Consello Asesor : Vinculación

mxporteiro

Porteiro

Xornalista, escritora e antiga Delegada da Xunta de Galicia en Arxentina. É membro do Consello Reitor do IGADI.

Porteiro Read More »

Xose Fortes Bouzan 2020

Fortes Bouzán

Xosé Fortes Bouzán, nado en Caroi (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1934, é un militar e historiador galego.

Fortes Bouzán Read More »


Artigos de Fortes Bouzán, Xosé

Retrato de Xulio Ríos

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Paradiplomácia
Aínda que non nos coñeciamos persoalmente, tiñamos sobradas referencias o un do outro para que aquel primeiro encontro, un día de primavera do dous mil ou dous mil un, na terraza do bar Carabela, na praza da Ferrería, resultara cando menos prometedor.
Xulian Maure Rivas no IEM

Maure Rivas

Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca (1963) e en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1976), e doutor en Filosofía e Letras. Foi profesor en varios institutos galegos e profesor de Teoría da Lingua Escrita no terceiro ciclo da Universidade de Vigo. De 1973 a 1978 foi responsable das edicións galegas da

Maure Rivas Read More »

Alejandro Molins 1.jpg

Molíns

Alejandro Molíns é membro do Consello Reitor do IGADI. É graduado en Dirección e Administración de Empresas por ICADE (UPComillas) e en Dirección de Empresas de comercio exterior CECO (UPM) entre outros moitos títulos académicos. Alejandro conta cunha longa traxectoria no mundo da consultoría, auditoría e formación arredor da internacionalización económica (loxística, marketing, compras, negociación,

Molíns Read More »

enrique-saez

Sáez Ponte

É licenciado en Económicas e Dereitos pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde desenvolveu distintas funcións de Dirección os últimos catorce. Actualmente é presidente do Grupo Torres & Sáez e da Fundación Juana de Vega. Tamén é patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello

Sáez Ponte Read More »


Artigos de Sáez Ponte, Enrique

50 anos do 25 de abril

Breve memoria de aqueles tempos, cando algúns xóvenes esperábamos aquí o fin dun réxime opresivo que se nos facía eterno. O golpe militar do 25 de abril de 1974, en Portugal, foi unha raiola de esperanza. Caía a outra gran ditadura ibérica, a máis antiga do continente, desgastada por unha longa guerra colonial sen saída.

Galiza tira de Portugal cara o norte

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Observatório Galego da Lusofonia
O 10 de marzo, máis de un millón de portugueses deron o voto á ultra dereitista Chega, liña en ascenso en moitos países. Case sempre vótanlles as zonas atrasadas, por medo a unha globalización que cuestiona valores culturais, raciais ou produtivos. En Iberia, cun norte máis industrial e avanzado e un sur máis agrícola e atrasado, os moi conservadores son fortes na zona meridional, subvencionada polo Estado e que, polo tanto, tamén teme perder recursos se cambian as regras de xogo. Chega gañou no Algarve. Aquí, Vox ten peso no centro sur, pero é pouco relevante nas tres nacionalidades históricas.
Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos

Martínez Rivas Read More »

luisalvarezpousa

Álvarez Pousa

Membro do Consello Asesor do IGADI

Álvarez Pousa Read More »


Artigos de Álvarez Pousa, Luís

Acto de entrega do XXXIII Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, 17 de decembro do 2024, no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense.

Discurso de Luís Álvarez Pousa no acto de entrega do Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Sorpresa, gratitude, satisfacción e conexión emocional. Esa foi a miña reacción máis íntima cando o presidente da Deputación, Luís Menor, me notificou por teléfono a concesión deste premio, por primeira vez dedicado a recoñecer unha traxectoria profesional. Sorpresa, porque descoñecía que me incluíran como candidato. Gratitude a quen presentou a proposta e a quen a

Justo Beramendi, in memoriam. Risco e rebeldía

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Fóisenos o Justo Beramendi. O historiador, o ensaísta, o cronista político de Tempos Novos e Tempos Dixital. E sobre todo, o amigo e mestre de moitos de nós. O meu codirector de tese. De quen aprendín, con ollos críticos, a ver o mundo desde aquí. Desde a súa Galicia de adopción. Da que deu razón na súa intensa e tensa obra de investigación. De case todo o que el foi falo nesa laudatio que me encargaran cando recibiu o Pedrón de Ouro en 2008, na Casa da Matanza, en Padrón. Boa viaxe, amigo Justo.
imgpunal

Martínez Puñal

Profesor emérito de Dereito Internacional da USC e membro do Consello Asesor do IGADI.

Martínez Puñal Read More »


Artigos de Martínez Puñal, Antonio

Reflexións encol da conveniencia da aprobación en España dunha Lei Orgánica de Amnistía para a regularización do Procés Català da autodeterminación. A pertinencia do avance cara un novo contexto constitucional mais libre, igual e fraterno

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación União Europeia
O presente estudo aborda a aprobación, nun exercício de congruencia constitucional, dunha Lei Orgánica de Amnistia a aplicar no marco do Procés Català, com vistas a un adecuado encaixe entre Catalunya e o resto do Estado español. Apóntase asimesmo a uns cambios constitucionais, no marco dunha revisión ou, inclusibel, dunha nova Constitución, de características federais, na procura dunha mellor convivencia, dentro de España, das estruturas territoriales que a compoñen, nomeadamente das súas Nacionalidades Históricas (Catalunya, Euskadi e Galiza). Deberíamos, en definitiva, ao noso entender, de avogar, no marco dun renovado contexto constitucional, á consecución dunha democracia, persoal e territorial, máis social, transversal, participativa e representativa, tal como corresponde ao interés da expresión real dos princípios da liberdade, igoaldade e fraternidade.
Na fotografía, de esquerda a dereita, Antonio Martínez Puñal (Profeor emérito de Dereito Internacional da Universidade de Santiago de Compostela), Modesto Seara ( Reitor do Sistema de Universidades Estatales de Oaxaca, un innovador modelo universitario que deseñou​ en 1988 e que dirixiu desde o inicio de actividades no 1990 ata o 2022) e Manuel Martínez Justo (Coordinador das facultades externas do Campus de Ciudade Universitaria da UNAM). Fotografía realizada no ano 2022, no XXXV Congreso Anual da Asociación Mexicana de Estudos Internacionais, Universidad del Mar Campus Huatulco, Oaxaca, México.

Crónica de una vida dedicada a la academia y a las Relaciones Internacionales: a propósito del perfil axiológico, ideológico y político del profesor Modesto Seara Vázquez

Versión estenográfica de la ponencia presentada en el XXV Congreso de la Asociación Mexicana de Estudios Internacionales, Playa del Carmen, Quintana Roo, 13-15 de octubre de 2011 que iniciaba así: “Permítaseme, en primer lugar, expresar mi agradecimiento a la Asociación Mexicana de Estudios Internacionales, personificada en su presidente, mi viejo amigo desde principios de los ochenta, el Profesor Dr. Manuel Martínez Justo, por la distinción con laqueme han honrado invitándome a participar enel XXVCongreso de la Asociación Mexicana de Estudios Internacionales, en cuyas actividades no había intervenido desde el Congreso celebrado en Puebla, en el verano de 1989. Todo ello para formar parte de esta merecida mesa redonda en homenaje al Profesor Dr. Modesto Seara Vázquez, acompañando al Profesor Dr. Manuel López Quero, de la Universidad Politécnica de Madrid y al exgobernador del Estado de Oaxaca y actualmente Senador da República de México, Licenciado Sr. Eladio Ramírez López.”

Direito a fraternidade

Na obra Debates e Dilemas Contemporâneos do Direito e Fraternidade (Deisemara Turatti, Geralda Magella de Faria Rossetto, Ana Cristina Ben, organizadoras) editado polo CLAEC – Centro Latino-Americano de Estudos em Cultura, no 2024, podes ler o artigo de Antonio Martínez Puñal, “Reflexións encol da conveniencia da aprobación en España dunha Lei Orgánica de Amnistía para a regularización
xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.

Ríos Read More »


Artigos de Ríos, Xulio

Unha lingua non só nosa

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
É moita a enerxía que se nos vai na polémica lingüística. Difícil estimar canto influi isto na perda de atractivo cívico. Compréndese o escepticismo sobre calquer anuncio de pacto político nun momento de tan acusado deterioro. Non só no uso da lingua propia...

Os BRICS de Kazán

Do 22 ao 24 de outubro celebrouse en Kazán o XVI Cumio BRICS. Reuniu aos cinco membros fundadores da organización (Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica), aos cinco novos membros que se uniron a eles desde o 1 de xaneiro de 2024 (Irán, Exipto, Arabia Saudita, Etiopía, Emiratos Árabes Unidos) e outros vinte e cinco países así como varios representantes de organismos internacionais, coa participación destacada do secretario xeral das Nacións Unidas, Antonio Guterres.

Da orde baseada en regras á orde baseada no terror

A "orde internacional baseada nas (miñas) regras" é unha narración que nos últimos tempos os EUA., a UE e toda a chamada orde liberal utilizaron para rexeitar calquera alteración substancial que puidese proporcionar un amparo lóxico e obrigatorio aos cambios experimentados en a situación internacional das últimas décadas, especialmente despois do fin do mundo bipolar. Na práctica, esta orde responde á vontade de preservar unha hexemonía excluinte.
Podes ver o Maratón de Galeguidades (Deputación da Coruña) na web do proxecto, galeguidades.hub.gal

Galicia, unha imaxe no mundo

¿Unha imaxe vale máis ca mil palabras? Pois, depende, claro está. O maior inimigo da imaxe dun país no mundo son os tópicos. E resulta ben difícil librarse deles. Plácido Castro, por exemplo, non se explicaba o por que da consideración como “flegmáticos” dos ingleses. Nada a ver coa realidade, dicía co seu coñecemento de causa ben armado.

Os dilemas das eleccións estadounidenses

Apartados xeográficos Estados Unidos
Vibrante democracia ou circo electoral? e canto de cada cousa? A única certeza que temos a día de hoxe é a retirada efectiva de Joe Biden e o incremento das expectativas de Donald Trump tralo intento de asasinato, que xa antes non eran baixas. No debate da sucesión demócrata, poucas ideas sobre a mesa e moita folla de cálculo para reflectir os apoios monetarios. Kamala Harris pode presumir dunha cifra récord de 81 millóns de dólares en doazóns para a súa campaña nas 24 horas posteriores á renuncia de Biden. Só esta dinámica explica que outros nomes cun perfil diferente nin sequera sexan considerados. A vicepresidenta Kamala Harris, antes descualificada por desempeñar un mandato eminentemente gris, é elevada agora aos altares polo coro mediático global como a última esperanza da democracia estadounidense.

Xeopolítica olímpica

Nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos (XXOO), a pugna sino-estadounidense tomou o relevo da soviético-estadounidense de tempos atrás. Darase o sorpasso en París? Non é doado pero tampouco imposible. Un matiz significativo diferenza os tempos da guerra fría: unha moi grande parte de todo o equipamento utilizado no evento é de fabricación chinesa, como os máis de 1000 drons que apareceron no espectáculo de fogos artificiais na cirimonia de inauguración. Isto da idea do moito que representa China como potencia manufatureira nas nosas vidas.