Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
12 de Setembro de 2022 Barro

A Raíña Isabel

Fonte; Creative Commons

A morte da raíña Isabel veu ao final dun vrao de cambios vertixinosos na vida e na política do Reino Unido, cando non se sabía o que acontecería dun día para outro e todo eran surpresas. Foi como unha película chea de acción e emoción que empezou cando botaron fora ao Primeiro Ministro por trapaceiro e houbo que escoller o remplazo. Pero, no medio da turbulencia e o futuro incerto, a figura da raíña permanecía fora da política, emanando orde e estabilidade. Os británicos sentíanse protexidos por aquela muller cumplidora do deber e fiel ao seu país nos moitos anos nos que vira desde a Segunda Guerra Mundial até e perda do imperio e a criación do Commonwealth.

A raíña Isabel pasou de ser unha figura case sagrada naqueles primeiros tempos do reinado nos que se pensaba que os reis ¨os puña Deus¨ a parecer a aboa benevolente e benquerida por todos, admirada cada día mais pola fidelidade aos seus principios e o empeño en facer as cousas ben. Ao final era a Matriarca da nazón, a figura mítica feminina da muller que dá o ton adecuado, navega ben e encarna as virtudes que os británicos tanto aprezan de discreción, aguante e humor. Tamén humanizaba a aquela figura distante que se lle notara o moito que lle gostara, cando o coñeceu, o home medio alemán e guapo có que casou e que tamén cumpliu os deberes do seu cargo moito mellor do que se esperaba. Mesmo os problemas familiares, que non lle faltaron, contribuiron a que a xente a vira mais humana e mais como eles.

O contraste entre as duas figuras que protagonizaron os cambios vertixinosos deste vrao británico non podía ser mais forte. O Boris Johnson perdeu en moi pouco tempo a confianza da xente por pensar que tiña direito a facer o que se lle antollaba e pola falta de principios e convicións. A raíña Isabel foi o contrario: ao longo de moitos anos gañou a confianza de todos por querer cumplir os deberes do seu cargo sen chistar e con bon humor. E tamén por non desviarse do principio esencial de manterse fora da política e non emitir opinións personais, tanto que o público nunca soubo o que pensaba de nada.

Nos últimos tempos, aquela muller que se vía tímida e convencional de mais nova chegou a parecer mais intelixente, sagaz e moderna que moitos e foi un modelo para o mundo inteiro de como encarar a etapa final da vida en que non se xubilou nen tivo intención nengunha de facelo: seguiu traballando até coarenta e oito horas antes de morrer, sen  perder faculdades mentais e, según os que falaron con ela, cunha memoria prodixiosa e interesada e ao día en todos os asuntos. Foi un exemplo de que, coa idade, o corpo decai e o espírito fortece. 

Se o Carlos III vai ser capaz de facerse querer e de continuar coa boa prática e deixar de meterse en todo como fixo sempre, queda por ver, pero os que manexan ¨a Firma¨, como lle chaman á Coroa medio de bricandeira, van facer todo o que o podan para que non se desvíe do guión e represente o papel que lle corresponde na cuidadosísima coreografía da Coroa británica.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais