Ese esforzo orzamentario veu acompañado de medidas indispensables de clarificación e boas prácticas que aumentan o rigor e o control das accións, aínda que a veces resentíndose da inadecuación da práctica administrativa a unha actuación que se desenvolve noutros tempos. Todo iso debe redundar nunha substancial elevación da achega, cuantitativa e cualitativa, de Galicia á loita contra a pobreza no mundo, que ese é, non o perdamos de vista, a esencia da cooperación ao desenvolvemento. (Foto: Mapa de Actuacións segundo o Informe 2006 de Cooperación Galega).

A nova cooperación ao desenvolvemento

Tíñao ben fácil o bipartito para facer notar o cambio no ámbito das políticas de cooperación internacional ao desenvolvemento. Era tan pouco o que había e tan evidente o seu compromiso coa mudanza que por forza habíase notar. Nos dous anos transcorridos, o incremento dos recursos mantense a bo ritmo, aínda que lixeiramente por baixo do programado, e cabe agardar que se manteña en 2008 nos niveis acordados para que Galicia deixe de figurar no furgón de cola, tamén neste eido.

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento
Idiomas Galego

Tíñao ben fácil o bipartito para facer notar o cambio no ámbito das políticas de cooperación internacional ao desenvolvemento. Era tan pouco o que había e tan evidente o seu compromiso coa mudanza que por forza habíase notar. Nos dous anos transcorridos, o incremento dos recursos mantense a bo ritmo, aínda que lixeiramente por baixo do programado, e cabe agardar que se manteña en 2008 nos niveis acordados para que Galicia deixe de figurar no furgón de cola, tamén neste eido. Ese esforzo orzamentario veu acompañado de medidas indispensables de clarificación e boas prácticas que aumentan o rigor e o control das accións, aínda que a veces resentíndose da inadecuación da práctica administrativa a unha actuación que se desenvolve noutros tempos. Todo iso debe redundar nunha substancial elevación da achega, cuantitativa e cualitativa, de Galicia á loita contra a pobreza no mundo, que ese é, non o perdamos de vista, a esencia da cooperación ao desenvolvemento.

Ese esforzo orzamentario veu acompañado de medidas indispensables de clarificación e boas prácticas que aumentan o rigor e o control das accións, aínda que a veces resentíndose da inadecuación da práctica administrativa a unha actuación que se desenvolve noutros tempos. Todo iso debe redundar nunha substancial elevación da achega, cuantitativa e cualitativa, de Galicia á loita contra a pobreza no mundo, que ese é, non o perdamos de vista, a esencia da cooperación ao desenvolvemento. (Foto: Mapa de Actuacións segundo o Informe 2006 de Cooperación Galega).Chegados ao ecuador da lexislatura, é tempo, non obstante, de observar o futuro inmediato. En primeiro lugar, é importante fomentar a participación e o debate cos actores para que o modelo da cooperación galega sexa o máis democrático posible. É sabido que moitos actores son febles, pero hai entidades e persoas que alentaron este compromiso en horas baixas e que dende distintos ambientes poden contribuír a enriquecer a cooperación galega. A Administración, con máis medios, non pode ignorar nin desprezar, inconscientemente, ese factor e, ao contrario, debera apoiarse nel para que o cambio bote raíces na sociedade. Sen menoscabo das competencias de cada quen, cómpre fomentar os espazos institucionais de consenso e diálogo.

En segundo lugar, cómpre transcender o Plan Director actual, investindo en futuro e apostando polo fortalecemento do conxunto do sistema, con políticas que á par desa cooperación de escaparate que contribúe a chamar a atención da sociedade e convocar a súa solidariedade, permita dotarnos de estruturas e de persoal competente que faciliten a singularización da cooperación galega, que non só debe actuar de apéndice autonómico da cooperación española, senón dispoñer dun perfil propio que contribúa ao enriquecemento da cooperación europea e universal. Cómpre apostar por un posicionamento internacional que nos vincule directamente a programas e institucións do sistema mundial de axuda facilitando a nosa implicación nos seus proxectos e a presenza nel de cooperantes galegos.