Texturas Internacionais nº 5![]() Os irmanamentos en Galicia, a ruta local do internacional |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Os irmanamentos dos concellos en Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
María del Mar Gómez |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Da relación que antecede se desprenden algunhas cifras minimamente significativas. En primeiro lugar, o número de municipios galegos irmandados, setenta e tres en total, incluíndo unha Mancomunidade, a de O Carballiño, representa máis do vintedous por cento do conxunto de administracións locais da nosa Comunidade. Nesa porcentaxe, destacan as provincias de A Coruña e Pontevedra, que con 24 e 22 municipios, respectivamente, destacan sobre os demais. Non obstante, cómpre sinalar que Lugo, con quince municipios irmandados sostén un ritmo de atención a este asunto digno de mención, habida conta das especiais características desta provincia, sempre condicionada polos seus considerables desequilibrios en relación ás demais, especialmente as costeiras. Por outra banda, cómpre sinalar que o principal destino xeográfico dos irmanamentos galegos é Europa Occidental, a Europa comunitaria, con máis dun cincuenta por cento do total, destacando Francia (22%) e Portugal (21%) sobre outros enclaves (Reino Unido, Italia, Dinamarca, Austria, Alemaña ou Grecia). No caso de Francia, importa destacar a sensibilidade céltica que determina unha orientación predominante cara os municipios bretóns ou, en xeral, da costa atlántica. A proximidade xeográfica é pois unha determinante substancial á hora de impulsar o establecemento de acordos de irmanamento. Comezan a emerxer, en todo caso, as propostas de estreitamento de lazos con municipios da Europa da ampliación. Rodeiro ou Ordes, con municipios de Hungría e Romanía respectivamente, levan avanzado o seu neste camiño, que vai da man do apoio comunitario a través do Plan Leader Plus. Tamén Boqueixón con Tutrakam, en Bulgaria. O seguinte bloque xeográfico en importancia é a propia España, case un 30 por cento, con especial significación de Catalunya –vinteseis por cento do total español–. Nesa liña, cómpre significar igualmente os estreitos vínculos establecidos na propia Galicia, entre o Beade vigués e o ourensán, ou as relacións entre Vilalba e Murás que aínda non chegaron a irmanamento pero intercambian relacións irmás. Outra volta, pois, á proximidade xeográfica como primeiro factor a ponderar, que se desprende da realidade radiográfica dos irmanamentos galegos. En suma, case un oitenta por cento dos establecidos se emprazan no entorno máis próximo. A seguir, naturalmente, o continente americano: Estados Unidos dunha banda, con dous irmanamentos e, sobre todo, América Latina, que representa o 18 por cento do total, acaparando Arxentina –o 8 por cento– a maior parte dos irmanamentos galegos co continente americano. Importancia ten tamén Cuba, con cinco irmanamentos, superando a Brasil (con dous), México, Costa Rica e Nicaragua, todos eles cun só irmanamento. O factor emigrante tamén está presente en África, desta vez á inversa, da man do irmanamento do municipio lugués de Burela coa Cámara de San Miguel, en Cabo Verde, en virtude desa presencia importante de caboverdianos orixinarios deste enclave no municipio lugués, brindando unha oportunidade excelente para orixinar un coñecemento doutras culturas e realidades que teñen unha expresión viva na vila a través duns individuos, os inmigrantes, a miúdo marxinados. Dende a perspectiva galega, municipios como A Mezquita (Ourense) traballan por exemplo, na idea de irmandarse con algún pobo de Chile, xa que a colonia de orixe galega máis grande neste país procede deste Concello. Nestas decisións prima a vontade explícita de axudar aos emigrantes galegos na zona promovendo o encontro de familias separadas pola crise, a dos anos cincuenta que obrigou aos galegos a emigrar, e a actual, que dificulta as posibilidades de subsistencia e contacto dos emigrados ou os seus descendentes coas orixes. Outro tanto acontece coa Mancomunidade de Concellos de O Carballiño (Ourense) que impulsou o irmanamento coa municipalidade de Vicente López, Olivos, na provincia de Buenos Aires, por acoller a boa parte dos fillos desta comarca na emigración. Por último, cómpre significar o carácter estrictamente solidario dalgunhas decisións de irmanamento, como as referidas ao Sahara ou a Jenin (Palestina). No primeiro caso, Noia e Monforte de Lemos, catalizan boa parte dese sentimento de respecto e apoio que en numerosos municipios de Galicia, a través do programa “Vacacións en paz”, se explícita cada ano, acollendo a nenos saharauís. No segundo caso, Oleiros e Santiago de Compostela, irmandados con Jenin, a motivación ten que ver co drama que está a vivir a sociedade palestina nos territorios ocupados por Israel, sempre a cabalo entre a esperanza da paz e a desesperanza da guerra. Tamén a cultura (Catoira), múltiples simbolismos (Gondomar de Galicia e Portugal, Santiago de Compostela con outros “Santiagos” do mundo, etc) están presentes na orixe destas iniciativas. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2003 |