Documentos Volver ó índice
Intergrupo de Nacións sen Estado no Parlamento Europeu:
Teses constitucionais
 
 

Posicións políticas

O Intergrupo de Nacións sen Estado do Parlamento Europeu está composto por membros do Parlamento que representan a partidos nacionáis de Escocia, Gales, Flandes, o Val de Aosta, Cataluña, Euskadi, Galiza, Andalucía, as Illas Canarias, as Illas Baleares e Valencia. O Intergrupo congratúlase da evolución histórica da Unión Europea cara a maiores níveis de integración através dunha soberanía compartida. A paulatina atribución de elementos de soberanía a autoridades supraestatáis foi acompañada por outro proceso paralelo de descentralización nas entidades políticas subestatáis, o que abriu novas posibilidades ás nacións dentro dos Estados plurinacionais, que pretenden desenvolver as súas competencias políticas e lexislativas e atinxir un autogoverno adecuado no marco da Unión Europea.

Os membros do Intergrupo pertencen a organizacións políticas que abogan por un nacionalismo democrático, cívico e universalista que fomente a defensa dos dereitos humanos. Respeitan as distintas formas e obxectivos institucionáis perseguidos en cada un dos seus países cara a consecución da soberanía e o autogoverno da nación. O Intergrupo defende o principio de soberanía compartida na construción dunha Europa política, e pide aos Estados membros que recoñezan tamén este principio. Os Estados membros deberían ter en conta este principio e garantir que os poderes transferidos á Unión Europea non recorten o grao de autogoverno nen minen as competencias lexislativas de ditas nacións, seja cal for o nível de autogoverno que xa teñan logrado.

A Unión Europea atópase nunha nova encrucillada e enfréntase a un duplo reto. Debe recoñecer o carácter das súas propias institucións, especialmen te a Comisión e o Parlamento Europeu, co fin de acadar un equilibrio democrático entre elas e o Consello, que representa aos Estados. As institucións de representación directa non deben estar apartadas da toma de decisións en temas económicos e monetarios, de seguridade ou xudiciais. O alargamento mediante a integración dos Estados da Europa Central e Oriental e do Mediterráneo non debe levar ao abandono dos obxectivos políticos de coesión social e territorial da UE. Estase producindo unha especie de loita entre, por unha parte, os partidos que se inclinan por manter a actual Unión Europea interguvernamental, na que os governos dos Estados membros adoptan decisións de forma non democrática e secreta e, por outra parte, os que estamos convencidos da necesidade dunha Unión Europea política, na que as institucións emanen direitamente da vontade democrática dos povos e dos cidadáns. Até agora, o Parlamento, direitamente eleito polos seus cidadáns, e a Comisión, como institucións característicamente europeas, estiveron subordinadas aos governos dos Estados membros, que detentan o poder executivo e o esencial do poder lexislativo da Comunidade a través do Consello. Desta forma, a consecución dunha Unión económica e democrática enfréntase a retrasos no que respeita ao control democrático e a garantía da obtención dos direitos políticos, económicos e sociáis que teñen existido históricamente a escala estatal ou nacional. A extensión do procedimento de codecisión a tódo os sectores baixo competencia da UE, e especialmente nos ámbitos das políticas comúns, reducirá no futuro o déficit democrático.

Frente a esta situación, faise imperiosa a necesidade dun acordo constitucional que garanta o carácter político e democrático da Unión Europea. Unha Constitución Europea debería definir tanto as competencias das institucións europeas como as dos Estados e nacións, garantindo o pleno recoñecemento do principio de subsidiariedade na vida da Unión.


Debate constitucional

Como consecuencia das reformas que terán lugar de conformidade co disposto no Tratado de Niza (reformas futuras que deberían entrar en vigor no ano 2004), o Intergrupo de Nacións sen Estado defenderá estas posicións e principios políticos. Elaborará propostas e apresentará ao Parlamento Europeu, e á sociedade europea no seu conxunto, unha alternativa representativa dun movimento democrático que ten por obxectivo atinxir unha Unión Europea política e social, unha Europa diversa cultural e nacionalmente.

A este fin, as organizacións políticas e os deputados europeus membros do Intergrupo exixen as faculdades políticas necesarias para representar os seus intereses dentro da Unión Europea. Hai que tomar medidas que garantan a presencia directa destas nacións nas institucións da Unión Europea. As nacións deben asistir ás reunións do Consello, así como ás reunións que celebra o Comité de Representantes Permanentes dos Estados membros (COREPER) antes das reunións do Consello. Debe concederse ás entidades constitucionáis o dereito a recurrir ante o Tribunal de Xustiza Europeu. Deberían obter un estatus privilexiado, con arregro ao Tratado, para ter aceso directo ao Tribunal nos asuntos ultra vires e para protexer as suas prerrogativas constitucionais na medida en que esto implique á UE. A presenza activa das nacións resultaría útil para coordinar e adaptar a construción da Unión Europea ás novas realidades nacionais, moi diferentes actualmente das que existían cando se estableceu a estructura institucional da Comunidade Europea.

O Intergrupo considera que algúns aspectos do discurso constitucional actual en Europa son inadecuados, na medida en que prestan unha unha atención desmedida ás relacións entre a Unión e os Estados membros, en detrimento de aquelas partes da Unión que son nacións dentro dos Estados da Unión, é decir, de Estados constituidos por unións históricas de partes anteriormente independentes e autogovernadas. A maioría destas nacións dentro dos Estados, ou 'nacións sen Estado', aspiran (moitas xa o atinxiron) o estatus de países constitucionalmente autónomos dentro dos seus respeitivos Estados membros. Como tais, gozan de faculdades constitucionais de governo que incluen tanto o executivo como o lexislativo, e as veces o xudicial, aínda que, dende o ponto de vista da Constitución do Estado, as competencias destas nacións ainda están xurídicamente subordinadas. Políticamente, están normalmente enraizadas na vontade popular dos cidadáns de cada nación, polo que as competencias conferidas só se poden revocar, na práctica, en circunstancias moi excepcionais.

No contexto do debate constitucional europeu, as nacións autónomas dentro dos Estados, amais das suas aspiracións políticas e culturais específicas, teñen nalgúns aspectos reivindicacións similares ás dos Länder dunha federación como Alemaña ou Austria, ou as denominadas 'rexións constitucionáis ou entidades territoriais constitucionais'. (O término 'rexión' non é acaido para denominar ás nacións sen Estado, tendo por outra parte, unha carga ideolóxica, precisamente porque se utiliza partindo do suposto de que só os Estados que existen actualmente ('Estados nación') son auténticas nacións. Uitilizamos, en consecuencia, o término máis comprensivo de 'entidades constitucionáis dentro dos Estados', ou 'entidades constitucionais, ao apresentar os nosos argumentos. As 'entidades constitucionais', a este fin, poderían incluir tanto as nacións dentro dos Estados como as rexións constitucionais.


Sete teses constitucionáis

Por todo isto, o Intergrupo apresenta sete tesis específicas referentes ao debate sobre unha Constitución europea:

1. Existe a necesidade dunha representación parlamentaria máis xusta. Actualmente o Consello é a institución que representa aos Estados como tais. Se ben nos textos comunitarios se afirma que o Parlamento representa ás persoas e aos povos de Europa, o Parlamento déscrebese nos Tratados como unha Institución composta por delegacións nacionais, máis ou menos numerosas en función da povoación e influencia dos Estados, gozando os Estados de maior povoación dunha representación por habitante maior que a correspondente aos mais povoados, con arregro ao principio de proporcionalidade degresiva. Nalgúns Estados o conxunto do seu territorio constitue unha circunscripción electoral única, aplicándose a proporcionalidade na atribución de escanos á listas que se apresentan ás eleicións para o Parlamento Europeu.

As entidades constitucionáis, xa sexan nacións ou rexións, mais tamén as rexións administrativas ou xeográficas dos Estados, deberían constituir unidades a efeitos das eleicións ao Parlamento. A longo prazo, debería aplicarse mais que na actualidade o principio democrático que confire o mesmo valor ao voto de cada cidadán (por exemplo, Luxemburgo dispón dunha representación moito maior que a de Euskadi e Dinamarca ten o dobre de representantes que Escocia). Se se mantén o principio da proporcionalidade degresiva, este debería aplicarse rexión por rexión e non Estado por Estado.

2. Debería existir unha conceición máis ampla da subsidiariedade. É necesario afianzar as competencias exercidas polos poderes lexislativo e executivo das entidades constitucionáis dentro dos Estados membros frente á erosión pola parte das institucións da Unión, da mesma maneira que se procura cos poderes dos Estados. A sua vez, a definición das competencias respeitivas entre os Estados e as entidades constitucionais debe reflectirse no deseño constitucional da Unión Europea. A este respeito, as nacións internas e as rexións constitucionáis difiren, de feito e de direito, das rexións xeográficas ou administrativas. Para poder dirixir os asuntos públicos axeitada e eficazmente, a autoridade administrativa correspondente debe estar próxima aos povos e cidadáns. En calquer caso, os parlamentarios membros do Intergrupo opóñense a unha interpretación do principio de subsidiariedade que se aplique só ás relacións entre os Estados membros e as institucións da Unión. A subsidiariedade debería significar transferencia de asuntos executivos importantes e decisivos ao nível máis próximo aos cidadáns, para chegar a unha participación efeitiva de todos os países e nacións da Unión Europea nas institucións comunitarias.

3. A Unión debe recoñecer a idea de pluralismo constitucional. É dicir, debe recoñecerse claramente que as constitucións dos Estados, así como dentro deles as das entidades constitucionais, existen independentemente da Constitución da Unión. A sua validez non depende da Constitución da UE, e aquelas non pode verse suprimidas pola ación lexislativa no ámbito da Unión. Este é o corolario lóxico da subsidiariedade no seu máis amplo senso, no que insistimos. As actuais competencias xudiciais da Unión non son plenamente adecuadas para tratar este asunto, a pesar da notábel actuación, durante moitos anos, do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas. É necesaria algunha forma de Tribunal ou órgao constitucional especial, que conte con maxistrados especializados en Direito constitucional dos Estados membros, coas entidades e rexións constitucionáis e o co Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas, para tratar os asuntos que coloquen conflitos constitucionáis.

4. A idea de pluralismo constitucional implica unha conceición moi descentralizada da Unión. É dicir, a Unión ainda non é, e non ten por qué chegar a ser nunca, o lugar dunha soberanía absoluta única exercida en nome de todo o corpus de cidadáns da Unión como un todo único. Existe unha soberanía dividida e e equilibrada de forma que os povos de cada Estado siguen sendo os donos da Constitución do seu Estado, á vez que colaboran cos demáis baixo unha cidadanía común da Unión para establecer unha soberanía limitada no ámbito da UE. As entidades constitucionais deberían ter un direito similar ao dos Estados membros. O debate sobre o 'federalismo' debería ter plenamente en conta este carácter fortemente descentralizado que lle debe corresponder á Unión. De feito, éste é o carácter desexábel para a esperada Constitución da Unión de maneira que o termo 'confederación' sexa polo menos tan apropiado como o de 'federación'.

5. Habería que recoñecer a posibilidade dun "alargamento" interior da Unión . Cabe debatir se as nacións que na actualidade son entidades constitucionais nos Estados da Unión obteñen, na súa situación actual, avantaxes dentro da Unión Europea que compensen as suas desigualdades comparativas coas nacións de tamaño similar que constituen Estados membros da Unión. Algúns partidos nacionalistas nalgunhas entidades constitucionais teñen como obxectivo político explícito acadar a independencia nacional dentro da UE. No caso que nos ocupa, trátase de entidades que cumpren os 'criterios de Copenhague' de maneira que, se foran Estados externos que solicitasen a sua adesión como países candidatos, terían vía aberta para integrarse na Unión. É importante introducir unha doctrina sobre as condicións e a posibilidade da 'alargamento interior da UE'.

6. O Comité das Rexiòns reproduce o problema do desequilibrio numérico existente no Parlamento, polo que non pode respostar adecuadamente ás necesidades das entidades constitucionais dentro dos Estados membros. Unha institución que, se supón, permete ás 'rexións' ter voz nos procesos da Unión debería reflectir, en certo grao, a povoación relativa das suas circunscripcións. En vez disto, o Comité das Rexións, tal como está concebido na actualidade, limítase a reproducir con números proporcionalmente menores a distribución dos escanos entre Estados que se da no Parlamento Europeu. Esta situación da lugar a situacións absurdas, tais como a de que Luxemburgo teña máis membros que Galiza, Gales ou Flandes, ou que as rexións de Dinamarca teñan unha representación maior que Cataluña, Andalucía ou as Illas Canarias. Lonxe de ofrecerlles ás entidades constitucionais un foro que lles permita compensar as suas diferencias proporcionais noutras institucións, o Comité das Rexións intensifica esas desigualdades.

7. As consideracións culturais e sociais revisten gran importancia na construción de Europa. O recoñocemento das entidades constitucionais dentro dos Estados membros non é só un fin en sí mesmo. Europa é esencialmente unha familia de culturas e tanto a solidaridade como a diversidade cultural, incluida a lingüística, teñen un valor fundamental para a construción da Unión. Por esta razón, segue sendo importante procurar uns níveis comúns e elevados de benestar en toda a Unión. E particularmente necesario protexer a diversidade lingüística da Unión Europea.

As línguas oficiais das nacións sen Estado deben ser recoñecidas como elementos esenciais da rica herencia cultural da UE. Hai que conceder ás línguas oficiais das nacións sen Estado os mesmos direitos lexislativos que á língua oficial do Estado membro.

No que atinxe aos Fundos Estruturais, deberá aplicarse o equilibrio territorial e a coesión social. Habería que establecer unha política de emprego a escala da UE e reforzar e desenrolar sectores produtivos como a agricultura, a pesca e as industrias tradicionáis e innovadoras das nacións e rexións. O recoñocimento do estatus das entidades constitucionais é parte deste proceso.

 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.gal

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/12/2001