Consello Asesor : Vinculación

mxporteiro

Porteiro

Xornalista, escritora e antiga Delegada da Xunta de Galicia en Arxentina. É membro do Consello Reitor do IGADI.

Porteiro Read More »

Xulian Maure Rivas no IEM

Maure Rivas

Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca (1963) e en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1976), e doutor en Filosofía e Letras. Foi profesor en varios institutos galegos e profesor de Teoría da Lingua Escrita no terceiro ciclo da Universidade de Vigo. De 1973 a 1978 foi responsable das edicións galegas da

Maure Rivas Read More »

Alejandro Molins 1.jpg

Molíns

Alejandro Molíns é membro do Consello Reitor do IGADI. É graduado en Dirección e Administración de Empresas por ICADE (UPComillas) e en Dirección de Empresas de comercio exterior CECO (UPM) entre outros moitos títulos académicos. Alejandro conta cunha longa traxectoria no mundo da consultoría, auditoría e formación arredor da internacionalización económica (loxística, marketing, compras, negociación,

Molíns Read More »

enrique-saez

Sáez Ponte

É licenciado en Económicas e Dereitos pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde desenvolveu distintas funcións de Dirección os últimos catorce. Actualmente é presidente do Grupo Torres & Sáez e da Fundación Juana de Vega. Tamén é patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello

Sáez Ponte Read More »


Artigos de Sáez Ponte, Enrique

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos

Martínez Rivas Read More »

xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.

Ríos Read More »


Artigos de Ríos, Xulio

Peng Liyuan, Xi Jinping, Donald Trump e Melania Trump na entrada de Mar-a-Lago, abril de 2017

Que gaña China nesta guerra?

A China espántalle a inestabilidade. De Lao Zi a Confucio, pasando por Sun Zi, a guerra non só non é desexable, senón un recurso lamentable e excepcional. A sabedoría chinesa está inzada de advertencias directas, mesmo viscerais, contra o belicismo, configurando unha tradición estratéxica que sitúa a harmonía no cumio dunha orde social asentada na concordia como principio reitor do pensamento clásico.
Áreas residenciais en Sanandaj (Irán) Fonte: Tasnim News Agency

Irán en clave Tucídides

Apartados xeográficos Oriente Médio Estados Unidos
Son moitas as causas que se citan para intentar comprender as razóns que inspiran o ataque dos EEUU e Israel contra Irán. E resulta cada vez mais evidente que a angustia imperial estadounidense ante o temor á perda da hexemonía global fronte a China é a causa principal. Todos os camiños conducen a Beijing. Dende a disciplina hemisférica aplicada sen miramentos a América Latina ata Groenlandia pasando agora por Oriente Medio, a necesidade de frear a influencia do xigante oriental asoma como factor determinante.

China, un Cabalo a galope

Apartados xeográficos Ásia
Foi Xu Beihong quen converteu o cabalo chinés nun manifesto político e estético. Xu transformou o cabalo nun símbolo moderno da China, dotado de enerxía, dignidade, resistencia e vontade moral. Os seus cabalos encarnan un ideal ético e tamén estatal. Dominou a pintura tradicional chinesa a tinta, pero incorporou o realismo anatómico occidental, aprendido en Francia, o que lle deu ás súas obras unha forza sen precedentes na pintura chinesa do século XX.
Trump e Xi nun encontro en Florida no ano 2017. Fonte: Wikimedia

O mundo que vén: áreas de influencia?

A brutal agresión imperial do réxime de Donald Trump foi aliñada co hipotético propósito de establecer -e supostamente recoñecer- esferas de influencia exclusivas xunto a outros actores como Rusia e China, os únicos competidores substanciais que, a nivel global, demostran unha firme vontade de exercer a súa plena soberanía.
O Observatorio das Diásporas do IGADI está a crear pequenos formatos, como o -Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña, ou o Especial Ano Castelao, para conectar desde a diplomacia pública dixital, a Galicia territorial e a Galicia exterior.

(IV) Diáspora: Crear estrutura

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
O discurso a propósito da diáspora debe complementarse con iniciativas estruturais que operen como aglutinantes e dinamizadores do seu potencial. Dos intentos, poucos casos teñen sido minimamente exitosos. En parte, pola instrumentación, tamén polo desprezo de establecer amplos consensos nestes eidos e, finalmente, por falta de constancia e a busca de resultados rápidos.
unesco

Nós fóra da UNESCO

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Días atrás, dixo o presidente Pedro Sánchez na Moncloa que promoverá a incorporación de Catalunya e Euzkadi á UNESCO. Outra gran cultura peninsular, a de Galicia, non. Quedamos fóra. Alguén pensará que é así porque na Xunta goberna o PP, ou porque carecemos do poder decisivo que teñen outros facéndoo valer en sede parlamentaria. Pero non só. As responsabilidades son máis amplas.

(III) Diáspora: Un ecosistema internacional propio

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
En primeiro lugar, unha diáspora numerosa e cohesionada funciona como comunidade ponte. Conecta realidades sociais, culturais e económicas diferentes, facilitando a circulación de ideas, contactos e oportunidades. Alí onde un corpo diplomático formal chega con lentitude e protocolos, a diáspora pode actuar con naturalidade, rapidez e unha capacidade de inserción que ningún plan oficial pode replicar. É un capital relacional acumulado durante décadas que permite abrir portas, reducir desconfianzas e crear condicións de diálogo estable.