Xunta Directiva : Vinculación

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

antonioalejo-6888

Alejo

É facilitador do Consello de Investigación do IGADI e parte do Consello de Redacción da revista do IGADI, Tempo Exterior. Colaborador do Grupo de Investigación Sociedades en Movimiento da Universidade da Coruña e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. As súas líñas de investigación son: estudos globais (socioloxia e gobernanza), transformacions …

Alejo Ler máis »


Artigos de Alejo, Antonio

Pensando as cidades intermedias de alcance global dende A Coruña

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Inspirada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 11 (Cidades e comunidades sustentables) e 17 (Asociacións para acadar os obxectivos) da Axenda 20230, esta nota reflexiona sobre cómo as cidades intermedias teñen as súas propias características e capacidades para cumprir un papel global nun contexto global no que as cidades asumen un papel relevante nas diversas axendas …

Alejo Ler máis »

Thinking about intermediate and small cities with a global scope from A Coruña

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Inspired by Sustainable Development Goal 11 (Sustainable cities and communities) and Goal 17 (Partnerships to achieve the goals) of the 2030 Agenda, this note reflects on how Intermediate and small cities have their own characteristics and capacities to fulfill a global role in a global context in which cities assume a relevant role in the various global agendas (climate change, development, among others).To reflect on this, here we highlight how networking and collaboration between economic and cultural agents contribute to the external projection and territorial appeal of a city like A Coruña.
Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos …

Martínez Rivas Ler máis »


Artigos de Martínez Rivas, Emilio Manuel

Bandeira de Ucraína

Armas para Ucraína

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
En maio do ano pasado morreu en Saint Jean de Verges, Josep Almudéver Mateu. Tiña 101 anos. Josep Almudéver nacera en 1919 en Marsella, nunha familia de orixe valenciano, de Alcasser, o que lle permitiría contar con pasaporte español. En 1937, con apenas 17 anos, integrouse nas Brigadas Internacionais. Foi capturado en Alacante en 1939 e condenado inicialmente á pena de morte, posteriormente conmutada. Ao saír da cadea colaborou coa Agrupación Guerrilleira de Levante e Aragón ata que en 1946 exiliouse a Francia, ao caer parte da rede de axuda aos guerrilleiros. A súa vida ben podería dar para unha película, como a vida de David Carr, o brigadista inglés que é protagonista de “Terra e Liberdade”, a película que en 1995 dirixiu Ken Loach.

Co pobo ucraniano, co pobo ruso

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A liberdade de prensa e a liberdade de expresión son piares fundamentais dun estado democrático. O feito de votar cada certo tempo espazo convértese nunha pantomina si as persoas, os partidos políticos e as organizacións sociais non teñen a posibilidade de dirixirse á cidadanía, si non existen medios de comunicación libres e plurais que difundan as reflexións, as novas, as reportaxes e as investigación que nos axuden a formar opinión e tomar as nosas propias decisións.
Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa. É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de …

Sande Veiga Ler máis »


Artigos de Sande Veiga, Diego

tino santiago 600x527 1

Santiago

Tino Santiago é xornalista na CRTVG especializado en información política e económica. Coordinou a información electoral en múltiples campañas (autonómicas, estatais ou europeas). Dirixiu e presentou o programa de debate “A Chave” na TVG e o informativo “A Crónica” na RG. Foi coodirector do programa especial que fixo a TVG pola visita do papa Benedito …

Santiago Ler máis »

marolapn

Padin Novas

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de …

Padin Novas Ler máis »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Ler máis »


Artigos de González Palau, Daniel

VI Foro do Instituto das Identidades, Museo do Pobo Galego

A identidade de Galicia na globalización

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Hai uns meses conseguín un exemplar do libro “A identidade de Galicia na globalización: Sociedade, Lingua e Cultura” coordinado por Uxío-Breogán Diéguez e Dolores Vilavedra, froito da sexta edición dos Foros do Instituto de Estudo das Identidades do Museo do Pobo Galego. As distintas sesións sucedéronse entre novembro e decembro do 2020, ano primeiro da …

González Palau Ler máis »

Galicia no mundo multipolar dos anos 20

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Nun mundo máis líquido que o da vella Guerra Fría mais onde as interdependencias e a conectividade son maiores, as alianzas aínda que estables, non solidifican como nos vellos tempos. Nesa nova atmósfera, na UE xeopolítica que está a nacer de maneira desperezada coa invasión rusa de Ucraína, dinamízase un proceso de articulación pendente que …

González Palau Ler máis »

Jesús María Gamallo é director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e cooperación ao desenvolvemento

Entrevista a Jesús Gamallo, Director Xeral de Relacións Exteriores e a UE e Cooperación ao Desenvolvemento da Xunta de Galicia

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
1. O mundo cambiou moito desde o 1997. Que acontecementos ou procesos, galegos ou internacionais destacaría? Sen dúbida o lanzamento do euro. A Unión Económica e Monetaria (UEM) foi un salto cualitativo fundamental na construción europea, a pesares da resistencia dos sucesivos gobernos británicos. A súa forza integradora para os que nos comprometemos coa UEM …

González Palau Ler máis »

Ana Ramos é Directora da Fundación Galicia Europa desde 1999

Entrevista a Ana Ramos, Directora da Oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
1- O mundo cambiou moito desde o 1997. Que acontecementos ou procesos, galegos ou internacionais destacaría? No plano europeo, destacaría as sucesivas ampliacións (1999, 2004, 2007) que nos levou a unha Unión Europea de 28 Estados membros. E como non, o brexit, a primeira saída dun Estado do club comunitario. A ampliación cara o Leste …

González Palau Ler máis »

Antonio Martínez Puñal é Profesor emérito da USC

Entrevista a Antón Martínez Puñal, Profesor emérito de Dereito Internacional da USC e parte do Consello Reitor do IGADI

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
1- O mundo cambiou moito desde o 1997. Que acontecementos ou procesos, galegos ou internacionais destacaría? Desde a creación da Secretaría Xeral de Acción Exterior no 1997, organigrama da Xunta de Galicia, a globalización (económica, cultural, política…) non parou de tomar protagonismo na vida das persoas e as institucións, evidenciando as interdependencias e o impacto no …

González Palau Ler máis »

Alberto Pazos, Portavoz de acción exterior do PP de Galicia

Entrevista a Alberto Pazos, Vicevoceiro do PP de Galicia

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
1- O mundo cambiou moito desde o 1997. Que acontecementos ou procesos, galegos ou internacionais destacaría? Sen dúbida o acontecemento de maior impacto internacional neste período foi o atentado perpetrado o 11-S, o primeiro dunha longa cadea de acción criminais en todo o mundo, e que España sufriu nas suas carnes co 11-M. A partires deste …

González Palau Ler máis »

Luis Bará, Portavoz de acción exterior do BNG

Entrevista a Luis Bará, Voceiro de infraestrututuras, medio ambiente e acción exterior e cooperación do BNG

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
1. O mundo cambiou moito desde 1997. Que acontecementos ou procesos galegos ou internacionais destacaría? No ámbito galego, o proceso de estancamento do autogoberno e a recentralización, que se insire nun proceso máis amplo de concentración de poder político, económico e financeiro en Madrid. Esta deriva centrípeta deixa a Galiza sen instrumentos de defensa e …

González Palau Ler máis »

Luis Alvarez, Portavoz Partido Socialista de Galicia-PSOE

Entrevista a Luis Alvarez, Voceiro do Partido Socialista de Galicia-PSOE

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
1- O mundo cambiou moito desde o 1997. Que acontecementos ou procesos, galegos ou internacionais destacaría? Vivimos nun mundo en constante cambio, cheo de desafíos pero tamén de oportunidades para a presenza de Galicia no mundo. Os saltos cualitativos no proceso de construción europea, a transformación da nosa emigración coa a saída de Galicia de …

González Palau Ler máis »

Capa do libro de Alfredo T.H.

As dúas Guerras Frías dos EEUU

Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
En marzo do 2022, acompañando a invasión de Rusia a Ucraína saía á venda o último libro de Alfredo Toro Hardy “America's Two Cold Wars: From Hegemony to Decline?” da editorial Palgrave Macmillan. Alfredo Toro Hardy, embaixador venezolano retirado e analista político internacional é profesor convidado de Princeton  ou  Harvard, por citar algunhas referencias, onde impartiu cursos de verán e conferencias de maneira regular. 
O IGADI no www.twitter.com/info_igadi

O IGADI, 30 anos de diplomacia pública galega

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O pasado 10 de setembro do ano 2021 o IGADI cumpría 30 anos de vida coma asociación sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo social era a comprensión do mundo desde Galicia e a proxección de Galicia na sociedade internacional. Celebrámolo o 1 de outubro no Consello da Cultura de Galicia, aínda coa resaca pandémica e as restricións presentes, contamos cun auditorio cheo e representantes das distintas matrioskas do IGADI,  desde o Consello Reitor e o Consello Científico da revista Tempo Exterior, representantes do Fondo Galego, da Fundación Plácido Castro ou do Observatorio de la Política China, investigadores asociados, socios, colaboradores e amigos...
xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Tempos Novos nº 306

Xi Jinping apura o paso da China

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Tralo XX Congreso do Partido Comunista de China (PCCh), o xigante oriental entra nunha nova fase. Xi Jinping, quen lidera o país dende 2012, asegurouse un novo mandato que anticipa unha prolongación do seu poder mesmo mais aló de 2027, se a saúde llo permite, ante a falta dun sucesor claro. Esa persistencia da figura …

Ríos Ler máis »

Fondeando aquí

O tempo fai a substancia, diría Borges. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que agora celebra os seus 25 anos de existencia instituído como axencia local para a cooperación internacional, é un exemplo dese estreito vínculo entre o paso do tempo e a adquisición de certa substancia. Probablemente, o segredo da súa perennidade, e por tanto tamén do seu éxito, radique na confianza en alentar algo xenuíno e propio.
Capa do Tempos Novos nº304

Mar rizado en Taiwán

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A través da resposta chinesa en forma de grandes manobras militares pero igualmente de decisións políticas, diplomáticas e económicas, puidemos apreciar os graves efectos da recente visita da presidenta do Congreso dos EUA, Nancy Pelosi, á illa de Formosa, así bautizada polos portugueses en 1590 en razón da súa beleza. As augas permanecerán axitadas durante bastante tempo e o difícil xogo xeoestratéxico que se está a desenvolver no estreito de Taiwán ameaza con se converter nun dos grandes conflitos no século XXI. Nesta ocasión, dende a perspectiva das autoridades chinesas, a decisión de repudiar a visita da terceira figura mais relevante na xerarquía institucional estadounidense a Taipéi, manifestada de forma insistente nas semanas e días previos, acadou o nivel coñecido como “wu wei yan zhi bu yu”, o máis elevado en termos de advertencia precisamente para remarcar que se trata dunha liña vermella.
Gorbachov

Gorbachov

Apartados xeográficos Rusia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
É común poñer en contraste o fracaso da perestroika e o éxito da reforma e apertura, a gaige-kaifang, chinesa. Pero puido ser Mijail Gorbachov o Deng Xiaoping soviético? Certo que tiñan en común o propósito reformista pero, de entrada, Gorbachov ía máis aló que o líder chinés.
Capa do Tempos Novos nº303

Madrid toma partido

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
As últimas decisións en política exterior do actual goberno en Madrid ilustran un cambio de enfoque que ten como premisa maior un aliñamento máis substantivo coas teses e orientacións de Washington. Deuse carpetazo definitivo -e por ambas as dúas partes- ao simbólico desplante de Rodríguez Zapatero en 2003. O propio ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, como tamén a ministra de Defensa, Margarita Robles, voces particularmente entusiastas do novo rumbo, certificaron que a relación de España cos EUA “é a máis estreita dos últimos vinte anos”. A diferenza da predecesora, González Laya, que apostaba por afortalar as relacións cos grandes da Unión Europea e contribuír á definición dunha autonomía estratéxica que significara o papel de Europa no mundo, España semella querer figurar agora no pelotón de cabeza máis comprometido cos postulados dos EUA no continente.

A quenda de Taiwán?

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A visita de Nancy Pelosi a Taipéi pode marcar un punto de inflexión significativo nas dinámicas do problema de Taiwán, o máis sensible nas relacións China-EUA. De entrada, ten potencial abondo para sinalar a que sería a cuarta crise do Estreito tralas de 1954, 58, e 95-97. No actual contexto, podemos prepararnos para unha secuencia …

Ríos Ler máis »

Plácido Castro

O Galician Programme da BBC e a internacionalización da cultura galega

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Anos andados, dubido moito de que alguén se lembre das moitas exposicións, convenios, xornadas, proxeccións, etc., que hoxe constitúen o cerne mesmo do que se denomina acción exterior cultural ou ata un tanto atrevidamente, diplomacia cultural. Sen embargo, estamos a celebrar neste 2022 o 75 aniversario do inicio dos programas en lingua galega da BBC, iniciativa que seguro gañará en prominencia co paso do tempo.

As tres claves da xira de Joe Biden por Asia

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Tres asuntos teñen primado na primeira xira do presidente dos EUA, Joe Biden, pola rexión asiática. Mais aló da cuestión de Corea do Norte, o asunto de maior alcance foi Taiwán. O “si” como resposta á pregunta sobre o compromiso de defender militarmente a Taiwán en caso dunha invasión chinesa, marcou un novo punto de inflexión no posicionamento da Casa Branca, xerando dúbidas razoables sobre a pervivencia da “ambigüidade estratéxica” que tradicionalmente caracterizou a actitude estadounidense neste delicado aspecto. Tanto é así que unha vez mais, funcionarios da Casa Branca matizaron despois esas palabras para asegurar que aquela política “non mudara”.
A Convivencia Social no Xacobeo

Europa no seu lugar

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Europa, dicía George Steiner, está composta de cafés. Vista dende Santiago de Compostela, estaría integrada por camiños. Non son visións excluíntes senón complementarias. Esta Europa está asociada hoxe con valores como o diálogo, a tolerancia, a cooperación, a achega, en suma, de pensamento ilustrado que posibilite avances á humanidade no seu conxunto. E iso é perfectamente posible en ambos os dous escenarios. Non foi sempre así. Modernamente, para moitos, Europa é un constructo que representa en boa medida o cume da civilización; non obstante a beleza da súa arquitectura en sentido amplo ten tras de si unha longa ringleira de conflitos, destrución e inhumanidade que precisaría de moitos lustros para unha acaída expiación dos nosos pecados.