Unha opinión de Teresa Barro

A intervención neoliberal no referendo británico sobre a Unión Europeia

Semella que a posibilidade de que os británicos voten no referendo de xuño en favor de saír da Unión Europeia é algo que as forzas neoliberais non aturan.  Á intervención descarada de institucións como o FMI avisando do desastroso que sería o BREXIT para o país, para Europa e para o mundo enteiro, ou a da raíña do Reino Unido en favor de seguir na UE aínda que se supón que ela non se mete na política, ou a dalgúns bispos católicos que saen predicando en favor da unión e dando como exemplo de virtude os esforzos que se están facendo para conseguir a unión das igrexas cristianas (sempre que os protestantes admitan a superioridade dos católicos e obedezan ao Papa), hai que sumar agora a da esquerda estadounidense.  Ao coro de beatos e apolípticos que falan da Unión Europea como se ese modelo de ditadura neoliberal e disfuncional ofrecese estabilidade e prosperidade eterna, uniuse estes días a voz de Obama, que avisou que se o Reino Unido marchaba da UE non contase con facer negocios cós Estados Unidos e que á hora de firmar tratados comerciais sería o último na cola. Respondéronlle os partidarios da saída que os EUA non admitirían para eles a falta de democracia e a perda de soberanía que supuña a Unión Europeia para as nazóns que a integraban.  E como tamén dixeron que eran as palavras dun presidente nos últimos meses do seu mandato e que xa non contaba, saíu ao día seguinte Hillary Clinton a apoialo como ¨futura¨ presidente e a ratificar que o Reino Unido sería castigado se ousaba independizarse.

Apartados xeográficos Europa
Idiomas Galego

Non é posível saber que efeito terán esas intervencións, mas o que está claro é que o neoliberalismo se sinte ameazado e está disposto a sacar todas as armas para non deixar que ninguén escape.  E o que tamén está cada vez mais claro é o papel de facilitadora que xogou e xoga a esquerda neoliberal para estabelecer a ditadura das oligarquías plutocráticas, e que no neoliberalismo a direita e a esquerda políticas xogaron ao ¨good cop-bad cop¨, ao dúo formado por un policía mau e outro bon que están dacordo para desconcertar e enganar á vítima facendo que se fíe do ¨bon¨.

O fío común que está tecendo a transición do autoritarismo político á democracia e que se vislumbra en todo o que sucede nestes momentos, tamén se ve na campaña do referendo do Reino Unido.