Bandeira de Ucraína

110 días

Fai agora máis de cen días comezou unha guerra agresiva mal disimulada como "operación militar especial". Todo o mundo estaba en shock: estaba a suceder algo que se cría imposible en Europa desde a segunda guerra mundial. A Rusia de Putin atreveuse a facer unha guerra a gran escala - con aviación, mariña de guerra, bombardeos de alfombra, bombas de baleiro e de fósforo, outros medios de gran alcance, impensables para a Europa de hoxe - contra un estado veciño, co obxectivo de impoñer a todo prezo o seu "dereito" na área de dominación de Rusia, o que era, á fin e ao cabo, a Unión Soviética.
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
Idiomas Galego

Fai agora máis de cen días comezou unha guerra agresiva mal disimulada como “operación militar especial”. Todo o mundo estaba en shock: estaba a suceder algo que se cría imposible en Europa desde a segunda guerra mundial. A Rusia de Putin atreveuse a facer unha guerra a gran escala – con aviación, mariña de guerra, bombardeos de alfombra, bombas de baleiro e de fósforo, outros medios de gran alcance, impensables para a Europa de hoxe – contra un estado veciño, co obxectivo de impoñer a todo prezo o seu “dereito” na área de dominación de Rusia, o que era, á fin e ao cabo, a Unión Soviética.

Tal invasión brutal, que polo demais era só unha continuación lóxica da agresión iniciada en 2014, necesitaba ser repelida de inmediato, sen demora, porque ameazaba non só a paz en Europa, senón todo o sistema de seguridade internacional. O Occidente colectivo, que era realmente o inimigo contra o cal quería impoñerse o agresor en Ucraína, non logrou adoptar unha decisión adecuada rapidamente. O que se fixo en primeiro termo foi desacreditar as razóns do agresor: segundo este, a alianza ameazábao demasiado e xa o estaba facendo desde o territorio de Ucraína, que Moscova considera como o seu. A alianza prometeu non aceptar a Ucraína nun tempo previsible. O cumprimento da esixencia do terrorista agresor non serviu para detelo porque a neutralidade de Ucraína interésalle exclusivamente para engulila, e el considera que o momento para iso estase vivindo actualmente. A OTAN está tan preocupada en demostrar que só protexe aos seus afiliados e non fará ningún dano a Rusia, que deixa ao agresor coas mans libres.

As sancións económicas aplicadas a Rusia, “infernais” de verdade, poden causar un dano enorme ao país agresor, pero aínda non senten, as reservas rusas dan para aguantar bastante. As sancións impostas aínda non pasaron factura, e o aumento dos prezos de todos os bens mesmo aumentou os ingresos, segundo o banco central de Rusia.

Por outra banda, as sancións non son tan completas como se afirmaba, debido a que despois de cen días sóubose que o banco principal de Rusia,  Sberbank, non  estaba desconectado do  SWIFT.  A pedimento do primeiro ministro húngaro, excluíuse da listaxe de sancionados ao patriarca da igrexa rusa,  Cirilo, quen ten na cúpula do réxime de Moscova o mesmo peso que o ministro do exterior, que defende e pode ser máis que o xefe da intelixencia. 

A xenerosa acollida de millóns de refuxiados en Europa foi verdadeiramente conmovedora, a xente recibe aloxamento, pode estudar, traballar. Con todo, estas medidas non dan protección á poboación minguada en Ucraína e non fan dano ao agresor.

A decisión de Occidente de non inmiscirse militarmente era correcta no sentido de non permitir que o agresor teña pretextos para atacar a máis países, aínda que as súas intencións van claramente contra a orde mundial existente desde 1945 e deixa ver que non se descarta a posibilidade de atacar Moldavia e mesmo os países do Báltico e Polonia,  a pesar da súa afiliación á OTAN. Xa avisou de que atacaría as subministracións de armamentos occidentais a Ucraína. Finlandia, que decidiu adherirse á alianza sente o perigo dun ataque ruso ben real.

Rusia considera a Ucraína como un terrorista quen, para conseguir os seus obxectivos criminais, tomou reféns e os mata desapiadadamente para que a outra parte ceda e acepte as súas esixencias. A guerra desencadeada por Putin só pode ser detida con medios militares. Os meses transcorridos han mostrado que a forza militar de Ucraína ten unha motivación moi alta e moi boa preparación, pero é numérica e tecnicamente inferior á rusa.

A pesar desta superioridade, Rusia non consegue avanzar nin despois de concentrar as súas forzas de choque en Donbás. Tentan esgotar as capacidades de combate das tropas ucraínos, que non poden pasar a contraofensiva sen os armamentos pesados prometidos por Occidente. Tendo en conta o tempo para transportalos e formar ao persoal ucraíno no seu uso, os rusos teñen tempo para machucar aos ucraínos ata finais de xullo. E estano facendo case con desesperación, porque a finais de verán o seu propio persoal farase escaso, se Rusia non anuncia unha mobilización, é dicir, declara oficialmente a guerra.

O obxectivo inmediato é impoñer o seu poder sobre Ucraína, de feito, facer desaparecer a Ucraína como estado independente. Putin di agora que non fai outra cousa que o que fixo o primeiro emperador ruso, Pedro o Grande: recuperar e fortalecer. As terras que conquistaba o monarca para ter acceso aos mares, supostamente debían pertencer a Rusia por un dereito histórico, e ao incorporalas, proclamouse emperador, e Putin só está a recrear o imperio.

Actualmente está baixo o control ruso un 20 % do territorio de Ucraína. Este 20% está desconectado e os habitantes só poden usar medios de comunicación e telefonía rusos; como medio de pago introdúcese o  rublo ruso, comínase á xente a que reciba pasaportes rusos, a lingua ucraína é eliminada do uso oficial e do ensino, practícanse deportacións masivas de persoas cara ao interior de Rusia. O que queren os terroristas é que o mundo acepte que Rusia ten un dereito “natural” sobre as terras ucraínas – e todas as demais que ela crea necesarias para ser imperio – e deixe de tentar impedilo, porque iso causará moitas máis mortes.

O perigo da actual situación é que o terrorista non foi detido ao comezo. Xa está a matar reféns aínda sabendo que se os mata a todos, non conseguirá nada, perderao todo. Pero dálle esperanza o ver que lle teñen medo, que aparecen estadistas que, non se sabe por que razón inconcibible, ante os asasinatos en masa preocúpanse de que o criminal non salga humillado.