Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
IGADI 27 de Xaneiro de 2011 Mansilla Blanco

A trampa caucásica

Mentres o Magreb e o mundo árabe observan un inédito escenario de convulsión post-tunecina, o terrorismo volveu a aparecer, desta vez a través dun atentado no aeroporto Domodédovo de Moscova, con saldo de 35 mortos e decenas de feridos.

A principal pista das autoridades rusas e da opinión pública internacional sobre a autoría deste atentado afirman a presunta implicación do separatismo checheno e da súa expansión nas repúblicas irredentistas do Cáucaso Norte contra a autoridade rusa, en especial Chechenia, Daguestán e Osetia do Norte. Este perigoso cóctel de nacionalismo e posible implicación yihadista islamita parece volver a golpear con forza en Moscova, tal e como ocorrera co secuestro do teatro Dubrovka en 2002 ou noutros lugares, como na escola infantil de Beslán (Osetia del Norte) en 2004.

Non obstante, e tanto como un fracaso político do Kremlin para pacificar o Cáucaso Norte, o atentado de Domodédovo volveu a evidenciar certo nivel de ineficacia por parte dos servicios de seguridade rusos á hora de identificar e repeler a ameaza terrorista, un factor especialmente significativo ante os intentos do primeiro ministro Vladimir Putin por revitalizar o FSB, o servizo de seguridade ruso. Esta perspectiva preocupa ao Kremlin, especialmente de cara á celebración del Mundial de Fútbol 2018 en territorio ruso.

Ao mesmo tempo, o atentado afronta un nivel de escasa confianza cara os seus servizos de seguridade e da versión oficial por parte dos cidadáns rusos e dunha opinión pública cada vez más amordazada. Son frecuentes as acusacións de incompetencia, corrupción e abusos policiais por parte destes servizos de seguridade, así como das limitacións de liberdades políticas e informativas en Rusia.

En todo caso, e de confirmarse a autoría chechena, o Kremlin volvería a verse atrapado no interminable labirinto caucásico, tomando en conta o silencio sobre o que realmente está sucedendo en Chechenia e no Cáucaso Norte. A impunidade e violación dos dereitos humanos por parte do presidente checheno Ramzam Kadírov, co total aval de Moscova, alimenta a frustración na pobación chechena, caldo de cultivo propicio para o yihadismo islamita e as reivindicacións independentistas, aínda que estes últimos aparentemente atópense “descabezados” no seu liderado, a tenor dos “asasinatos selectivos” cometidos por forzas militares rusas.

A falta de coñecer con veracidade a autoría dos atentados en Domodédovo, o Kremlin dilúese ante unha nova perspectiva por afrontar politicamente o problema checheno e do Cáucaso Norte, alén de propiciar unha ineficaz “solución militar”. Polo pronto, o terrorismo retorna con forza no corazón xeopolítico de Rusia.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais