Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
Sermos Galiza 5 de Marzo de 2015 VV.AA.

Alemaña, Grecia e a Unión Europea

Unha reflexión de Teresa Barro

Alemaña gusta de actuar partindo  de que non habería problema se as outras nacións da Europa fosen traballadoras como ela, se administrasen ben e gastasen menos do que gastan. Quer facer ver que se Grecia se tivese administrado mellor, non estaría cós problemas que ten de falta de liquidez e de non poder pagar a dívida. Mas Alemaña foi a que mais se beneficiou do mercado amplo e cautivo que para ela foi a UE, e o que mais teme agora é que o mercado desapareza e non ter onde meter ese exceso de exportación que lle permitiu viver ben todos estes anos. Se os alemáns fosen tan bos administradores como pensan, debían se ter decatado de que dar crédito a un país como Grecia era arriscado demais. Sabíano, mas non lles importou, porque preferiron a ganancia codiciosa  e egoísta a actuar con prudencia e seguindo as normas da boa administración.

De quen foi a culpa de que muitos dos países da UE se endebedasen como o fixeron? Foi dos habitantes deses países aos que se lles ofreceu diñeiro fácil e se lles fixo crer que a UE traería prosperidade eterna, e que se non aproveitaban o que se lles proporcionaba eran atrasados e non entendían a economía e o mundo no que estaban, ou os que contaron contos aos habitantes deses países e os enganaron para estabelecer unha timocracia?

Alemaña ten pánico de que Grecia saia da UE e que outros países fagan igual, e quedar ela sen o mercado que tanto precisa e sen o cal a súa ¨boa” administración non valería de muito. Os que nestes momentos non queren que Grecia receba facilidades son os gobernos que aplicaron a austeridade con entusiasmo e agora precisan que a Grecia lle vaia de mal a peor para que a xente teña medo do que poda vir se votan nas próximas eleccións por partidos de protesta e non polos de sempre. O mais probábel é que, aínda que leve a fama Alemaña, sexan eles os que presionen para que Grecia teña que saír da UE. Como sempre, non é a economía o que conta na UE, senón a política.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais