta de Galicia en Arxentina. É membro do Consello Reitor do IGADI.

Porteiro Read More »

Xulian Maure Rivas no IEM

Maure Rivas

Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca (1963) e en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1976), e doutor en Filosofía e Letras. Foi profesor en varios institutos galegos e profesor de Teoría da Lingua Escrita no terceiro ciclo da Universidade de Vigo. De 1973 a 1978 foi responsable das edicións galegas da

Maure Rivas Read More »

Alejandro Molins 1.jpg

Molíns

Alejandro Molíns é membro do Consello Reitor do IGADI. É graduado en Dirección e Administración de Empresas por ICADE (UPComillas) e en Dirección de Empresas de comercio exterior CECO (UPM) entre outros moitos títulos académicos. Alejandro conta cunha longa traxectoria no mundo da consultoría, auditoría e formación arredor da internacionalización económica (loxística, marketing, compras, negociación,

Molíns Read More »

enrique-saez

Sáez Ponte

É licenciado en Económicas e Dereitos pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde desenvolveu distintas funcións de Dirección os últimos catorce. Actualmente é presidente do Grupo Torres & Sáez e da Fundación Juana de Vega. Tamén é patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello

Sáez Ponte Read More »

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos

Martínez Rivas Read More »

xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.

Ríos Read More »


Artigos de Ríos, Xulio

Nunha xuntanza do Consello Reitor do IGADI

O minhoto Franco Grande

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Se algo define a identidade de raíz de Xosé Luís Franco Grande, esa é a condición de militante minhoto, un perfil que vai mais aló das súas orixes en Tebra – a onde sempre tamén regresaría- e que cabe afincar na cosmovisión principal das súas percepcións intelectuais básicas. Ese estranxeiro próximo arredor do Minho era

Unha mediación chinesa en Ucraína

Apartados xeográficos Europa
Diferentes voces teñen clamado por unha mediación chinesa que poña fin á guerra en Ucraína. Especialmente, voces europeas, algunhas delas moi responsables tamén do que está acontecendo, mentres medra a indignación. Sen embargo, China mantense cauta e implícase só parcialmente nesta dinámica mantendo o diálogo aberto coas partes en conflito, facilitando axuda humanitaria, multiplicando os chamamentos á moderación e acompañando os diferentes esforzos mediadores e as negociacións directas.

Ucraína cambia Europa… e tamén o mundo?

Apartados xeográficos Europa
Guerra de novo en Europa. Conforme pasan os días, pese á asimetría dos belixerantes, a expectativa dunha operación rápida e limitada no seu impacto está moi en dúbida. O nivel de destrución e as consecuencias humanitarias agrándanse co paso das horas e a hipótese dunha dramática evolución “á chechena” vai tomando corpo en paralelo ao incremento da resistencia ucraína ao invasor ruso.
Capa Tempos novos nº298

Ucraína, guerra en Europa

Apartados xeográficos Europa
Europa de novo en guerra. Ucraína convertida no cordeiro do continente. Un fracaso colectivo. O presidente ruso Vladimir Putin, a contrafío dos seus reiterados anuncios de que non ía invadir o estado soberano centroeuropeo, mobilizou as súas tropas para se asegurar o control de todo o país nunha operación lóstrego –veremos se ese propósito se confirma finalmente- e impoñer as súas condicións a Kiev. ¿Reacción? A lóxica condena con peche de filas arredor da UE, os EUA e a OTAN e anuncios de sancións de perfil ascendente e resultado incerto. A China, gardando distancias nun difícil equilibrio. A ONU, mais unha vez, irrelevante.
100º aniversario do PCCh

O factor nacional na traxectoria do PCCh

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
O Partido Comunista da China (PCCh) celebrou este 2021 os seus primeiros cen anos de existencia. Constituído baixo o influxo da Revolución Rusa de 1917 e co impulso da IIIª Internacional nun contexto de grave crise nacional (fase terminal do feudalismo imperial e secuencia de guerras civís que trabaron a proclamación do Estado moderno unha década antes), tres lustros tardou en dilucidar internamente a primacía do factor nacional sobre outras variables no seu proxecto político.
A UE debe tomar as rendas da crise da Ucraína

A UE debe tomar as rendas da crise da Ucraína

Apartados xeográficos Europa
Como empezou o conflito? Atendendo á versión dos países occidentais, trataríase de axendar unha resposta contundente á mobilización de tropas rusas na fronteira ucraína; atendendo á versión rusa, trataríase de evidenciar ante a OTAN a firme vontade de conter a expansión desa organización máis ao Leste porque entende que iso suporía unha grave ameaza para
Capa do Tempos Novos nº296

Callará unha nova guerra fría?

Apartados xeográficos Outros
Nada invita a pensar que o exercicio entrante 2022 experimentará unha modificación substancial da axenda precedente. En efecto, tras un ano de presidencia da Administración Biden nos EUA, os fundamentos da nova contenda estratéxica global establecidos durante o mandato de Donald Trump víronse non só confirmados senón mesmo acentuados, ensaiándose agora opcións sen dúbida máis eficientes e afastadas do histrionismo do líder republicano.
Parlamento

De Camilo a Fraga pasando por Martínez Puñal

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Na secuencia estatutaria que se abre en 1981, a acción exterior de Galicia ten dous fitos a conmemorar no ano entrante. O primeiro é a proposición non de lei dun tratado de relacións culturais entre Galicia e Portugal. Foi en 1982, hai corenta anos. O segundo, a creación da Secretaría de relacións coa UE e Acción Exterior no organigrama da Xunta de Galicia. Foi en 1997, hai 25 anos. Eses dous fitos, cos seus respectivos matices, marcan a progresiva irrupción da acción exterior na axenda política galega.